O pardal é moi humilde.
Moi humilde e pobretón.
Sempre anda pía, pía
sen dicir unha canción!
O pardal é moi humilde
e anda sempre mal vestido
E non ten porte fermoso
nin vistoso colorido...!
O pardal é moi pobriño
nunca sae de viaxe.
O pardal e tan pobriño
que somentes ten un traxe!
O pardal viste de gris,
o pardal viste cincento.
Seu tristeiro pío, pío,
non tem aires de lamento?