Moi coñecida. O seu fruto é a abelá.
É unha árbore pequena e moi abondosa, sempre en segunda liña nos ríos galegos.
Fácil de distinguir e atopar. As follas son doblemente serradas.
É unha árbore moi redonda. O tronco é curto.
A árbore é bastante baixa. Abonda moito o longo dos ríos galegos. Tamén se chama avelaneiro e abraira (no Courel)...
Nome científico Nome galego Nome castelán Dimensións Identificación Habitat Flores Froito Tronco Curiosidades Bibliografía A flora de os eidos Actualización: 23/04/2025
Nome científico
Corylus avellana L.
Clase: Magnoliophyta
Orde: Fagales
Familia: Betuláceas.
Xénero: Corylis
Especie: C. avellana.
Nomes galegos
Abeleira, avelaira, avelán, abelaneira, abraira, abeladoira, abelán, abelao, abeleiro, avelairo, aveleiro, etc.
En fín, en galego, ten moitos nomes o que significa que é moi coñecida pola nosa xente. Tamén, xa ó teño dito noutras fichas, demostra a riqueza do idioma galego.
Nome castelán
Avellano.
Dimen- sións
Dimensións:
Trátase dunha pequena árbore, que pode botar ata 9 metros.
As raíces son moi penetrantes.
O tronco e curto pero dereito.
A fotografía é de Alan Hill.
Identifi-cación:
A aA Abeleira é un arbusto non moi grande, xeralmente coa copa ovoide e moi ampla. Inda que é, en xeral, bastante irregular.
Sin lugar a dúbidas esta árbore identifícase polas súas follas xa que xon moi características: alternas, rugosas e ásperas, dobremente aserradas, cunha punta moi peculiar e unha base en corazón. Ten peliños no envés, ou sexa, na parte de atrás.
No dibuxo vense as súas características.
A folla remata en lanza ou cunha puntiña, moi característica, ademais xusto a base son acorazonadas.
As follas son doblemente aserradas
O dibuxo sensacional do Prof. Dr. Otto Wilhelm Thomé Flora von Deutschland Österreich und der Schweiz.
Esta avelaira sacada do libro "Árbores de galicia", está no Parque de Castrelos de Vigo. Vese perfectamente que é unha árbore de copa ancha, non moi alto. Con moi pouco pe.
Habitats:
Atópase fácilmente en lugares sombríos e frescos, hai moitos a carón dos ríos galegos, non en primeira liña (inda que tamén se ven as veces).
Vese moitísimo na provincia de Ourense, na zona oriental (sobre todo polo Barco, Chandrexa de Queixa, etc.) e tamén en Lugo pola zona do Courel.
As fotografías desta folla, están feitas a carón do río Navea a 1.100 m. de altura en Chandrexa de Queixa. Concretamente na Ferrería xusto onde se xuntan os ríos Navea e o río Torneiros. Ourense.
Vive entre os cuarenta e os sesenta anos.
Flores: Florece xa o chegar a primaveira. Bota o fruto (a abelá) no outono.
A floración faina entre xaneiro e abril.
Presenta uns ramilletes amarelos, que son as flores masculinas. As femininas son máis pequenas e dan como fruto abelá.
Fotografía de Stan Beesley.
Froito:
As famosas abelás que tanto se utilizan en repostería e como froitos secos. As primeriras en Ourense cómense polo San Lázaro era toda unha tradición. A abelá sae no outono.
O froito é unha abelá. Nesta fotografía de Ame Anderberg figura na árbore e a fotografía de arriba, é a abelá, xa madura e recollida.
Madura a finais do verán ou principio do outono.
Tronco: Tronco:
O tronco é robusto. A cortiza é lisa e de cor marrón tirando a gris.
A copa é variable.
A copa da árbore e densa e irregular por regra xeral.
Cousas curiosas:
A abeleira ou abelaneira tense usado para todo e nunca falta nunha casa de campo: como comestible e de utilidade na repostería ata polas súas propiedades medicinais, pasando pola súa plantación para fixar terrapléns.
Da abelá sácase de todo, dende aceite que se usa como alimento ata pinturas, xabróns, perfumes, etc.
Os paus da abelaira utilízanse para tornar o gando, como varas de man, tamén en cestería e como medicinal as picaduras das cóbregas.
A madeira da abeleira é dura e utilízase para moitas cousas. Curiosamente utilízase para facer carboncillos para dibuxo, entre outras cousas.
É un libro de Javier Guitián que me gusta moito, fai un recorrido botánico polo Courel da man de Uxío Novoneyra, e por suposto escrito por un especialista Javier Guitián que é catedrático de Botánica da U. de Santiago de Compostela, que leva traballando máis de tres décadas no Courel.
Esta publicado no 2014 por Ensenada de Ézaro Ediciones.
Unha pequena xoia que combina a botánica e a poesía. Unha marabilla.
No libro fala da abraira que é como chaman a avelaira no Courel, dice o libriño que as abrairas están moi ligadas a auga e polo tanto aos ríos.
Camiño da Veneria
carreiriño dos dez regueiros!
Cereixas de cornabudo! Abrotias abrairas
/
Eiqui sempre foi bosque.
Nota: poesía de Uxío Novoneyra, onde aparece o cornabudo que é o capudre (serbal dos cazadores) , unha árbora que abando nas beiras dos ríos de Galicia, sobre todo no Courel y Chandrexa de Queixa. As abrotias tamén é unha flor moi abondosa.
Veneria é un pueblo do Courel non moi lonxe de onde eu vou moito de pesca, no río Lor.
O libro citado non so da señal da botánica si non tamén dos lugares onde as podedes atopala. Por exemplo nesta caso fala da parte baixa da Devesa da Rogueira.
Fontes: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar.Tamén a guía multimedia para coñecer as árbores , de Barcelona Multimedia.
Últimamente consultei o libro Árbores de Galiza de Adela Leiro e varios publicado pola Editorial A nosa Terra.
![]()