| 
		
		Larus
argentatus.  
		Gaivota clara.
(Gaviota argéntea). 
		 Remato esta relación cunha ave que fai anos non se vía
      en Ourense, chegaron na década dos anos oitenta. Hoxe (2002)
    o río Miño en Ourense está cheo delas. É unha auténtica plaga. Trátase
      da gaivota clara e da patiamarela. ¿ Por que será?. Sin dúbida, si se ven no río Miño é  por que non vai limpo. Non é normal. En novembro do 2003 xa son moitas menos: pecharon o
      vertedeiro de Eiroás. En decembro do 2005 xa se ven moitas menos... En Ourense vense gaivotas de dous tipos a
		chorona
      común e a gaivota clara. Hoxe son un
      auténtico problema en Ourense.(No ano 2006 xa hai menos). Inda quedan no 
		2020 pero moitas menos. 
		Ve-las características.    Saír 
                                                   As 
gaivotas: características. 
  
  
    
      | Nome 
		científico | Nome 
		científico 
		 Larus ridibundus Linn. 
		Taxonomía: Clase: aves Orden: Charadiiformes Familia: Laridae Xénero: Larus  
			  Especie: Larus ridibundus     
		
		 Ir a 
		características              |  
      | Nome
        galego | Nome galego: 
 Gaivota chorona común.   
			
				Outros nomes: en Portugal Guincho, en 
				Cataluña Gavina vulgar e en Euskadi Antxeta mokogorri.     
		
		 Ir a 
		características                        |  
      | Nome
        castelán | Nome 
		castelán: 
 Gaviota reidora común.     
		
		 Ir a 
		características                                |  
      | Dimensións | Dimensións: 
		 35-38 cms. Sexos iguais.     
		 Ir a 
		características                          |  
      | Identificación: | 
			Identificación: 
			 A plumaxe cambia de inverno a verán,
        de feito a plumaxe estival ten a cabeza achocolatada cun anel ocular
        branco. En voo destaca o que se ve,  unha mancha branca en cuña con beira
        negra. 
			 Plumaxe de inverno. É moi
        característico a manchiña negra preto do ollo. ( Non é tan branca, a
        foto non está ben. As ás son grises). Mellor esta foto: 
			 Tamén a seguinte: 
			 Plumaxe de verán. Importante: a gaivota reidora 
		parece, en tamaño, unha pomba, pouco máis.       
			 Ir a 
		características                        |  
      | Alimentación: | 
  
      Alimentación: 
	 Aliméntase de desperdicios, sobre todo
      dos basureiros. Tamén come peixes, cangrexos e moluscos. Realmente come
      de todo xa que as veces métense nos lugares de labor e comen miñocas e
      insectos.   
	 Ir a 
		características                      |  
      | Habitats: | 
			Habitats: 
			 Cada día vense menos. Eu penso que
        morren a maus da gaivota clara. É unha opinión persoal sin  moito
        fundamento, pero ahí queda.  Vese moito na beiramar e nos encoros do
        interior.  Vese en toda a cunca do río Miño e o río Sil. Persoalmente vín unha parella desta gaivota no 
		paseo das ninfas o día 17/10/2005. 
			 Familia de choronas en Ourense. Novembro 2005 Como invernantes estímase unha población de
        20.000 individuos.
			       
			
			 Ir a 
		características                              |  
      | Niños: | 
			Niños: 
			 Aniña no chan preto da auga.  Pon a finais de maio 3 ovos que chocan os dous
        sexos durante 25 días. Os pitos voan as 6 semanas.       
			 Ir a 
		características                        |  
      | Vese
        nos meses: | 
			
			Veses nos meses de ... 
			 Vese todo o ano.     
			 Ir a 
		características                              |  
      | Curiosidades: | 
			Curiosidades: 
			  As gaivotas están sendo un problema en
        Ourense, pero sono en toda Galicia. Hai moito vertedeiros incontrolado
        por toda Galicia e esta especie vai para arriba cada vez máis.
			 Na fotografía pode verse a orilla chea de
        gaivotas. A fotografía está sacada en Ourense por debaixo da ponte
        romana-medieval (2002). Tamén se ve unha garza no medio do río.   
			 Ir a 
		características                          |  
      | Oir
        como canta e ampliar datos. | 
			
			Oir como canta: 
			Pódese
        visitar esta páxina www. para oir como canta a gaivota e o mesmo
        tempo ver outras fotografías e ampliar datos.  
			Hai tamén un video.   
			 Ir a 
		características            |    
Fotografías no río Miño. Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M.
Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar. 
 Choronas no paseo das Ninfas. Río Miño en Ourense. 
Novembro do 2005.     
 Ir a características                                      GAIVOTA CLARA. 
 
