Confederación Hidrográfica Miño-Sil
Calidade de los ríos : índices varios.
Sabemos que hai moitos índices para analizar a calidade das augas un deles, non dificil de usar para xente non especialista, coma mín pescadores e amantes da natureza en xeral, é o IBMWP (Iberian Biological Monitoring Working Party), que está adaptado a Península Ibérica, por especialistas como Alba-Tecedor e outros.
Este índice non é o que utiliza a Confederación Hidrográfica Miño -Sil; razóns? eles sabrán, eu teño a miña teoría pero penso que non é o lugar para expresala.
A Confederación Hidrográfica utiliza o índice EQR (environmental quality ratio) para medir o estado Biolóxico do río, índice que explicarei a continuación.
Tamén utiliza o IHF (índice calidade do habitat acuático). Tamén da resultados sobre o estado ecológico e o seu método de evaluación ( medido en red de control? , ou opinión de experto); Estado Bilóxico (bon, malo...) , hidromorfolóxico (bon, malo e o IHF preferentes (bon, malo), Fisicoquímico xeral (Moi bon, bon, malo...) e sustancias preferentes...Non da moitas explicacions a web...
Por certo, consultadas as leis as sustancias preferentes teñen unha tabla publicada a nivel oficial onde aparecen os productos a medir (arsénico, cobre, plomo, cromo, selenio, cinz, floruros, e un etc. ata 16) así como as cantidades Valor Medio Anual de cada unha delas.
------------------------------------------------------
Porei un par de ejemplos, sacados deste pdf ó que podedes entrar pulsando este link, ten un estudio de todos os ríos importantes da conca MIño-Sil. Moito traballo de trás sin dúbida.
Ejemplo 1 : Río LOR II dende Folgoso do Courel ata a desembocadura no río Sil
Estos datos de EQR = 0,92 , que é un dato ecolóxico é o que pretendo explicar. Por certo e bon. Tamén o IHF de 76.
-------------------------------------------
Ejemplo 2 : Río Barbaña dende o nacemento ata a desembocadura no río Miño.
Aquí vese xa un EQR de 0,23 Malo mais outras cousas.
----------------------------------------
Determinación do IBMWP ou do EQR:
Nestas fotografías vense distintas formas de facer este muestreo dende redes de man, cilindros especiais, dragas, trampas de emerxencia, redes Suber, etc.
Para aplicar o IBMWP, primeiro faixe unha recollida, normalmente dúas unha na primavera e outra no estiaxe, dos macroinvertebrados en distintas zonas, recollida que incluso se pode facer visualmente (hai aparatos que o permiten...), é o que se chama un muestreo, evidentemente o muestreo ten que abarcar os distintos ambientes do río: as beiras, a vexetación, o sustrato, o canle do río, etc.; seguidamente baixe dando unha puntuación 1 a 10 sendo o 1 (moi tolerante) e o 10 (moi esixente) de tal forma que a suma das puntuacións permite encadrar o tipo de auga.
Os cadros de puntuacións están neste link (pdf de 116Mb) desta misma páxina.
No que sigue poño (como curiosidade) os que aparecen puntuados con 7, 8, 9 e 10 na tabla do C e que serían os que puntuarían máis a hora de falar de ríos limpos:
Esta tabla non é usada pola confederación Hidrografica Miño-Sil.
---------------------------------------------------------
O EQR é un cociente entre unha mostra test, hai moitas feitas según sexan os ríos) e unha mostra real, ou sexa EQR = mostra test do río/ mostra real
Según sexa o cociente hai unha clasificación:
Moi ben, EQR > 0,93
Ben 0,7<EQR<0,93
Regular 0,5 < EQR < 0,7
Deficiente 0,25 <EQR < 0,5
Malo EQR <0,25
Esta é a tabla IBMWP que eu penso é moi clariña (vexo que é utilizada en moitas confederacións de España; en Galicia non. Eles sabrán).
Clase Orden Taxón Valor Nome Fotografía ou dibuxo Arthropoda Decapoda Astacidae 8 Gamba de río
Arthropoda
odonata Calopterygidae 8 odonatos
Arthropoda odonata Gomphidae 8 odonatos
Arthropoda odonata Cordulegasteridae 8 odonatos
Arthropoda odonata Aeshnidae 8 odonatos
Arthropoda odonata Libellulidae 8 odonatos (Besbello)
Arthropoda Heterópteros Aphelocheiridae 10 Aphelocheirus
Arthropoda Ephemeroptera Ephemerellidae 7 Efémera
Arthropoda Ephemeroptera Ephemeridae 10 Efémera vulgata
Arthropoda
Ephemeroptera Heptageniidae 10 Efémera ?.
