Fringilla coelebs. 

Pimpín común. (Pinzón vulgar).

Este paxaro atopámolo prácticamente en calquera lugar de Galicia: fragas, xardíns, soutos, terras de cultivo, etc.

Realmente é moi esbelto e conta cunha coloración marabillosa.

É do tamaño dun pardal. Ten o pico cónico apropiado para comer grans, e tamén ten  a cola gallada.

É gregario, ou sexa andan moitos xuntos.

A femia é distinta do macho,  é máis parda.  A esquerda é un macho.

Ten un canto especial.

Ver características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír                       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pimpín común: características.

Nome Científico Nome galego e outros. Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitats
     
Alimentación Niños Protección
     
Vese nos meses de ... Interés Canto                     
     
Curiosidades.  Videos Fotografía

 

salir.jpg (922 bytes) Saír              

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico:

macho

Fringilla coelebs

 

Taxonomía:

Reino: animalia

Clase: Aves

Orden: Passeriformes.

Familia: Fringillidae

Xénero: Fringilla

Especie : Fringilla coelebs.

 

Femia.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Pimpín común. 

En Galicia ten moitos máis nomes:  Pimpín, peu, pimpiniña,  pimpón, chasco, chincarro, chincharro,  chinchín, chincho, chinchón, chinchorra, cuncheiro,  maceiriña, maceiro, maceirudo,  tentillón, tinque, trigao, trigueiro, etc.

 

Nota: en Portugal chámanlle Tentilhao comum, en Cataluña chámase Pinsá común e en Euskadi Txonta arrunt..

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Pinzón vulgar.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

Sobre 14 cms. Pesa 15 grs.  Ten unha envergadura media sobre 26 cms.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

O macho ten a cabeza azul e o resto vermella. Realmente paréceme moito o pardal, pero é moito máis fermoso.

A femia é parda verdella e un pouco máis clara por abaixo.

O voo é forte e ondulante.

Voz moi característica "pin-pin"

Ten un canto especial.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Preferentemente insectos, arácnidos e bagas e pequenas sementes.

Gústanlle moitos as eirugas.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

É bastante común en toda Galicia.

Pode atoparse en calquera lugar: fragas, xardíns, soutos, terras de cultivo, campos ermos, etc.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Niños:

Niños:

Anida en árbores e arbustos.

Pon entre 3 a 6 ovos brancos sucios.

Choca a femia sobre 15 días e deixan o niño en outros 15 días.

Dúas roladas.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses:

Vese nos meses de :

Todo o ano.

Preferentemente de abril a xullo.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Interés:

Moito.

Entra en Galicia polo norte preferentemente en grupos moi numerosos e cara o mes de outubro.

Téñense contado ata 6000 exemplares nunha destas entradas.

Nos anos fríos a súa abundancia é espectacular. Fuxen do norte de Europa e veñen a lugares máis cálidos.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Protección:

Non está protexido.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Como canta

Como canta:

 

A voz de alarma é un pin - pin .

O seu canto e moi variado e fermoso.

Ten un canto especial.

Máis cantos do pimpín.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Curiosidades.

 

O pimpín é moi gregario, ou sexa andan moitos xuntos,  fora das épocas de cría, nesta época o macho acompaña a femia para apartar os intrusos e axuda desta forma.

 

 

O seu canto é bastante coñecido xa que se utiliza de fondo en moitas películas por exemplo en "Abeja Maya".

"Facer o pimpín" é unha frase que utilizábamos moito de pequenos e a tradución é facer o parvo ou facer tonterías.

Podedes oir o canto neste link. Canto do pimpín.

 

 

Ir a características

Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar. Tamén utilizo o libro "As aves do río Gafos" de Ramón Sineiro.

 

 

 

 

 

 

FOTOGRAFÍA

https://www.fotonatura.org/galerias/fotos/usr17692/11835027FM.jpg

Ir a características

Saír