Sambucus nigra L.

 Sabugueiro. (Saúco).

Fotografía do autor da www.

O sabugueiro é un arbusto que non pasa dos 10 metros, vese moitísimo á beira dos ríos galegos.  En Ourense cidade hai moitos a beira do río Miño e tamén no río Barbaña.

O seu aspecto é inconfundible. Fai anos os rapaces facíamos de todo co sabugueiro, cerbatanas, tiratacos e ata flautas. Posiblemente como planta medicinal sexa unha das máis importantes.

As flores o froito e a cortiza teñen moitos usos domésticos como purgantes, para facer inhalacións, insecticidas, cicatrizantes,  diuréticas,  sudoríferas,  antiinflamatorias,, depurativas,  laxantes, para facer tintes, etc.

É unha árbore onde no  vello Courel non había casa que non tuvera un sabugueiro, falamos antes de que houbera farmacias, a infusión dos froitos e os xaropes son estimulantes do sistema inmunolóxico (Remedios da nosa horta medicinal de María Frá.)

Na fotografía sabugueiro na Serra de Queixa, por Taboazas en Chandrexa de Queixa.

Ver características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír                

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SABUGUEIRO.

Fotografía de Josep María Barres.Libro "Conocer las plantas medicinales".

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitat
     
Flores Froito Tronco
     
Interés Planta medicinal Outros usos
     
Curiosidades Fotografía Bibliografía

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Nome científico:

Sambucus nigra L.

Taxonomía:

Clase: Magnoliopsida

Orden: Dipsacales

Familia: Adoxaceae

Xénero: Sambucus

Especie: Sambucus nigra

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nomes galegos:

Nome galegos:

Sabugueiro,  bieiteiro, baiteiro, sabugo, sauco, sabugiño, etc.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Nome castelán:

Saúco.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Dimensións:

Fotografía de Marc Carriére. Gracias.

Trátase dun pequeno arbusto que pode chegar ata 10 metros. Xeralmente entre 2 a 5 metros.

 

Ir a características

 

 

 

Identificación:

Identificación:

Eu penso que é bastante doada a identificación sobre todo cando presenta o aspecto da fotografía, xa coas flores. Sin elas non é tan doado. As follas son compostas e opostas, lanceoladas e aserradas, de 5 a 7 folíolos.

As follas son moi grandes, ata 30 cms. caedizas.

No dibuxo resumen de Henrique Niño Ricoi e  Calros Silvar (sensacional) pode verse distintas caracterícticas básicas.

O dibuxo aparece no libro Guía des árbores de Galicia, un libro básico para o que queira profundizar no estudio das árbores galegas.

É típico do sabugueiro que teña o miolo das pólas e tronco moi blanco e mol. Así os rapaces fan despois as xeringas, etc.

Frolece dende primeiros de primaveira e frotifica xa a primeiros do verán. Na fotografía, sabugueiros na zona de Rubián, en Lugo. Xunio do 2002.

Fotografías do autor da www.

 

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Habitats:

Habitat:

Sempre en lugares frescos e húmidos, polo tanto, a beira dos ríos é un lugar especial para os sabugueiros.

 

Ir a características

 

 

 

 

Flores:

Flores:

As flores son hermafroditas, pequenas e despiden unha suave aroma, dende logo non moi agradable.

As flores agrúpanse en corimbos (infrolescencias compostas) terminais de 10-25 cms. tamén moi característicos deste arbusto.

Fotografía de Bomen, heester.

As flores levan unha corola de cinco pétalos moi blancos.

As flores son bastante olorosas.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Froito:

Froito:

Os frutos son boliñas negras ou violáceas de 7 mm.

Florece dende primeiros da primavera, e froitifica xa a primeiros do verán.

Fotografía de Josep María Barres.Libro "Conocer las plantas medicinales".

Os froitos xa se ven, unhas boliñas, técnicamente unha drupa entre 6-8 mm., blobosa, negra.

Por certo os froitos hai xente que os come cocidos e confitados. O parecer son aperitivos e depurativos.

Ir a características

 

 

 

 

Tronco:

Tronco:

O tronco e grisáceo e verrugoso, as pólas son fráxiles.  A corteza é corchosa, agrietada e pardo grisácea.

