UNHA ZONA SENSACIONAL DO RÍO ARENTEIRO 

OURENSE.

"Buscando o Pozo dos Fumes, atopei esta maravilla..... ".

Unha forma sensacional de potenciar unha zona, así da gusto. Enhoraboa os que fixeron esta maravilla para facer senderismo.

(As fotografías que siguen son unha pequena mostra. Pulsando na fotografía poden verse máis grandes).

 

 

 

 

 

A zona é moi doado chegar. Basta ir ata Leiro, e no mesmo pobo coller a estrada de Albarellos que pasa por Pazos de Arenteiro. Leva a dereita o río Avia. O chegar a Ponte Medieval, antes de Pazos de Arenteiro, desemboca o río Arenteiro. Deixar o cohe aparcado e cruzar a Ponte e ir Río Arriba polo sendeiro. Son 2 kms. o Pozo dos Fumes e 3 Kms o final do traxecto, logo non se pode pasar xa que hai unha garganta moi profunda e soio carreiros.

Merece a pena xa que a ruta está moi cuidada. Son en total, ida e volta, seis kilómetros  maravillosos.

Ver no mapa entre os puntos roxo-azul, pon "Ruta do Arenteiro". ¡¡Ser cuidadosos e disfrutar".

Ver algunhas fotografías da ruta.

(Pulsando a fotografía vese máis grande)

Pequena mostra dun lugar sensacional da provincia de Ourense. A verdade é  que un lugar así hai que conservalo, querelo e contalo a tódolos os amantes da natureza, que estemos seguros que respetarán a zona. Son oito kilómetros sensacionais. A ruta está feita con gusto e respetando o bosque de galería do río e o río mismo. Dende esta folla www en defensa dos ríos: unha matrícula de honor.

 Seica o van ampliar ata Moldes, unha idea xenial.  Ourense é unha provincia sensacional, a pouco que se fagan as cousas ben e non "chapuzas".....

salir.jpg (922 bytes) Volver a Fotografías.