OS  RÍOGALEGOS:    SON  MUSICA

  Gústame moito este video da gran cantante  Elina Garanca, que canta  "Vai lavar a cara Galopín". Nada menos que na Coruña e xunto  coa "Sinfónica de Galicia".

Que ten que ver esto cós ríos galegos?, pois está claro, cando se di vai lavar a cara é evidente que se pode facer no río, pero eso é o de menos. O video ten calidade e máis para figurar na miña selección adicada a música e os ríos...

Tamén no río se discute e se berra cando se lavaba a roupa...claro que se fala de ríos na canción...

Que disfrutedes a interpretación de Elina Garanca, que naceo en Riga na RSS Letonia. Unha gran cantante de Ópera dentro do tipo de voz mezzosoprano.

 

Imaxen de "lavandeiras" neste caso no río Miño en Ourense a carón da Ponte Vella. A fotografía está sacada do libro "As lavandeiras" de Mari Vega Cerqueiro. Nestos lugares falábase de todo... A letra de Galopín fai referencia a estos traballos...entre outros.

 

 

 

Letra 'Para Vir A Xunta Min'

Para vir a xunta min,
para vir a xunta min,
vai lava-la cara,
vai lava-la cara, galopín!

Eu queríame casare,
miña nai non teño roupa
casa, miña filla, casa,
que unha perna tapa a outra.

ailalelo, ailalalo.

Para vir a xunta min,
para vir a xunta min,
vai lava-la cara,
vai lava-la cara, galopín!

Túa nai e mais a miña
quedan no río berrando
por culpa dunha galiña,
que ten amores cun galo,
que ten amores cun galo,
ailalelo, ailalalo.

Para vir a xunta min,
para vir a xunta min,
vai lava-la cara,
vai lava-la cara, galopín!

O voso galo comadre
téñeno mal enseñado.
Vai cantar todas as noites
enriba do meu tellado,
Vai cantar todas as noites
ienriba do meu tellado.
Ai la le lo ai la la lo.

 

Valo ver, valo ver

galopín...

 

Imaxen de "lavandeiras" neste caso no río Tea, baixo a Ponte Nova. A fotografía está sacada do libro "As lavandeiras" de Mari Vega Cerqueiro. Nestos lugares falábase de todo... A letra de Galopín fai referencia a estos traballos...entre outros.

 

galicia.gif (2685 bytes) Volver