Equus asinus. Burro fariñeiro. (Asno)

Palabras relativas o burro no pobo de  Hermisende (Zamora), que é un pobo fronteira entre a provincia de Ourense e Zamora, tamén con Portugal.

O traballo é como indico abaixo de José Rodríguez Cruz; é sobre a fala e as costumes deste pobo, zamorano pero casi Ourensán. Paréceme que este traballo, sensacional,  ven a ofrecer a ficha do Burro Fariñeiro unha serie de palabras que en realidade son moi parecidas as de calquera pobo de Galicia; e que lle faltaba a ficha.

O burro parece catalán, máis ben parece unha burra, xa que ten moita envergadura, dende logo non é fariñeiro, pero é o de menos...

 

O burro

O burro, animal necesario, de axuda importante para  o labrego, contribuíu de maneira especial no plano agrícola e gandeiro de San Ciprián de Hermisende, portando pesadas cargas, e incluso arando, xunguido a unha vaca cun xugo mixto ou con outro burro (coxugo dos burros). No burro, empregado como medio de transporte, íase ás feiras que se facían no entorno, empregouse no contrabando, portando variadas cargas a traveso da raia fronteiriza, dos lugares, traendo leña para a casa, herba...

Albarda: Aparello dos burros.

Amata: Ferida que lle produce o roce do aparello ó burro.

Aparellar: Pórlle os aparellos ó burro. Pórlle a albarda, os ganchos, o serón...

Arado dos burros: Arado ó que se xunxían os burros para arar.

Burro blanco: Dise do burro que ten a pelaxe clara, abrancazada.

Burro cardino: Dise do burro que ten a pelaxe mesturada de cor branca e negra.

Burro negro: Dise do burro que ten a pelaxe de cor negra, escura.

Cabeceiro: Especie de aparello, feito de coiro, posto na cabeza do burro ó que se ata o ramal para conducilo.

Casco: Dise da parte das unhas do animal.

Cincha: Cinta de coiro para atar a albarda ó burro.

Corte: Cuadra. Curral. Lugar onde se garda o burro.

Chegar: Achegar. Cubrir o burro á burra.

Ferradura: Peza metálica que se lle pon ó burro e a outras bestas nos cascos para protexelos.

Ganchos: Especie de aparello ou angarilla feito de madeira onde leva a carga o burro.

Ornear: Emiti-la súa voz o burro.

Ramal: Corda para conducir o burro.

Revolquillarse: Revocarse un burro no chan.

Serón: Aparello dos burros feito de cáñamo. Sin. Sera.

Trabar: Pexar o burro coa trabe.

Trabe: Aparello (cadea) que se lle pon ó burro na parte baixa das patas, contra os pés, co fin de inmobilizalo e que non marche dun prado.

Xugo dos burros: Xugo especial no que se xunguían dous burros para arar unha terra.

Xugo mixto: Xugo especial no que se xunguía un burro e unha vaca para arar unha terra. Con relación a este aparello perdura no lugar un dito:

«Contaban que en tempos un paisano acostumaba xunxir un burro e unha vaca a un xugo mixto para facer o traballo da labranza, pero, aconteceu que unha vez que se lle puso malo o burro, non se lle ocurriu outra cosa que xunxir a muller ó xugo.

 

Nota: traballo copiado do estudio:

Que figura en internet como un pdf, que se pode baixar libremente. Un traballo de moitas horas e días...

Hermisende é un pobo que lle teño moito cariño e que eu vistei varias veces para pescar o seu sensacional río o Tuela. Logo deixei de facelo xa que por catro troitas que deixaban coller os gardas de Castela-León non merecía moita a pena. O río hai que pasar o viaducto de Tuela, en Lubián e coller a dereita.  Pero o río maravilloso. Non descarto volver...

salir.jpg (922 bytes) Saír.