Río Cenza, Vilariño de Conso ( Ourense). Un río
sensacional, incluso couto de pesca, en tempos, no tramo que se ve na fotografía.

O mismo tramo anterior, observar a carretera e a
ponte. Pois ben: non hai árbores e sí , moito, moito cemento en 300
metros de río. As árbores que vedes na fotografía anterior, todos
amieiros e bidueiros, foron talados. Así se fai cun río. o río Cenza unha
pequena marabilla.

Resultado: unha praia fluvial dunhos 300 metros. O
río encementado, empedrado, as pedras unidas con cemento, as árbores
cortadas. Na zona había amieiros e bidueiros de moitísimos anos de
antiguedade. Tamén é unha zona de subida de troita do encoro de Bao. Así
subirá mellor...con baño incluido.

Este proxecto está aprobado pola Confederación
Hidrográfica CHMS,
por Medio Ambiente e incluso ó paga Europa ( ou sexa pagámolo todos).
Seica lle meteron 40.000 pts. de multa o Concello por cortar
as árbores.
Encementar un río non ten pena...queda bonito....
¿ Rir ou chorar?.