Ríos
envelenados.
O problema dos envelenamentos de ríos hai
que resolvelo de raíz, os culpables ou non pagan ou fano con cantidades de
diñeiro irrisorias.
Hai que educar dende a base, de forma que se
identifique envelenamento coa desfeita absoluta dun tramo de río, que pode
tardar máis de 10 anos en recuperarse, supoñendo que se recupere, cousa
que teño as miñas dúbidas. Hai que levar as persoas
ou empresas que envelenan a cárcere e ademáis que paguen cantidades
millonarias, hai que facer algo xa...eu diría hai que aplicar a lei
xa, a lei fluvial e a lei penal...dende logo non se aplica e
hai moitas prevendas...noutras palabras, moita corrupción de todo
tipo. ( Podo contar a denuncia dunha empresa que deixou un río morto por
completo, que foi denunciada a Policia Autónoma e non pasou nada...non pagou nin un
duro...¿ por qué? ). Para chorar.
Denuncias entre os anos 1997-2006 (unhas poucas
nada máis)
En octubro do 2006 non están mellor os ríos.
¡Queda moito por facer!
 |
O envelenamento dos ríos o parecer é inevitable en
Galicia, dende logo non estou de acordo. Río Maquiáns
(Ribadavia). Todos os anos con vertidos. Problema solucionable.
Pero non se soluciona. |
|

|
Río Avia, día si e día tamén envelenado por
vertidos. Moitos colectores verten directamente o río. Responsable: o
Concello. Podía solucionarse pero non interesa.
O
lector pode ler unha anécdota sobre este vertido incrible. |

|
Río Arenteiro, morreron miles de troitas no 1998 inda
non pagaron os culpables, ademáis penso que non pagaran o mal que
fixeron...
Aquagest é a responsable. Sabeo todo o mundo. Pois que pague, e
pague duro, o mal que fixo é irrecuparable, o río Arenteiro, nese
tramo, no volvera a ser como antes. Así de claro.
¿Que pasará o final ? .
No 2005 a empresa aporta 198.034 € para mellora o
río.
Pedíase 1.000.000 €.
E menos mal, que a maioría non pagan nada e
contaminan duro...
|
|

|
No 2000 xa van uns cantos coñecidos: río Maceda
(morte de centos de troitas por vertidos de velenos o río, dende a
depuradora), río Miño ( mais de 10 vertidos de augas fecais),
Barbaña ( 35 vertidos indiscriminados de augas fecais) , Lonia (
impresentable, vertidos de todo tipo) , Arnoia ( moitos pobos,
granxas, etc non depuran, botan o río tal cual), Barbantiño ( un
desastre, moitos vertidos fecais), etc.
Os anteriores hai que sumar os que se envelenan e non se
detecta, que son uns cantos.
Hai xente que ten por costume cando chove forte
limpiar bodegas e limpiar a casa?...paréceme ben pero o problema e que
logo tirar toda a porquería o río, e así vai as veces ao Barbaña. Tamén
o río Lonia
e moitos ríos e regatos da nosa terra sufren o mismo...
Aparece despois de poucos días regatos que non
existian, ou reguiños que aumentan de caudal increiblemente, ver a
fotografía:

Fotografía de xaneiro de 2021, zona Ourense, río Miño,
por debaixo da Ponte do Milenio aparece un bon día ese regato que se ve
na fotografía; marxen dereita do río Miño...
Hai enchentas e aparecen
ríos onde non os hai, moita xente aproveita para limpar?. Moita
xente non pensa nos demais e moito menos na natureza...
Ver no campo de Reza e mirar enfrente do
aparcamento, hai todo un regato esos días, onte as 18 horas, día 29
de xaneiro de 2021, sorprendeume, mismo enfrente, o caudal que
levaba...
|
|
 |
Estos son exemplos anecdóticos. Tódolos días hai
vertidos deste tipo. Neste caso en Ourense. Augas fecais directamente o
río Miño. Día 02-01-2001.
Siguen no 2006.
|
|
  |
Estos son exemplos anecdóticos. Tódolos días hai
vertidos deste tipo.Neste caso en Ourense. Augas fecais directamente o
río Miño. Día 02-01-2001. |
|

|
Ponte do Ribeiriño, marxen esquerda do río Miño,
augais fecais, merda, directamente o río Miño. Lamentable. Tódolos
días.
Aparte todos tipo de plásticos, e un longo etc.
O río Miño aguanta todo.
Foto cedida por Xusto Barrio.
Esto xa foi correxido pero non moi lonxe hai un vertido, a
esquerda do río, a 100 m. da Ponte Vella. Normalmente vese sobre
as 12 da mañán e aproveitan as crecidas do río...Levan anos con este
vertido e non hai forma...Na fotografía vese algo do que estou a falar,
logo nótase río abaixo. Alguén dixo algo desto, sábese de onde
ven...levamos anos e a xente que o tiña que ver non o ve?...O Concello
non se entera de nada, o resolver estas desfeitas non da votos...

