Blechnum spicant (L) Roth.

Fenta. (Blechno).

O Blechno ou Fenta é un fento con frondes que alcanzan os 60 cms. As frondes femininas teñen o  aspecto de raspas de sardiñas.

É moi común en toda Galicia, en zonas húmidas ata os 2.000 m.

Na fotografía de Graham Day vese perfectamente as frondes femininas e masculinas.

Por suposto que se ven moito nas beiras dos ríos galegos.

Ver características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                            

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARACTERÍSTICAS DA FENTA.

Blecchnum spicant.

Blechno.

Fenta. Tamén se chama Blechno,  fento pente e lonchite.

No dibuxo, sensacional, vense perfectamente as frontes masculinas e femininas xa que son completamente distintas.

Os soros que se ven abaixo a esquerda son lineais.

As frondes fértiles son as que parecen raspas de sardiñas, son doutro color, en posición erecta e poucas. Neste dibuxa unha.

Estos dibuxos son de Otto Wilhelm Thomé. Sensacionais.

As frondes como se ve na fotografía, son de dous tipos; os machos con folíolos máis anchos, na fotografía xusto no medio, e as femininas que é onde se atopan os soros e que posúen unha forma moi característica que lembra a unha raspa de sardiña.

Na fotografía, sacada en Grixó (Ourense), baixando a unhas posturas do río Arnoia, vese unha fenta perfectamente, inda que a luz non era moita no camiño.

Neste caso é macho.

Outra fotografía.

As frondes hainas fértiles e non fértiles, estas últimas parecen as raspas das sardiñas, na fotografía vense en primeiro plano, dunha cor distinta tirando a marrón, pero non se distinguen ben.

Esta fotografía e a anterior están sacadas no río de Queixa en Chandrexa. Ourense. Ano 2005.

A fenta aparece en todos os ríos galegos, inda que as veces está un pouco escondida. Nos bosques no verán é moi común.

 

 

Fenta no río de Queixa, un río que é un auténtico xardín nas súas beiras, hai de todo. Observar o color distinto das  frondes fértiles, menos verdes...

 

O que queira profundizar pode consultar o libro "Guía dos Fentos de Galicia" de Henrique Niño Ricoi. Baía Edicións 2008.

Fenta.

Saír.