Arthropoda Ephemeroptera Leptophlebiidae 10 Efémera ?
Arthropoda Ephemeroptera Potamanthidae 10 Efémera ??
Arthropoda Ephemeroptera Siphlonuridae 10 Efémera ??
Arthropoda Plecopteros Capniidae 10 Capnia
Arthropoda Plecopteros Chloroperlidae 10 Perlas Moscas das pedras
Arthropoda Plecopteros Perlidae 10 Perla Gusarapa
Bechoco
Arthropoda Plecopteros Perlodidae 10 Perla Moscas das pedras
Arthropoda Plecopteros Nemouridae 7 Nemouras
Arthropoda Plecopteros Leuctridae 10 Perla Moscas das pedras
Arthropoda Plecopteros Taeniopterygidae 10 Taeniopteris Perla
Moscas das pedras
Arthropoda Tricópteros Beraeidae 10 Tricóptero
Arthropoda Tricópteros Brachicentridae 10 Tricópteros
Arthropoda Tricópteros Calamoceratidae 10 Tricóptero
Arthropoda Tricópteros Glossosomatidae 8 Tricóptero
Arthropoda Tricópteros Goeridae 10 Tricóptero
Arthropoda Tricópteros Leptoceridae 10 Tricóptero
Arthropoda Tricópteros Molannidae 10 Tricóptero
Arthropoda Tricópteros Limnephilidae 7 Tricóptero Casulo
Casullo
Arthropoda Tricópteros Lepidostomatidae 10 Tricóptero
Arthropoda Tricópteros Odontoceridae 10 Tricóptero
Arthropoda Tricópteros Phiryganeidae 10 Tricóptero
Arthropoda Tricópteros Polycentropodidae 10 Tricóptero
Arthropoda Tricópteros Rhyacophilidae 7 Tricóptero
Arthropoda Tricópteros Sericostomatidae 10 Tricóptero
Arthropoda Tricópteros Thremmatidae 10 Tricóptero Threma.
O máis interesante da fauna galega.
Arthropoda Dipteros Athericidae 10 Aterix
Arthropoda Dipteros Blephariceridae 10 Blefarícera
Esta tabla pode darnos unha idea, o analizar a primeira vista o canle dun río, da calidade das augas.
-------------------------------------------------
O IHF é o Indice calidade do habitat acuático
Mide varias cousas que suman ata 100
Os resultados son
IHF < 40 mal
40 <IHF <60 Normal
IHF>60 Excelente.
Está é unha idea das súas puntuacións:
As sedimentacións, as pozas, estudio das inclusións (son os fenómenos de recheo de espaciós entre pedras, zoas de area, etc) etc canto maior sexan estas zonas e máis variadas, mellor para fauna e polo tanto máis calidade. Puntuación entre 0-10
Os rápidos e as súas formas, a menor distancia entre rápidos puntua máis, entre outrasetc 2-10
Cantos rodados-limo, etc cantos máis máis puntuación. Cero as levadas de cemento por exemplo. 0-10
Diversidad, velocidad, profundidade. Canta maior diversidade e variedade mellor puntuación. 4-10
Sombras, soleadas, etc. Maior puntuación mismo número de soleadas que de zonas con sombra, ou sexa a diversidade... 3-10
Hetereoxenidade troncos, ramas, raíces, etc. Puntuan máis cando hai un pouco de todo. Cando hai moitas follas por exemplo un 75% puntua menos, xa que é peor. 0-10
Convertura vexetal variada tipo Esta é máis dificil de punturar xa que influe moito a cobertura que hai no río con moitas ramas etc. que vai en contra do habitat. Puntua entre 0-30
----------------------------
Por último:
Na parte fisico-química mídese o PH da auga, o osíxeno disolto, a temperatura,, os nutrintes, etc.
Na parte de hidromorfoloxia estudianse os azudes, presas, bosque de ribeira, etc.
------------------------------
Para profundizar sobre estos temas utilizar este link.
-------------------------------------------------------------------