O Equus asinus: en libros de fai anos

Inicio así un apartado que pode resultar moi interesante para completar a ficha do burro fariñeiro, e por suposto do burro en xeral.

Nesta ficha farei un resumen de libros xa publicados fai anos,  e que logre ter nas miñas mans,  e que teñan datos interesantes sobre o burro.

 

Comenzo a colección con este libro atopado na Feira do Libro antiguo da Coruña:

Máquinas animais de Zacarias Salazar. 1950

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MÁQUINAS ANIMAIS DE ZACARIAS SALAZAR.

O libro é moi curioso: trata sobre todo o relacionado cós animais que o home pode usar como máquinas nos seus traballos, dende a alimentación en réximen de descaso ou de traballo , valor nutritivo dos alimentos, gasto mínimo dos animais en alimentación, a súa producción por exemplo de carne, producción de leite, necesidades nutritivas para que rendan no seu traballo e un longo etc.

Como non podía ser menos o burro figura tratado, en moitos capítuos deste libro, inda que non tanto como quixera, xa que moitas veces figuran os datos referidos os cabalos que non é o mesmo.

Recollo polo tanto algunhas cousas curiosas:

Alimentación: a súa leite

Moito sen ten falado da leite de burra, das súas propiedades e composición. Neste libro trae unha tabla comparativa que complementa a miña ficha ficha sobre o burro, e na que compara la leite de burra con outras:

Especie Agua Lactosa Caseina Grasa Materia

 Mineral

Relación

 Nutritiva

Días para duplicar

el peso.

Vaca 87.5 4.5 3.4 3.5 0.8 1:3.3 50
Oveja 82 4.5 6 6.5 0.9 1:3.3 12
Cabra 83.5 4.5 3.75 4.5 0.75 1:4 20
Burra 89 7 1.6 2 0.4 1:7 80
Yegua 90 6 2.5 1.1 0.3 1:3.4 65
Camella 87 5.8 3.7 2.9 0.6 1:3.5 60
Cerda 81.5 4 7 6.5 1 1:2.3 10
Coneja 73.5 3.8 10.5 9.5 2.5 1:2.7 6
Perra 77 3 9 9 1.3 1:2.7 9
Mujer 87 6.5 2 4 0.3 1:7.8 180

Das caracteristicas da táboa está claro que a leite de burra é das que menos grasa ten, e por suposto máis auga.

 

Alimentación: normas alimenticias por día e 100 kg. de peso.

Sobre este apartado especifica unha táboa para ganado mular, asnal e cabalar. Únicamente recollo como curiosidade o dito sobre o ganado asnal que é o que nos interesa. As normas alimenticias veñen dadas por día e 100 kg de peso.

GANADO

ASNAL

Materia seca

 Kgs.

Prótidos

Kgs.

Lípidos

Kgs

Glúcidos

Kgs

Almidón

Kgs

Relación

nutritiva

Traballo medio 2.5 0.08 0.01 1.1 0.65 1:13
Sostenemento 2.6 0.055 0.01 0.8 0.65 1:15
Burras vacias en

Traballo medio

3.2 0.12 0.05 1.25 1 1:11
Reproductoras 2.1 0.23 0.05 1.04 1.09 1:5

Tamén é básica a ración de auga así como os gramos de cloruro sódico:

O asno debe beber 40 litros diarios de auga pura e sin contaminar, por regra xeral. Debe darse na mitade de cada comida.

20 grs. de sal diaría é a cifra que especifica. A sal pode mezclarse có pienso ou pondo bolsas nos pesebres.

Subir.