Os encauzamentos dos ríos,
as construccións o seu carón: unha barbaridade feita cós ríos

Europa trouxo moitas cousas a galicia, cambiaron
moitas cousas. Moitos diñeiros empleáronse ben, outros moi mal. Moitos
paseos a carón dos ríos, algúns preciosos, como este de Leiro e outros.
Poucas depuracións, poucos cartos metidos en depuradoras, en limpar os
ríos, etc.
O tempo dirá que pasa con moitos encauzamentos,
entubamentos e demais. Os ríos queren e deben ter o seu leito, a súa
planicie para inundacións. Todo é meter diñeiro o peto, encauzar ríos
para poder construir nas orelas.
O tempo porá estas obras
no seu lugar. Pero coma sempre non haberá responsables. Aquí ninguén é
responsable...

Encauzamento do río Limia en
Xinzo, non é dos peores feitos.
As casas en xeral están
retiradas do leito.
Falta depurar as augas.
O río Limia sin embargo non
vai limpo e deixa moito que
desexar.

Encauzamento no río Tamega
en Verín, moitos cartos gastados e nunca está ben.
As augas siguen sin
depurarse.
As
casas están a carón do río. O entorno marabilloso pero o río non
está ben...

Esta é a gran moda de
Ourense, eu diría de toda Galicia. Encauzar os ríos e veña pa
adiante.
Aquí tampouco gardaron
moitas distancias.
Non é das peores. Pero que manía de encauzar os leitos dos
ríos...

Este regato que
desemboca no río Barbaña dará máis dun susto calquera día. Está
feito encauzando un río en Ourense que baixa de Rairo.
Unha barbaridade para
conseguir solares.

Este é o regato que baixa da
finca Sevilla e que meten por esa tubería. Calquera día levantará a
estrada que hai por riba (plazoleta onde van a Calle Sainza e Avda.
de Zamora en Ourense).
Mal, moi mal feito.
Os regatos non se poden
encauzar deste xeito. Tarde o temprano cobrarán o que lles deben.
Habería que deixar o regato o aire e organizar
mellor a zona. Pero o bolsillo trae estas cousas.

Esta desfeita dun regato é práctica común en autovias e estradas. A larga o regato
reventará a estrada e teremos series accidentes.
O tempo.
Habería que gastar máis e facer pontes como
Deus manda.

Paseo fluvial no río Avia en Leiro.
Como este fixéronse moitos nos ríos galegos:
Avia, Arenteiro, Barbaña, Barbañica, Miño, e un longo etc.
Millóns de euros gastados para que a primeira riada seria, levé
todo río abaixo.
O río Avia sigue sin limpar e
depurar...

Está claro que esto é unha salvaxada que
non debe facerse. É unha forma clara de rematar cós ríos.
Vida do río: cero. A parte é peligroso para
calquera que caiga o leito, non sae... Feito cós pés.

Encauzamentos en Ourense,
río Barbañica. A verdade é que estas obras están feitas cos pés...e
pensando pouco nos ríos e moito na especulación.
Co tempo iremos vendo como
actuan estas barbaridades nas primeiras enchentas, seguro que temos
máis dun susto. Os ríos non é fácil sacalos do seu leito. A auga
sempre buscou o seu lugar para discurrir ata o mar. En Galicia, por
cartos para o bolsillo, estamos empeñados en facelos desaparecer,
metelos por un tubo e outras barbaridades. Logo a queixarse...
¡Menos especulación
urbanística! ¡Menos meterse cartos o bolso declarando edificable o
que nunca debera ser!. Hai moito chourizo solto neste país.

O encauzamento da esquerda está
deste xeito en novembro do 2006. Calquera enchenta hoxe, novembro do
2006 podería organizar unha boa na zona con tanta maleza. Este río
non ten ningunha planicie de prevención de inundacións ata o río
Miño. Así moitos...