Laurus nobilis L. 

Loureiro.  Laurel

Loureiro a carón do río Deva na Cañiza.

O loureiro é bastante común preto dos ríos galegos, xa que inda que é unha arboriña de litoral, desplazouse moito polos ríos.

Non ten perda,  as súas follas son moi características e o seu cheiro cando se corta a folla non ten igual.

Hai ríos, como o río Deva na Cañiza que están cheos de loureiros. Ver as fotografías.

Sobra decir que é fundamental na cociña, xa que é un condimento básico para cocer o marisco e para utilizar nos escabeches.

A súa madeira é moi dura e cheira moi ben.

Ver outra fotografía e tamén características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LOUREIRO.

Nome científico Nome galego: Nome castelán:
     
Habitat Dimensións Identificación
     
Froito Flores Tronco
     
Curiosidades Bibliografía        Fotografías

Revisado: 10/04/2009

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                          

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico.

Nome científico:

Laurus nobilis L.

Clase: magnoliophyta

Orden: Laurales.

Familia: lauraceae

Xénero: laurus

Especie: Laurus nobilis

 

Nota:  Laurus= del lat. laurus, nome dado ó laurel/ nobilis= del lat.nobilis, -e, noble, xa que na época grega condecorábase ós nobres con coroas de loureiro.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Loureiro, gamallo

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Laurel

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

Fotografía sacada  moi preto do muíño de Mercedes e Mourin, no río Sarria. Lugo. Matas de laurel.

Entre 5 a 10 metros. Pode chegar ata 20 m.

Nesta lámina de Prof. Dr. Otto Wilhelm Thomé
Flora von Deutschland Österreich und der Schweiz. , vense as follas así como as flores e os frutos.

Edade media de 80 anos.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

As follas son moi evidentes, son coriáceas, borde enteiro lanceoladas, cor verde escura, máis pálida no envés. O rompelas e rozalas na man,  confiren un olor característico.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitat:

Fotografía sacada no Regato da Fefa, moi preto do muíño de Mercedes e Mourin, no río Sarria. Lugo. Matas de laurel.

O laurel dase prácticamente en toda Galicia, máis nas Provincia de Pontevedra e Coruña, xa que é moi abondoso no litoral e penetra polos ríos ata o interior.

Quere chans que sexan húmedos, xa que non aguanta  a sequía.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Froito:

Froito:

O froito é unha baga pequena, primeiro verde e logo negra na madurez.

Na lámina o froito está abaixo a dereita, é moi pequeno sobre 10 a 15 mm, ovoide e carnoso. Parece unha oliva.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Flores:

Flores:

As flores son blancas verdosas ou amarelas, como as da fotografía de Thomas Schoepke.

As flores vense perfectamente nesta fotografía:

Fotografía de J.R. Crellin. 2005

 

Ir a características

 

 

 

 

Tronco: 

Tronco:

O tronco é dereito. A cortiza e parda vermella. Copa baixa cónica.

 

Ir a características

 

 

 

 

Curiosidades:

Curiosidades:

O ramo do loureiro é o símbolo históricamente da victoria, con este ramo eran coronados os príncipes e tamén se lle poña os poetas. Tamén era utilizada para venerar os deuses.

O laurel é básico na cociña, sobre todo para cocer marisco, nos escabeches, etc.

A madeira é moi dura e ten moitísima utilidade aparte do bon olor.

As súas propiedades medicinais son abondosas: para o reuma, o estómago, etc.

Tamén se utiliza como planta ornamental.

Por último é curiosa esta historia:

É o obxecto preferido na astroloxía para o signo Aries.

Ademais sobre o loureiro hai un refrán: "o que planta un loureiro nunca o verá medrar", este refrán fai mención de que o loureiro tarda moito en medrar.

Ir a características

 

 

Bibliografía:

Casi toda a información está sacada do libro "Guía das Árbores de Galicia" de Henrique Niño Ricoi e Calros Silvar. Os dibuxos son deles.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FOTOGRAFÍAS

Folla do loureiro. Río Deva. Arbo.

Loureiros no río Deva por riba de Arbo. Neste río atopei moitos loureiros en todo o canle do río.

 

Ir a características

 

 

 

Saír.