  
  
    
      | Nome 
		científico | 
		Gaivota clara. Nome científico 
		 
			
				Fotografía Kiko Arcas. 
				Desembocadura do río MIño. La Guardia. Galicia. Larus argentatus Pontopp. 
		Taxonomía: Clase: aves Orden: Charadiiformes Familia: Laridae Xénero: Larus  
			  Especie: Larus argentatus     
		
		 Ir a 
		características              |  
      | Nome
        galego | 
		Gaivota clara. Nome galego. 
		 
			Gaivota clara. (Tamén Gaivota 
		patiamarela, inda que algúns autores falan de outra gaivota si ten as 
		patas amarelas). Outros nomes: en Portugal Gaivota de patas 
			amarelas, en Cataluña Gaviá argentat e en Euskadi Kaio hankahori     
		
		 Ir a 
		características                        |  
      | Nome
        castelán | 
		Gaviota clara: nome castelán 
		 Gaviota argéntea.       
		
		 Ir a 
		características                        |  
      | Nota sobre as gaivotas en Ourense: | 
			
			Gaivota 
		clara: Nota sobre as gaivotas en Ourense. 
			 Nesta denominación utilizo a 
		bibliografía que aparece abaixo. Efectivamente observo que algúns 
		autores distinguen a gaivota clara da gaivota patiamarela, a primeira 
		como Larus argentatus e a segunda como Larus cachinnans. A bibliografía 
		usada engloba as dúas inda que fai referencias a subespecies. Hoxe considérase que son a misma. Para os non especialistas decir simplemente que as 
		duas son prácticamente iguais salvo que o parecer unha ten as patas 
		rosadas (Larus argentatus) e outra as patas amarelas (Larus cachinans). No que sigue describo a Gaivota clara, pensando que 
		é a misma que a gaivota patiamarela. |  
      | Dimensións 
		e outras: | 
			
			Gaivota clara: dimensións. 
			 55 cms. 900-1300 grs. Sexos semellantes. Poden vivir ata 20 anos. A media é de 13 anos.     
			
			 Ir a 
		características                        |  
      | Identificación: | 
  
      
		Gaivota clara: identificación 
	 Eu penso que si se ven no interior non
      teñen problema de identificación. 
	 Son grandes, moi grandes. Os adultos
      teñen as partes superiores cincentas prateadas coas puntas das ás
      negras. Na cola ten manchiñas brancas, sendo a 
	cola negra. O peteiro é moi grande e amarelo.
      Teñen unha mancha bermella no extremo inferior do peteiro. 
 Ollos amarelos. O resto vese na figura. Os inmaduros teñen unha cor distinta,
      máis oscuros. 
 Fotografía de Christoph 
	Moning  Nesta fotografía vese no 
	centro un inmaduro de 1º ano, observar que o pelo e pardo apencado.  No 
	segundo ano xa se fan máis grises. O seu grito: "kyau" e tamén
      "kiaya kiaya kiaya kiayu"     
	 Ir a 
		características                                  |  
      | Alimentación: | 
			
			Gaivota clara: alimentación 
			 No mar está claro: aliméntanse de peixes. O que nos interesa nos ríos e ciudades: Aliméntase de desperdicios, sobre todo
      dos basureiros.  Realmente come
      de todo, incluso fan expolio de niños.  Comen de todo o que atopan, incluso vertebrados 
		vivos e outras aves. Así: ratóns e ratas, palomas e un longo etc. No río comen de todo dende vexetais ata peixes.     
			 Ir a 
		características                        |  
      | Habitats: | 
			
			Gaivota clara: Habitats 
			 Por suposto que esta gaivota vese moito nas costas, 
		é unha ave marina sin lugar a dúbidas. Pero dende fai uns anos vese 
		moito tamén no interior. Vese, polo tanto,  moito o lado dos ríos nas ribeiras, por
        suposto nas penedias e, como non,  nos basureiros.  En Ourense por Quintela e xunto o paseo
        das ninfas, teñen algúns penedos convertidos a brancos das súas
        cagadas . É incrible o número delas que hai. Son un auténtico problema. En Galicia van a máis
        fálase de 70-80.000 exemplares segundo o ano. Eu penso que pasan con
        moito das 100.000.
			 Hoxe están criando nos tellados das casas. Foron, polo menos en 
		Ourense,  unha auténtica plaga. No 2005 van a menos.     
			
