O lector debe saber que o caudal ecolóxico é o que está obligado a deixar o dono dunha minicentral ou encoro unha vez que corta o río co muro ou azud. O río ten que deixar seguir o río. Foto do río Limia ( Ourense). En Galicia é o 10% do caudal medio anual. Unha salvaxada, pero que incluso en moitos lugares non se cumple.
 

 

 

 

Na práctica o caudal redúcese a un chorro de auga, ver como viña o río a esquerda, ver o chorro nesta fotografía, trátase dun poiquiño de auga que non deixa vivir nin as ras do río.

Todas estas minicentrais presupoñen a morte do río onde están instaladas.

En Galicia hai actualmente máis de 100 e están previstas 300.

 

 

 

 

Caudal ecolóxico no río Deva ( Ourense). Incrible. O chorriño que ven é o río Deva en 10 km. de río. Podo asegurar que debaixo da minicentral hai moi pouca vida en moitos Kms.
 
 
 

Caudal ecolóxico no Requeixo . Trives. Ourense. O río é o da arriba, o chorriño é o da esquerda. Realmente é para rir ou para chorar?
 

 

 

Caudal ecolóxico no río Navea. Hoxe en agosto do 2000 meteron un difusor que inda bota menos auga que a que se ve na fotografía de fai catro anos. No 1995 non existía, tuvemos que protestar uns cantos.

 

 

 

Caudal ecolóxico no Bao . Río Bibei. Un auténtico engano. Trátase dun difusor. Dicen que así osixena a auga. As troitas dende logo río abaixo non respiran, apenas teñen auga. Un engano si non se ve in situ.

Ver nesta web o traballo a picaresca dos caudais ecolóxicos. Realmente é de vergoña...

Espectacular mentira.

Observar a pequena cantidade de auga que sae entre as rochas, practicamente nada, e dicir outra cousa a dereita dese vapor desemboca un pequeno río, que algo de auga leva... Arriba todo vapor...Un engano incrible. Presa do Bao. Río Bibei.

 

 

 

 

Caudal ecolóxico do río Deva. A Cañiza. Pontevedra. O río en inverno bai sin auga totalmente en moitos kms. As fervenzas que habá quedaron para lembranzas dos avós da zona...

 

 

 

Caudal ecolóxico no río Avia en Albarellos. Unha mágoa. O río vai seco en varios kilómetros. Vergonzoso. De cando en vez vai ata os topes e peligroso.

Para saber máis o lector pode consultar a seguinte dirección, incluso leer un informe da Universidade de Santiago deplorando a construcción en Galicia das minicentrais que nos están arrebatando o mellor que temos: os nosos ríos.

A solución a estos males pasa por duas cousas: 1.- Non permitir máis minicentrais en Galicia, non se necesitan, non son rentables, incluso, si se fan ben. 2.- Que as que existen actualmente cumplan a lei, por suposto cambiando o concepto de caudal ecolóxico de forma que permita a vida no río. Si non cumplen a lei,  pechalas xa.

Os ríos galegos merecen outro trato.

Ver tamén a palabra caudal ecólóxico no meu dicionario fluvial.

 

--o--

 

Notas sobre o caudal ecolóxico:

Caudal ecolóxico: o 10% do caudal medio anual

 

Este caudal ecológico que se aplica actualmente nos ríos de Ourense e galegos, demostrou a misma Xunta de Galicia (o informe usado por esta páxina www procede da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural) que era totalmente erroneo e insuficiente.

Galicia é distinta e as técnicas foráneas soen dar malos resultados. É moi corrente esta práctica, polos constructores das minicentrais e centrais, que van ó fácil, á obtención rápida de cartos, importándolle cero a natureza.

A misma Xunta de Galicia critica este método xa que:

  1. Os ríos galegos teñen un marcado réximen pluvial con máximos invernais e mínimos estivais.

  2. Os ríos teñen altos coeficientes de escorrentías e pouca capacidade de retención.

  3. Non se garantiza a permanencia do salmón e a troita.

  4. Hai un descoñecemento total sobre a migración reproductora, que todos sabemos se estimula con un caudal grande. O caudal do 10% é un desastre.