Fotografía de xaneiro de 2021. Aproveitan cando
Naturgy (novo nome de Fenosa Gas Natural) turbina forte e o río vai un
pouco cheo... Na fotografía penso que se ve a porquería claramente. Por
certo que mais arriba a dereita inda siguen a desovar troitas do Miño... |
|
 |
Río Barbaña, novembro do 2001. Neste río hai
vertidos de todo tipo. Cheira mal, é unha auténtica vergoña.
Non hai máis denuncias xa que a xente non se entera da
desfeita pero a xente da zona e algunhas empresas botan de todo a este
río.
A demostración da fotografía é auténtica.
|
 |
Ponte do Ribeiriño, marxen esquerda do río Miño,
augais fecais, merda, directamente o río Miño. Lamentable. Tódolos
días e a todas horas. Aparte todos tipo de plásticos, e un
longo etc.
O río Miño aguanta todo.
Foto cedida por Xusto Barrio.

Repaso destas liñas en xaneiro do 2021:
Lamentablemente en Ourense cidade sigue a pasar o mismo, o río
Miño dende Velle ten vertidos directos igual que tiña no século pasado,
pero cada vez máis tempo e mais grandes.
As probas están claras, podedes ver por poñer un exemplo dende a
ponte Vella a eso das doce ou unha do mediodía o vertido bastante grande
que sae por riba da ponte a 100 metros na marxe esquerda do río. Un
exemplo dos moitos que hai. Outro en Velle e moi gordo, cheira a
rosas...

O río Miño en Ourense deixa moito que desexar, hai por
riba de Velle vertidos dende fai anos e en algúns lugares cheira que
apesta... |
Esta é unha pequena mostra do que está a pasar en
Ourense e en Galicia. Os ríos a pouco que se profundice no análisis das
súas augas e das súas ribeiras non dan a talla. Agora resulta en Ourense
que a CHMS detecta contaminación nos ríos e nos encoros da provincia,
por exemplo fala de "peor que bueno" do estado do encoro das Conchas, ou
de Castrelo, Cachamuíña, Frieira, Caldas de Reis, etc...A boa hora ven. Levan anos
que están mal. Algúns eutrofizados totalmente...

A eutrofización está de moda nos encoros galegos...Este é o das Conchas.
Gastaron a tira de cartos, expertos de todo tipo, proxectos de todos os
calibres...o final o río ven incontrolable dende Xinzo, as depuradoras
no existen ou son "as de barco" que meteu a Diputación...vamos que
depuran daquela forma...resultado o encoro aparece eutrofizado e no se
pode un nin bañar...

Río Limia, eutrofización a tope ano si e ano tamén.

Día si e día non.

Impresentable.
Xa digo: reir ou chorar...
Saír.

ANÉCDOTA
SOBRE O VERTIDO DE RIBADAVIA.


O ASUNTO É : Fotografía do
río Avia contaminado por un colector situado debaixo da ponte
do Ferrocarril, vertido denunciado pola Asociación Coto do
Frade de Ribadavia.
Colector libre. Unha vergoña
que fai anos existe en Ribadavia, debaixo da Ponte do
Ferrocarril.
Realmente de vergoña, por ese tubo sae de
todo...merda...moita merda.
A verdade non se concibe esta actitude co
río no ano 2000. A anécdota é a contestación que fai a
Confederación hidrográfica a denuncia deste vertido.
Realmente lamentable: RESPOSTA DA CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA:
A resposta da Confederación Hidrográfica do Norte /
Ministerio de Medio Ambiente) rexistro de saida nº 20.936 ref
ES-(V)-OR-016/00 con data de 16-06-00 ( transcripción literal) :"
Con
fecha 1 de setiembre de 1999, Coto do Frade denuncia contra el
Ayuntamiento de Ribadavia, por el vertido de aguas residuales procedentes
del núcleo urbano de Ribadavia al cauce del río Avia, sin contar con la
preceptiva autorización administrativa de este Organismo de cuenca, en el
término municipal de Ribadavia ( Ourense).
El informe emitido por los Servicios
Técnicos del Organismo pone de manifiesto que el
Ayuntamiento de Ribadavia dispone de autorización definitiva de vertido
para las aguas residuales del núcleo urbano de Ribadavia otorgada
por resolución de la Confederación hidrográfica del Norte, de fecha 19
de junio de 1998.
Por
consiguiente, y dado que la ausencia de pruebas analíticas no permiten
acreditar el incumplimiento de la citada autorización de vertido razón
por la cual se considera oportuno proceder al archivo de las actuaciones
practicadas hasta la fecha y acuerda no incoar procedimiento sancionador
contra el denunciado, con archivo de las actuaciones practicadas hasta
la fecha".
El Comisario de aguas.
Luis Galguera Alvarez.
--------------------------------------------------------------------------
¿Cal é a anécdota?.
Que a Confederación hidrográfica
diga que o Concello de Ribadavia dispón de autorización definitiva de
vertido para as aguas residuais... resulta anecdótico... por non decir
vergonzoso e lamentable. País bananero.
O parecer non dispoñen de probas
analíticas...outra anécdota por no decir palabras malsonantes.
Incríble.
Volver

|