A flora ameazada

 

Resumen dun artículo de Xavier Amigo,  publicado na revista Cuadernos de Adega. 2005

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Algunhas explicacións:

O que sigue é un resumen do traballo de Xavier Amigo, o único engadido son as fotografías que están todas tomadas de internet e non figuran como tal no traballo.

A columna de Habitat ten os seguintes significados:

Habitat nº 1-2-3 según a zonas nos ríos.

Habitat nº 1: o leito do río. Engloba os pleustófilos e hidrofitos que se poden dar no leito fluvial e que son tan importantes para a fauna de macroinvertebrados.

Neste caso hai dúas ameazadas.

Nymphoides peltata.

Unha especie nenufar amarela propia de remansos e augas pouco profundas. Está en perigo crítico. Vese no tramo alto do río Miño en Lugo e no tramo inferior a partir de Arbo ata Tui.

 

Isoetes fluitans.

Poboación numerosa de Isoetes fluitans no río Xallas en Mazaricos.Fotografías sacadas do traballo de Xavier Amigo.

Probablemente non sexa o da fotografía pero si moi similar. Trátase dun parente próximo dos fentos. Ten o interés de ser unha especie endémica en Galicia e que está presente en poucos ríos como o Ladra, Parga, Miño novo, Xallas, Mandeo e Tambre entre outros.

Habitat nº 2: as herbeiras das ribeiras. Ou sexa tanto os helófitos como os biotopos terrestres cando se presentan na primeira fronte da beira do río.

Myrica gale.

Esta planta pode verse en beiras de ríos do noroeste da Coruña entre o Xallas e o Mandeo.

Fotografía de J. González.

Galium teres.

Habitat de Galium teres: leito do río Sil con acúmulos croientos por detrás do Salgueiral do borde. Río Sil en Montefurado. Fotografías sacadas do traballo de Xavier Amigo.

A Galium teres aparece en coiñais do río Sil, por exemplo por Montefurado. Tamén hai citas por Portomourisco e outros, sempre preto dos leitos fluviais. Entre os coios.  Trátase dun endemismo do noroeste peninsular.

Narcissus cyclamineus.

Narcissus cyclamineus en pequena illeta no leito do río Castro (Cee). Un típico endemismo galaico-portugués, atópase en numerosas beiras de ríos da vertente atlántica entre o Eume e o Vouga (río que desemboca en Aveiro).  Fotografías sacadas do traballo de Xavier Amigo.

Tratase dunha herba a que lle teño unha ficha. É un endemismo galaico-portugués.

 

Habitat nº 3: os bosques riparios ou vexetación de terra firme.

Dryopteris aemula

En bosques por baixo dos 500 metros por exemplo entre o Eume e o Eo.

Dryopteris guanchica

Ambientes semellantes a anterior na Coruña, non se afasta moito do litoral e casos moi puntuais en Pontevedra.

Fotografía de Eduardo Fidalgo.

Culcita macroparma

Aspecto dunha poboación de Culcita macroparpa nas marxes dunha corga tributaria do Eume. Parque Natural das fragas do Eume. Fotografías sacadas do traballo de Xavier Amigo.

Este o parecer é un caso rechamante xa que este fento ten follas de ata 3 m. de alto e polo tanto non pasa desapercibido. Ten o apelido de "en perigo" xa que a súa presencia é moi reducida. Soio se pode ver en Galicia,  no extremo norte coruñés.

Trichomanes speciosum

Este fento é de talla máis modesta pódese ver en algunhas paredes rezumantes, ver a fotografía, moi sombrizas e agochados de forma parecida o Culcita macrocarpa.

 

Hymenophyllum tunbrigense

Fotografía de Grahan Day.

Hymenophyllum wilsonii

Estos dous  teñen en común a súa cativeza de tamaño. O primeiro está nun nivel intermedio entre a D. aemula e a de Culcita macrocarpa, cun elevado nivel de coincidencia nos regatos. O segundo é un caso excepcional xa que a única localidade onde apareceu foi nun regato, no río Landoi en Cariño.

Christella dentata

Ten unha distribución moi puntual, aparece no río Caldo en Lobios, Ourense, A súa presencia nese lugar podería ser polas augas termais. Unha actuación municipal, como moitas na nosa Galicia, rematou con ela...

Dice Xavier Amigo que debería ser unha especie extinta en Galiza.

Ata aquí un resumen do resumen. Efectivamente Xavier Amigo fai un resumen das especies ameazadas nos ríos galegos nas súas zonas media e baixa, dice que non fala das cabeceiras onde seguramente tería que incluir outras moitas especies que están hoxe en peligro de extinción, non o fixo por non complicar.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.