  5. As enchentas naturais limpian os cauces dos depositos  acumulacións de oucas e vexetación. Esto non se ten en conta.

  6. Hai un gran descoñecemento sobre a existencia de outras comunidades integrantes no ecosistema acuático. Os macroinvertevrados son a fonte de alimento dos peixes. Un caudal mínimo deste estilo remata con eles.

  7. A crencia de que un caudal ecolóxico pode se-lo o estiaxe, xa que se produce tódolos anos e non pasa nada, é descabellado. Esto non pode ser perpetuo. A detracción do caudal produce cambios no sustrato, na calidade fisico-química das augas, aumento da temperatura. Esto conleva o aumento dos ciprínidos e a  desaparición dos salmónidos. Todo este desastre xa se ten observado en Galicia.

Según todo o anterior (de forma resumida) dedúcese que o caudal ecolóxico do 10% do caudal medio anual é un desastre. Vese, perfectamente según a Xunta que poñer en práctica outros tipos de caudais é prioritario.

O peor de esto é que non se poñen medidas correctoras e sigue ano tras ano o desastre.

Esto está escrito no ano 1998. Hoxe, xaneiro do 2004, non se tomaron ningunha medida que palie estos desastres, pero de ningún tipo, os caudais siguen sendo cada día que pasa, máis nefastos e as empresas hidroeléctricas de todo tipo fan o que lles da a gana.

Parece que os ríos, son únicamente seus. En exclusiva. Realmente é un roubo a man armada.

 

 

 

Nova metodoloxía para establecer o caudal ecolóxico de centrais e minicentrais de Galicia.

 

Os  criterios de elección de caudais deben ser os siguintes (según un estudio amparado pola Xunta e firmado por eafor s.l. (estudios cinegéticos e piscícolas ano 1998) :

  1. En ningunha época do año o caudal será inferior ó caudal medio de estiaxe, entendendo como tal o valor promedio dos caudales medios interanuales de xulio, agosto e setembro. O caudal mínimo absoluto será o caudal natural de estiaxe, manteñido soio durante xulio, agosto e setembro, nunca circularán caudais menores que o caudal mínimo absoluto. Nota: este criterio (o 10% da anchura real) non se considera aplicable ós ríos galegos).

  2. Na época da freza fixaraxe o CAUDAL ÓPTIMO DE FREZA. Bastante superior ó 10% actual.

  3. O resto do ano procurarase cumplir as condicións mínimas ou óptimas de ADULTOS, según os casos, de forma que se obteña unha anchura ponderada útil suficiente.

  4. Simularase unha crecida otoñal para estimular a migración de salmónidos, como especies principales dos ríos galegos, procurando unha profundidade media de al menos 35 cm naquelas  seccións máis limitantes para o paso.

  5. Mantenemento de caudal suficiente para a época de desenrolo embrionario (en función  da anchura ponderada útil para estas fases) e migración de baixadas posteriores á freza ( en función de unha profundidade media suficiente).

  6. Teranse en conta o posible aumento da temperatura ( en función da orientación e grado de sombreado). concentración de efluentes (en función do número e tipo de vertidos existentes) e o avance de ciprínidos debidos ás detracciones de caudal

O anterior é, deixando aparte consideraciones técnicas, o resumen do estudio realizado pola casa citada.

Para terminar e partindo da base de que o anterior é discutible dentro de uns mínimos, a pregunta é :  Ponse en práctica en Ourense e en Galicia ?.

A respuesta é rotunda: NON.

En Galicia actualmente siguen un método distinto, os galegos somos así...

En Galicia síguese un método especial , o nome é "A ollo". Así nos luce o pelo ...

É o método ideal para o bolsillo das empresas eléctricas.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.