OTRAS RUTAS DEL INVERNADEIRO

Neste mapa do
Invernadeiro vense dúas rutas interesantes que se fan na
Ribeira Pequena a primeira é a Ruta dos Cercados (sobre 2
horas) que nos vai a permitir ver dous deles un de
cervos e outro de Cabras. A segunda ruta a Ruta de Aceveda
(3:30 horas) vai a permitir no alto ver cabras montés.

As dúas rutas parten
deste lugar. As Casas da Ribeira
Pequena. O Invernadeiro.Fotografía S.L.F.

Corzos. Fotografía
sacada polo autor da web. Non é dificil ver fauna no
Invernadeiro.Fotografía S.L.F.
--------------------------------
RUTA DOS CERCADOS.

A ruta é bastante
empinada pero merece a pena xa que se pode facer en dúas horas e hai
dous cercados na ruta.

Desglose da ruta dos
cercados con distancias e alturas. En total o alto hai 1,6 km.
bastante duros xa que se pasa de 998 m a 1204 m. Hai un mirador a
medio camiño e outro no alto
No traxecto podemos
comtemplar cercados de cervos, cabras e Rebecos así como una vista
extraordinaria do río Ribeira Pequena.
----------------------------------------------------
RUTA DA ACEVEDA

É unha ruta que leva
tres horas e media polo que si queremos facer unha ruta conxunta eu
penso que é mellor facer a ruta dos Cercados pola tarde e pola mañán
facer conxuntamente a ruta das Troitas e da Auga.
Esta ruta é unha
subida ata a caseta de Birlauto, logo descendese cara o río por un
cortafuegos. O obxectivo da ruta e poder divisar algunha cabra e
cervos.

Desglose da Ruta de
Aceveda con distancias e altura. Son 8 kms. de dificultade media.