UN RÍO PRECIOSO, ESQUECIDO. UN RÍO A CUIDAR.

RÍO DE PUGA.  OURENSE.

"Buscando o Regato de Puga, atopei esta maravilla...o río de Puga ".

Un río precioso, pero cun leito sin vida. ¿Que fai Medio Ambiente?. Teno  vedado, ¿como pode estar un río vedado e sin vida no seu leito?.

Un abrazo os meus amigos: Pepe Varela e a súa familia (máis cun amigo, que ten unha casa maravillosa en Puga), a Guillermo (que ten a súa casa tamén a pé de río),a  Pepe (que me dixo por onde tiña que ir e contoume algunhas cousas......) e  a Puga, o alcalde da zona, que sei que está a facer o que pode.....

Nota: O río Puga é un afluente pola ezquerda do río Miño. Nace na Fonte Larelle e desemboca precisamente neste pobo, Puga, do Municipio de Toén. Ten algúns vertidos que hai que depurar. Na súa desembocadura, unha empresa importante de viño, fixo de todo, vertidos impresentables que condicionaron moitísmo a subida de pexes. Hoxe creo que este tema está arranxado, inda que haberá que investigar. É un río perfectamente recuperable. En tempos o río estaba cheo de troitas que subían a desovar do río Miño. Hoxe non ten nada de nada... e está vedado...non entendo a razón.

A visita e as fotografías son do día 04-04-2002.

O río é precioso. Sendeiro que parte da casa de Pepe da Amancia, río arriba. Ten un bosque de galería, onde abondan os amieiros, salgueiros e bidueiros.  Os amieiros son abondosos.
Pasais, xunto a casa de Pepe da Amancia, que me indicou o camiño. Por certo ten un bón viño tinto (mencía) e Blanco (godello). Outra vista do regato de Puga. As orillas están bastante cuidadas, o río non ten ningún peixe, non sei o por qué.... Maravilloso. En tempos, non fai moitos,  tiña troitas enormes, que subian a desovar. Hoxe non ten nada......¿Por qué ?.
As orillas están cheas de fentos, de espadañas, perexil salvaxe, xarxa,  e un longo etc. Outra mostra do colorido da zona. Maravilloso. Dentro da flor hai unha abella.
O típico carex. O río tuvo vertidos que fixeron que non teña ningún peixe. Máis fentos na zona. Un Carex típico. Eu penso que a zona e perfectamente recuperable.
Pasais, antes de chegar os muíños de Pepe da Amancia. Outra vista do río Puga. O río é un lugar moi bonito e aproveitable. Gusano nunha folla.
Espadañas. Fentos Musgo
Muíños do Pepe. Ata tres muíños hai nesta zona. Os muíños son de Pepe e do Paragüero, por certo. o Paragüero é primo de Eduardo Barreiros, cousas que tén a vida. Outra vista dos muíños.Os muíños son de Pepe e do Paragüero, por certo. o Paragüero é primo de Eduardo Barreiros. Máis. o fondo están as moas do muiño. A recollida da auga está río arriba, moi preto das fervenzas da Tronca.
Traída de auga os muíños. O inferno dun dos muíños. Outra vista.
Outra vista dos muiños. Na zona hai moitas viñas, por certo moi ben cuidadas. Outra vista do muíño de Pepe. Flora.
Máis arriba o río presenta unhas fervenzas moi curiosas. Chámanse a Tronca. Dime Pepe Varela que neste lugar bañávanse cando nenos. Outra vista da zona das fervenzas. Fai pouco arderon as súas orillas. Unha magoa.

Pequena mostra dun lugar sensacional da provincia de Ourense. Repito,  que me gustaría saber  por qué este río está vedado de pesca, e non ten unha troita, non ten moita explicación,  únicamente que se pretenda ocultar o seu estado, ou quizás facer no seu leito unha minicentral, ou algo polo estilo. Haberá que preguntar...

Trátase dun río moi aproveitable, precioso e que está pedindo a gritos unha explotación racional e con cabeza. O río é moi bonito e ten unha vexetación maravillosa, a pouco que se cuide podría ser un lugar a visitar...

--------------------------

Dar as gracias os dous Pepe, a Pepe da Amancia que vive a carón do río e que me indicou os camiños e a Pepe Varela un bon socio e amigo, que me deu algúns nomes, e que está enamorado da zona...non me extrana,

A visita e as fotografías son do día 04-04-2002.

--------------------------

salir.jpg (922 bytes) Volver a Fotografías.