OS MACROINVERTEBRADOS ACUÁTICOS: BÁSICOS NA VIDA DOS RÍOS GALEGOS

 ¡¡¡ IMPORTANTE !!!

 

Efemera o resultado da metamorfosis dun invertevrado.                                      Un invertevrado, hai miles debaixo das pedras dun río sin minicentrais.

Dúas ideas básicas e importantísimas:

1.- Os Insectos e en xeral os invertebrados acuáticos son imprescindibles en calquera río, e si faltan estos, falta a vida no río, esto é unha auténtica evidencia. Por certo en Galicia viven por riba de 2.000 especies animais, que son as que hoxe se coñecen. Casi nada...

Hoxe en día, xuño do 2007, xa está demostrado e xa se está a utilizar os macroinvertebrados como indicadores da calidade da agua dos ríos.  Ver estos datos de estudio.

2.- Cada día estou máis convencido da frase anterior e polo tanto de que "todo o que atente contra os invertebrados acuáticos estará directamente atentando contra a vida do río en tódolos aspectos"

Non se poden permitir estos aldraxes o río. Non hai direito.

3.- As minicentrais actuais atentan,  por debaixo da presa, contra os invertebrados acuáticos, xa que nas que conozco desaparecen estos invertebrados, prácticamente na súa totalidade. Polo tanto atentan contra a vida do río.

Reproduzco un trozo do manifesto de científicos da UNIVERSIDADE DE SANTIAGO de agosto do 2000, onde se fala da febre en Galicia coas minicentrais e se demostra que estas afectan de forma irreversible os ríos galegos e polo tanto a súa vida:

 

Científicos critican a febre das minicentrais.

 

          2. Efecto sobre os invertebrados acuáticos 

             Cada minicentral producirá un cambio nos réximes de caudais do curso afectado, que irreversiblemente implicará a desaparición da comunidade de macroinvertebrados existente, de forma que será reemprazada por outra comunidade que pouco ou nada ten que ver coa orixinal. A aplicación de caudais ecolóxicos non permitirá en ningún caso a conservación das comunidades orixináis, incluso contemplando altas porcentaxes que dificilmente serán aceptados polas empresas hidroeléctricas. Esto vai supoñe-la perda do hábitat para numerosísimas especies de macroinvertebrados que son endémicas do noroeste de España. Cabe citar, neste sentido, que o 30% das especies dos nosos ríos e regatos sono (o que na práctica se traduce en varios centenares de especies), e que moitas delas poden verse abocadas á súa extición, incluso antes descobertas pola Ciencia, se non se conservan áreas de concas libres de alteracións dos réximes hidráulicos. Lamentablemente o descoñecemento todavía existente sobre a sistemática e bioloxía de moitos grupos faunísticos de invertebrados acuáticos provocou que actualmente a súa representación na lexislación de protección internacional sexa case anecdótica, o que subministra unha visión moi parcial da diversidade biolóxica e o seu valor de conservación no ámbito da nosa comunidade. Ademais das especies de invertebrados que gozan de protección legal (véxase anexo) queremos chama-la atención sobre outras moitas –unha representación testemuñal foi incluída na nova edición de A natureza ameazada, en prensa:   Spongillidae Gray, 1967; Tricladida, Paludicola;  Sphaeriidae Dall, 1895; Protuberodrilus tourenqui Giani y tínez-Ansemil, 1979; Onychogomphus uncatus (Charpentier,1840), Osmylus fulvicephalus (Scopoli,1763), etrocnemus carmencitabertarum Langton & Cobo, 1997; Thremma tellae González, 1978.- que son de grande utilidade, pois permíten que nos acheguemos ó concepto de ‘comunidade ameazada’ da UICN, e chama a nosa atención  sobre a urxente necesidade de protexer uns hábitats moi concretos, especialmente os cursos altos dos ríos galegos en que viven a maioría delas.   

Efemera o resultado da metamorfosis dun invertevrado.                          Un invertevrado, hai miles debaixo das pedras dun río sin minicentrais.

 

Dito  o anterior reitero a miña aposta pola vida dos ríos galegos e reivindico a vida de tódolos seres que habitan nas súas augas.

