Fervenza
de Ézaro no río Xallas.

Río Xallas. Así era a Fervenza do Xallas fai 40
anos. Única en Europa, sensacional. O río Xallas desemboca en Ézaro
na costa da Morte. Sin lugar a dúbidas do mellor de Galicia.
Ver unha foto aérea.

Ata que Ferroatlántica fixo un encoro xusto por
riba da fervenza a 1.5 km. aproximadamente, deixando como se ve na
fotografía o río xallas sin auga e a fervenza seca. A foto é do ano
1998. Esta empresa incumple a lei fluvial galega totalmente.

Ata que se produce o milagro:
A Xunta do P.P. actua, e Ferroatlántica fai o milagre ( seguramente a
cambio de pedir máis uso da auga e montar sabe Deus o qué...)
Teremos Fervenza de 12 a 14 tódolos domingos.

Fraga inaugura a Fervenza
en
Agosto do 2.000.
Calquera día distes volverá a inaugurar o nacemento do río
Xallas.
Realmente esperpéntico.
Por certo hoxe sin Fraga, seguimos igual, pero agora vese pola
noite. Máis do mismo. De risa...

Nesta fotografía dende satelite (Google earth)
vese o encoro causante do desastre, tamén os kms. de río de canle seco e
sin auga e por último a desfeita dos tubos e as centrais na zona de
Ezaro. Realmente a empresa fixo o que lle deu a gana na zona. Non hai
dereito.
Aproveito a ocasión para darlle as gracias a
empresa Ferroatlántica e pedirlle no nome dos galegos que cumpla a lei
non soio os domingos de 12 a 2 sinon todo o ano.
A
zona penso que é do mellor que temos en Galicia.
Ver
fotografías da Fervenza do día 24-08-2003.
Non deixedes de ver as
fotografías que saquei ese día, poño dúas onde se ve como
xogan coa auga da fervenza, en determinadas horas abren,
unha vergoña.
Hoxe no 2021 xa deixan
un pequeno caudal ecolóxico:
.jpg)
Fotografía do mismo día 24/08/2003,
inda non chegara a hora de abrirlle o encoro cun pouco
caudal.
.jpg)
Por fin abriuse un pouquiño.
¡Pais!
O internauta que escolla: rir ou chorar?
Nota:
Repasando este escrito meu de fai
vinte anos decir que gracias as loitas de moita xente, entre
as que me sinto integrado, hoxe no 2020 a fervenza de Ézaro
ten o seu caudal ecolóxico todos os días.
Felicitar a xente que estuvo nesta
loita.
Sinto (é unha coña) que Fraga non estuvera
para inaugurar a fervenza de noite, podería ser incrible. Os galegos
non merecemos esto, nin ó de Fraga nin a parafernalia de agora...
¿Que pido? que se cumpla a lei e que
teñamos fervenza todo o ano...pero sin inauguracións...