A eutrofización prodúcese nun encoro cando chega
cantidade de porquería que descompón a vexetación do río. Dicen
algunhos que non lle fai nada o río. Dende logo as troitas non poden
vivir neste medio, e moitas algas morren.
Últimamente, setembro do 2006, Encoro do Umia en Caldas de
Reis a eutrofización fixo medrar unha toxina que fixo que a auga foxe
inservible e tóxica.
Técnicamente "as augas tornanse eutróficas (entre 0,03
e 0,1 mg. de fósforo por litro para lagoas, encoros e charcas; e
entre 0,15 e 0,3 mg. para correntes), neste caso os carófitos
extínguense debido os efectos inducidos por este exceso de nutrintes
e de fósforo, o que leva a un desenrolo incontrolado de plancton,
aumentan as augas turbias, escasez de osíxeno, sedimentación de
restos orgánicos suspendidos sobre as ramificacións dos carófitos e
leva tamén a un desenrolo de algas filamentosas".
Esto
é o que dice o pé da letra un estudio feito por Santos
Cirujano para a revista Quercus do mes de novembro do 2003, onde
estudia as Ovas (ougas ou algas en galego) ou carófitos e a súa
importancia.
Na fotografía, espectacular, o encoro de Castrelo no río Miño
entre Ourense e Ribadavia. A fotografía está sacada dende satélite
e pon os pelos de punta. Está claro que Ourense ten que depurar máis
e mellor. Na cabeceira deste encoro está situado o Parque náutico
fluvial de Galicia. Incrible...
Os puntiños blancos da izquierda son as canteiras abertas na
zona de Pena Corneira ata a Serra do Faro . A ralla blanca continua é
a autovía das Rías Baixas que estaba en construcción.

Encoro de Laxe. Caldas de Reis.
Río Umia. A entrofización é galopante un ano e outro.
Os ríos non deberan ter estas desfeitas. Os encoros hai que pensalos
máis e cando son inuteis ou perxudican radicalmente a fauna do río non facelos: caso do encoro do Umia e por
suposto o de Velle, Frieira e Castrelo en Ourense.

O encoro de Castrelo, que hoxe é a
cloaca de Ourense, nunca se debeu facer, anegou as mellores
fincas de ribeira de Ourense.

Total para facer un encoro que é de pouca
producción e por contra impede o normal desenvolmento do río
Miño. Para mín Fenosa nunca debeu facer o encoro de Frieira, o
de Castrelo e o de Velle. Agora resulta
de ademais de rematar coa maior parte da fauna do río Miño son
cloacas viventes.
Engadido: Hoxe no ano 2015 a
eutrofización de encoros está a plantexar moitísimos problemas e
moi graves en Galicia: Encoro das Conchas en Ourense, encoro de
Caldas en Pontevedra, encoro de Vilasouto en Lugo, e varios máis
son auténticos problemas dende o ano 2006.
Ver este video do encoro
de Vilasouto. Aquí a cor é bermella. As autoridades como en
tódolos sitios dicen que non hai problema, a verdade é que hai que
ter cara... Deste embalse beben pueblos como Bóveda e outros.
Esta eutrofización ven producida polos puríns e demais
porquería que chega a estos encoros, augas sen depurar e
estancamento. O eutrofizarse hai
producción de microcistina que está demostrado afecta o consumo
humano da auga. De momento non hai solución a esta producción e
soio se poñen parches. Por suposto todo pasa por no contaminar,
pero esto tal como está montado todo, coas depuradoras? que se
instalaron, que non sirven e outras non traballan por caras e
insostenibles, tardará anos en lograrse una solución fiable...

Encoro das Conchas. Un problema gravísimo que de momento non
está solucionado.

Outro problema o encoro de Laxe (Caldas de Reis) de este encoro
sacan a auga para o Salnés.
A
situación é moi preocupante.
Ollo que a toxina pode ser mortal.
|