DOUS BURROS OS INQUILINOS MÁIS VISITADOS DA TOXA

Seica os burros fariñeiros que se atopan no Parque da Toxa chámanse Emilia e Pardo en honor a gran escritora galega Emilia Pardo Bazán que deu conta da historia que fala dun burro que sobreviviu na isla prácticamente soio cun pouco de céspede e a auga milagrosa do balneario.

Contan que o burro abandonado no seu día apareceu o cabo de meses san e en bon estado de saúde, gracias por suposto a auga que bebeu.

Hoxe no Parque da Toxa están instalados dous burros fariñeiros e dicen que é moi probable que Emilia esté esperando un novo burriño, que seguramente se chamaría Bazán por aquelo do nome completo.

Toda unha historia.

Na zona hai o Parque da Toxa que merece a pena descubrir:

Folleto do Parque da Toxa, suministrado por Mar Outeiral, que coñecín fai uns días na Toxa, concretamente no Gran Hotel da Toxa, onde traballa, e a quen mando dende esta web un cariñoso saúdo pola súa amabilidade e a excelente información que me suministrou sobre o Parque da Toxa e os burros fariñeiros que hai nese parque.

Este é o itinerario do Parque.

O parque merece a pena recorrelo xa que está montado en base a semellar un libro ecolóxico, con paneis informativos que explican a historia da Isla: como era fai 90 anos, como eran os antepasados do Parque, que ten que ver o parque e a ponte construida. O pinar da Isla da Toxa, no Grove (Pontevedra), con pinos centenarios garda moitas historias que se poden descubrir facendo un percorrido marabilloso...

Nunha das zonas, preto da Ponte de Toxa atoparedes os burros fariñeiros Emilia e Pardo e quizais o pequeniño Bazán...

Este é un video que atopei sobre o tema en internet e que fala destos burros e da historia contada por Emilia Pardo Bazán. O video é da CTVG.

 

Saír