 

Ir a características

 

 

 

 

Interés:

Interés:

Dende logo este arbusto é moi importante en Galicia, soio así se explica que teña máis de trinta nomes distintos : naiteiro, beleiteiro, beneito, biateiro, biauteiro, bieiteiro, bieito, bineito, binteiro, biouteiro, birouteiro, biuiteiro, pau virandoiro, sabuco, sabugo, sabugueiro, sabuguiñoa, sambuco, samugueiro, samuxeiro, sango, vieiteiro, vinteiro, viouteiro, viradoiro, virouteiro, xabucu, cabugo, xabugu, etc.

Fonte "Nomenclatura Vernácula da Flora Galega Xunta de Galicia.

Incrible.

É unha árbore onde no  vello Courel non había casa que non tuvera un sabugueiro, falamos antes de que houbera farmacias, a infusión dos froitos e os xaropes son estimulantes do sistema inmunolóxico (Remedios da nosa horta medicinal de María Frá.)

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Como planta medicinal:

Como planta medicinal:

Fotografía de Josep María Barres.Libro "Conocer las plantas medicinales".

Está clara a súa importancia ( ver párrafo anterior) efectivamente, dende o punto de vista medicinal vale para todo: As flores teñen propiedades diuréticas, sudoríferas e emolientes. Os froitos son laxantes.

As flores teñen moito nitrato potásico, mucilaxe, aceite, en fin, de todo.

Os froitos ademáis conteñen azúcar, pectina, ácidos orgánicos, vitamina C, en fin de todo.

As infusións das flores úsanse para todo: afeccións respiratorias, gripes, catarros e laxantes.

Seica se usan tamén para dores de cabeza: un puñado de flores frescas en remollo de vinagre ( 15 minutos). Ponse sobre unha tela e aplícase na frente. Especial para o dor de cabeza.

As follas tamén aparte de sudoríferas e purgantes, cocidas son moi boas para cataplasmas contra as almorranas.

Externamente úsase en locións de baños oculares en dermatose, feridas, queimaduras, farinxite e conxuntivites.

A casca é sensacional como laxante.

Hai xente que cós frutos moi maduros fai un xarabe, especial como laxante.

Seica tamén que as follas usábanse para escorrentar as moscas dos cabalos. Facíase un feixe destas follas e levábase cando se cabalgaba. Seica o cheiro fai que as moscas  non queiran saber nada dos cabalos.

 

Ir a características

 

 

 

 

Outros usos:

Outros usos:

A madeira, que se conserva moitísimo tempo dentro da auga ou fora, serve para facer estacas.

Ollo, o froito tamén se utiliza para darlle sabor, tipo moscatel, o viño.

Tamén para oscurecer o viño.

Os rapaces, eu dende logo fun un deles, fabricábamos cerbatanas, tiratacos e frautas, de todo. Eu dende logo lémbrome de fabricar cerbatanas ( cuspíamos a través dun tubo de sabugueiro, con moita forza, por certo en Ourense había moitos nos "catro camiños", hoxe a rúa de Bedoya )

Para rematar en Bélgica fan có froito do sabugueira unha cerveza que recibe o nome de Cerveza Blierke.

 

Ir a características

 

 

 

 

Curiosidades:

Curiosidades:

Fotografía de Marc Carriére. Gracias.

Sambucus nigra é o nome científico, sambucus deriva de sambuca que é un instrumento musical romano, parecido á arpa, que precisamente se construía coa madeira desta árbore.

O de nigra venlle pola cor dos seus froitos.

 

Ir a características

 

 

 

Bibliografía

Fonte: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar. 

Tamén:

Conocer as Plantas Medicinales. de Cuerpomente.

"Guía das plantas medicinais de Galicia", Antonio Rigueiro e outros.

Por suposto o libro Flora de Galicia, de Xosé Ramón  Garcia. Outra xoia.

Ir a características

 

 

 

Fotografías

Fotografía ampliada dun sabugueiro na Serra de Queixa en Chandrexa. Ourense.

Ir a características

 

 

 

 

 

flecha.jpg (1049 bytes)  Subir.