Fai falta un plan de EDUCACIÓN e RESPETO O MEDIO
AMBIENTE, PARA TODA A POBLACIÓN.
A fotografía vese moito en Galicia. O fondo: o río Miño, preto de Ourense, en
primeiro plano unha cociña e uns sacos de basura. Lamentable...
Realmente esto soio se ve en Galicia e non debera ocurrir.
A fotografía é para chorar, evidentemente.
Todos somos un pouco culpables: o que o tira, un auténtico
impresentable e sinvergonza, que non pensa para nada nos demáis. As
autoridades, que deixan a escena días e días, lamentable. Algo falla na nosa
educación. E por último nosoutros mismos que moitas veces consentimos
estos desmáns diante das nosas narices.
Teño atopado de todo nos
ríos de Ourense, unha mágoa non ter fotografías, xa que estou
falando dos trinta últimos anos do século pasado. Hoxe teríamos a
fotografía corresponde. Teño atopado ata un seiscentos en pleno
couto, nada menos que no río Bibei en Viana do Bolo...
Porei algúns exemplos xa deste século XXI no que
non fomos a mellor , todo o contrario.

Estado lamentable no que
queda o río Búbal: Minicentral de Vilaquinte en Lugo. Por certo
esta minicentral é propiedade de Fenosa.
Logo limpiaron un pouco pero a desfeita foi lamentable e
impresentable.

A orela dereita chea de
toneladas de plásticos. Riadas del 2000- 2001. Río Miño Os
Peares.

Río Barbaña asqueroso. Ano
2002. A menudo aparece deste xeito. Lamentable. Ourense.

O río Barbaña téñoo visto de moitos cores. É unha auténtica
desgracia.
Por certo revisando estos escritos decir que no ano 2020 non se fixo nada. Cada pouco o río ben así.

Río Lonia. Año 2001.
Asqueroso. Esta práctica é habitual.
Río Lonia. Ourense.
O anterior soio é unha pequena
mostra. Repito, compre facer un plan de respeto o medio ambiente, que
abarque tódolos sectores da población. Marzo do 2002.
Revisando o texto anterior vexo que
o largo destos anos a cousa vai a peor.
Un dato: octubro do 2006. Lugo. En
poucos metros no río Miño en Lugo recollen sobre 1.500 Kg. de chatarra
no leito do río. Atoparon de todo...

Outro dato: diario La Región día 25
de octubro do 2006, lugar Listanco, localidade Maside de Ourense, regato
de Maside afluente do Barbantiño. Unha brigada de limpeza sacaron do
regato nesta localidade estes trastos . A verdade e que botando un
vistazo dedúcese inmediatamente que moitos galegos, sobre todo os que
botaron esto o río a súa educación ambiental é cero...
Nestos nove anos que pasaron non
melloramos moito, hoxe en marzo de 2015 siguen aparecendo auténticas
barbaridades nos ríos, a última dous becerros mortos no río Asneiro,
afluente do río Deza en Lalín; inda por riba xusto onde se toma a auga
da traída a Lalín. Para chorar de verdade:
.jpg)
A carón da captación de augas.

Dous terneiros mortos. A carón do río Asneiro.
Ver o link na prensa.
Rapaz, que lees esto, si ves botar
estas cousas a un río non o permitas, polo menos chama a atención. No
río viven seres vivos igual ca tí, non permitas estas desfeitas...
Repito, botando un vistazo no ano
2020 vexo que me quedo corto no anterior e que a cousa foi a moito peor; por
exemplo o caso anterior do río Asneiro, un río que hoxe vai porco, porco, e
en Lalín presumen da súa auga... Por certo o río Asneiro é un afluente do
río Deza e os dous van impresentables...
Dos incendios e os ríos prefiro non
decir nada que me voto a chorar, soio poñer esta fotografía que o dice todo.

Río Navea, un dos mellores, por non
decir o mellor río de alta montaña de Ourense, pois ben estas cento de
toneladas de cinza (Altura 1.25 m. lonxitude superior a 300 metros) baixaron
por ese río no ano 2012...matou todo...
Esto en Ourense pasou en centos de
regatos, os montes arderon e logo non se fixo nada. Fai falta o que decía ao
principio educación, e respeto a nosa natureza, aparte de amor a nosa terra;
esto debera ser un axioma para todos... Unha persoa que queima o monte
fáltalle todo...
Saír.
