Guiada da man dun soño
a Primavera chegou.
E todas as andoriñas
no ceo azul convocou!
Todo é voar e voar
e andar de aquí para alá.
Todo nun ir e nun vir
dende aquí deica acolá!
Voan pra riba, pra baixo!
Van ao alto, van ao
fondo!
Voan en liña seguida,
en picado e en redondo!
Andoriñas en concello
sobre dun poste pousadas,
Que de palabras secretas
e razóns apaixonadas...!