¡¡ Non as minicentrais en Galicia, que son a súa morte !!

¡¡¡ POLA NOSA VIDA !!

Hoxe, marzo do 2007, parece que se comenza a ver a luz...ata agora foi unha sinrazón, unha loucura, o feito con moitos dos nosos ríos e regatos....

De tódolos xeitos en Galicia, en xuño do 2007 inda se siguen a facer minicentrais e siguen as propostas.

Especial:

Aprobouse que non habería máis minicentrais ou que se mirarían con lupa, pero seguimos a ter propostas así:

Hai proxectos nos ríos Grande (concello de Chandrexa de Queixa), no mesmo Sil (Nogueira de Ramuín), no río Camba (Laza), no Deva (Arbo) e no Tea (O Covelo), todos eles dentro de espazos da Rede Natura, así como no Verdugo (Pontecaldelas).

Está a facer Engasa a minicentral  Lase-Hermida no río Umia, cunha desfeita considerable.

Tamén se fala de facer unha especie de minicentral no cañón do Sil, por parte de Iberdrola.

Ollo con todo esto.

Revisado este texto en febreiro do ano 2021 mantéñome en todo, ademais inda que parece que pararon a construcción de minicentrais, fixéronse moitas este anos e todas incumplindo o máis mínimo e estropendo totalmente os ríos onde foron executadas. A Xunta de Galicia mirou para outro lado e nunca polos ríos galegos. E inda hai máis culpables...

Hoxe están mirando para os nosos montes e están a punto de estropealos totalmente montando molinillos en calquera lado. Esperemos que non saia adiante o de Peña Trevinca entre outros...

 

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os macroinvertebrados acuáticos como indicadores de calidade da auga dos ríos.

Efemera o resultado da metamorfosis dun invertevrado.                                   Un invertevrado, hai miles debaixo das pedras dun río sin minicentrais.

Nota: baixo o nome de macroinvertebrados acuáticas están todos os seres vivos do apartado de insectos e outros nestas fichas da "vida nos ríos galegos".

Pois ben, o que xa sabíamos dende fai moitos anos, que a calidade da agua dos ríos ten moito que ver coa vida destes seres vivos.

Hai moitos índices para analizar a calidade das augas un deles por exemplo é o IBMWP (Iberian Biological Monitoring Working Party), que está adaptado a península Ibérica xa que recolle as tres características que demanda a Directiva Marco del Agua (2000/60/CE. DOCE, 2000) como son a taxonomía, a diversidade e a sensibilización ás perturbacións..

No IBMWP, primeiro faixe unha recollida dos macroinvertebrados en distintas zonas, ou sexa un muestreo, evidentemente o muestreo ten que abarcar os distintos ambientes do río: as beiras, a vexetación, o sustrato, o canle do río, etc.; seguidamente  baixe dando unha puntuación  1 a 10 sendo o 1 (moi tolerante) e o 10 (moi esixente) de tal forma que a suma das puntuacións permite encadrar o tipo de auga.

Estos son os cadros de puntuacións:

 

 

Observar que nestas tablas están os seres vivos que aparecen a maioría na web da "Vida nos ríos galegos". Por suposto a identificación faise a nivel de familia, xa que doutro xeito sería inviable e dificilísimo.

Que atopamos un artrópodo, que sexa efemeróptera e concretamente do taxón ephemeridae  ou potamanthidae. Si...

 

 

Pois anotamos un 10. Si é baethidae anotamos un 4 e así sucesivamente.

Evidentemente a puntuación esta prefixada de acordo a esixencia da auga a efemeridae é de augas máis esixentes que a baethidae, etc.

Finalmente unha vez puntuados da una suma final que leva a esta tabla:

Na tabla da según a puntuación o estado do río.

Tamén se pode facer un traballo cartográfico dunha zona.

 

Aclaración final: o IBMWP é un dos moitos índices que hai actualmente para medir a calidade da auga. As tablas están sacadas dun traballo que aparece na revista Danica dos meses Junio, julio e agosto e firmada por David Miguelez y Gustavo González de Icthios Gestión ambiental S.L.

 

Volver

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.