			 Ir a 
		características                          |  
      | Niños: | 
			Gaivota clara: niños. 
			 Cría colonial no chan das illas, nos
        acantilados e mesmo, como non, nos tellados das casas.  É un número ver como alimentan a súa niñada,
        son cariñosísimas. Os pequenos fan un canto especial para pedir a
        comida. A nai ou o pai ponse preto deles e vomitan o que lles da a gana
        do que comeron. É un auténtico espectáculo velas. 
			 Moitas veces os pais vomitan o que traen ou ben, 
		como se ve na fotografía, os fillos collen a comida da misma boca. 
			 
				Aquí entra en xogo o punto bermello do pico. 
		Efectivamente ese punto é utilizado para solicitar o alimento. Os fillos 
		pican e pican esa zona. Logo ven a aprendizase do vo que é outro
        espectáculo. Pon 2-3 ovos que chocan o macho e a femia durante
        26-28 días, os polos voan as 6 semans. Fan unha vixilancia incrible, nunca deixan a niñada 
		fora da vista, ben do macho ou da femia. Cando están nos niños as gaivotas vólvense moi 
		agresivas. Esto é unha cousa que hai que ter en conta. Por certo as gaivotas son monógamas, ou sexa as 
		parellas sono para toda a vida.     
			 Ir a 
		características                            |  
      | Vese
        nos meses: | 
			
			Gaivota clara: veses nos 
		meses de... 
			 Todo o ano. Como invernante vese tamén
        no interior. As gaivotas son moi boas voadoras. Inda que non o 
		pareza. Efectivamente son capaces de cazar en voo e fan tamén voos 
		rasantes nos ríos moi espectaculares. 
			Ver destes tipos de espectáculos cando se lles tira 
		pan os parrulos no río Barbaña en Ourense, logo veñen as gaivotas a 
		collelos e precisamente con voos rasantes que son moi espectaculares.       
			
			 Ir a 
		características            |  
      | Curiosidades: | 
			
			Gaivota clara: Curiosidades: 
			  As gaivotas están sendo un problema en
        Ourense, pero sono en toda Galicia. Hai moito vertedeiros incontrolados
        por toda Galicia e esta especie vai para arriba cada vez máis.
			 
			  En Ourense búscanse solucións, incluso se fala de
        falcóns, unha barbaridade que non da resultado. O caso é que cada día son
        máis e están a constituir un problema moi serio. Na fotografía sacada polo autor da www vense un
        grupo grandísimo de gaivotas xusto debaixo da Ponte Vella , no río Miño en Ourense. Nun barrio de Ourense incluso instalaron un
        cañón, por certo moi efectivo, para que non se pousen nos seus
        tellados. Incríble.
			 En Ourense en agosto do 2004 están moi reducidas; 
        sin dúbida o peche do vertedoiro fixo disminuir moitísimo o número de
        gaivotas.
			 
			 
			As gaivotas son unhas aves moi queridas por moita 
		xente, realmente son moi bonitas. O que pasa que últimamente son moi 
		abondosas e pásanse un pouco. 
			As gaivotas indicaban e siguen a indicar os pescadores, mariñeiros e 
		navegantes que a terra está moi preto. 
			En moitas ciudades hai monumentos dedicados a esta 
		ave. Por exemplo na Coruña. 
			 
			Fotografía da zona de Riazor.     
			
			 Ir a 
		características                            |  
      | Oir
        como canta e ampliar datos. | 
			
			Gaivota clara: 
		canto, ampliar 
			 
			Pódese
        visitar esta páxina www. para oir como canta a gaivota e o mesmo
        tempo ver outras fotografías e ampliar datos.      
			 Ir a 
		características              |          Gaivota 
clara: fotografía Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M.
Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar. 
 Fotografía Kiko Arcas. Desembocadura do 
río MIño. A Guardia. Galicia. 
		 Ir a 
		características  |