Ulmus minor.

Ulmeiro. (Olmo común)

Chega ata 30 metros xa que as pólas son moi longas.

En Ourense é moi abondoso na zona do Barco.

Na zona de Casaio chámanse paparrois.

Moi apreciado en construcción.

É unha árbore que está na segunda liña do río, despois dos salgueiros e bidueiros.

Para identificalo convén ve-las follas xa que son moi características.

Ver características 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARACTERÍSTICAS DO ULMEIRO.

 

As follas do ulmeiro son inconfundibles.

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitat
     
Flores Froito Tronco e madeira
     
Curiosidades Fotografías Bibliografía
     
Pps de Adela Leiro e Mon Daporta. Posta ó día ---> 17/01/2013

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico:

Ulmus minor Miller.

Clase: Anxiospermas

Orde: Urticales

Familia: Ulmáceas.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

As follas do ulmeiro son inconfundibles.

Ulmeiro, paparrois, negrillo, lamagueiro, lamigeiro, llamagueiro.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Olmo común.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

 

 

 

Ata 30 metros. O normal está entre 15 a 20 metros. É de folla caduca. A copa é bastante irregular.

Pode chegar a 600 anos. A edade media é de 150 anos.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

Fotografía de Susana Dominguez, que aparece no libro "Árboles de nuestros bosques", que firma con Ezequiel Martinez.

Fotografía de Marc Carrièrre. Sensacional.

 

As follas do ulmeiro son inconfundibles.

Sin lugar a dúbidas esta árbore  identificase polas súas follas xa que xon moi características. Alternas e dispostas en dúas filas. As follas son acorazonadas asimétricas claramente. A base é asimétrica, como pode verse na foto. É verde oscura lustrosa. 

 

 

Sacado da Guía de Arbores deHenrique Niño e Carlos Silvar

 

 

Pero o que mellor o identifica son , como xa dixen, as súas follas ásperas ó tacto, de nervios paralelos e márxens dentadas.

 

 A parte proximal do limbo é  asimétrica e cun peciolo moi corto.

As ramillas teñen bandas suberosas (primeira das fotos), tamén moi típicas.

 

O tronco é dereito e robusto, de cortiza gris oscura.

Volver a características

 

 

 

 

 

Habitats:

 

Habitat:

Esta árbore é orixinaria de Europa, norte de Africa e sudoeste de Asia.

É moi común en bosques e ribeiras sobre todo da provincia de Ourense. Tamén en toda a parte oriental das provincias de Lugo e Coruña.

Na zona de Casaio, en Ourense, chámanse paparrois.

O habitat por excelencia é a montaña media, preto dos ríos e correntes de auga. Trátase dunha especie de gran alzada de máis de 30 m. . Idades centenarias (cerca de 600 anos). 

A edade media, xa está dito é de 150 anos. Non forman masas densas de árbores, soio en pequenas galerías ou rodais.

Hoxe está un pouco enfermo, moitos deles pola "grafiosis" que é unha enfermedade que lles produce a embolia dos vasos conductores da auga.

Realmente póñense as follas moi mal:

Follas enfermas.

Fotografía de Susana Dominguez, que aparece no libro "Árboles de nuestros bosques", que firma con Ezequiel Martinez.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

Flores:

Flores:

Sacado da Guía de Arbores deHenrique Niño e Carlos Silvar

A floración faina entre febreiro e marzo.

Son hermafroditas.

Presenta

uns ramilletes vermellos.

Ver o dibuxo e a fotografía de abaixo.

Flores do ulmeiro. As flores preséntanse en densos glomérulos como se ve na fotografía.

 

Volver a características

 

 

 

 

Froito:

Froito:

 

Sacado da Guía de Arbores deHenrique Niño e Carlos Silvar

 

O froito é unha sámara, primeiro verde e despois parda-amarela. Tamaño moi pequeno entre 1 e 2 cms.

Vese perfectamente no dibuxo da ficha do libro .

Ver no centro abaixo. A semilla está cercana a escotadura.

Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar.

 

Fotografía sensacional do Dr. Hans Jürgen Buhr

As flores dos ulmeiros saen antes que as follas. Son de cor púrpura e sitúanse no alto das pólas, como se pode ver nesta sensacional fotografía.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

Tronco:

Tronco e madeira:

O tronco é dereito e robusto. A cortiza é lisa e marrón tirando a gris.

Copa variable.

A corteza é pardo grisácea ou pardo escura, áspera e moi resquebraxada, esto último é debido a grafiosis, enfermedade xa citada e que ten afectado a esta especie nos últimos anos.

A súa madeira é moi boa cando se mantén húmeda, por eso antiguamente era utilizada para facer barcos, nas conducións de auga, etc.

Densidade Moderadamente pesada.
Utilización Mobiliário: macizo, contraplacado (elementos estructurais, panéis etc.).
Carpinteia : decoración interior; portas; pisos.
Parquets,
Carrocería de luxo.
Torneados, molduras, etc.
Mangos de ferramentas.

Volver a características

 

 

 

Curiosidades:

Curiosidades:

A súa madeira foi moi apreciada en construcción e carpintería.

Tamén ten e tuvo moita importancia en mediciña.

Foi cultivado polos romanos.

A súa madeira é moi boa cando se mantén húmeda, por eso antiguamente era utilizada para facer barcos, nas conducción de auga, etc.

Densidade Moderadamente pesada.
Utilización Mobiliário: macizo, contraplacado (elementos estructurais, panéis etc.).
Carpinteia : decoración interior; portas; pisos.
Parquets,
Carrocería de luxo.
Torneados, molduras, etc.
Mangos de ferramentas.

 

É unha árbore moi apreciada pola súa sombra, por eso aparece nas ciudades galegas que teñen parques "como Deus manda", así no Parque do Carballiño, como no Parque de Lugo, ou no Xardín de San Carlos da Coruña hai olmos. 

 

Volver a características

 

 

 

Bibliografía:

Tronco de ulmeiro.

Fontes: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar.Tamén a guía multimedia para coñecer as árbores , de Barcelona Multimedia.

Algunhas Fotografías son  de Susana Dominguez, que aparece no libro "Árboles de nuestros bosques", que firma con Ezequiel Martinez, do que tamén saco algúns datos.

Tamén utilizo o libro Guía das árbores de Galicia de Marisa Castro, Luís Freire e Antonio Prunell.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

Fotografías:

 

Fotografía sensacional do Dr. Hans Jürgen Buhr

 

Volver a características

 

 

 

Saír.