Acer pseudoplatanus.

  Pradairo.  (Arce).

 

O pradairo (falso plátano)  é moi común en parques e en xardíns, pero tamén se atopa a beira de alguns ríos e regatos sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense. 

Por exemplo: nunha fervenza de Celanova, nun regato que se chama Sampil xusto na vila, atópanse pradairos según un estudio marabilloso que fixeron os alumnos do I.E.S. de Celanova e que se pode ver nesta www.

Tamén en Chandrexa de Queixa a carón do río Navea hai moitos, como o da fotografía.

Os meus amigos Mercedes e Mourin, teñen varios nun muíño o pe do río Sarria en Sarria (Lugo).

É común en Lugo e Ourense. Tamén nas lindes de Ourense e Pontevedra, concretamente no río Deva, por baixo da Cañiza hai moitos pradairos.

Ver características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír            

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pradairo.    

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Acer pseudoplatanus.L.

 

Reino: Plantae

División: Magnoliophyta

Clase: Magnoliopsida

Subclase: Rosidae

Orden:Sapindales

Familia: Aceraceae

Xénero: Acer

Especie:A. pseudoplatanus.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego:

Pradairo, praduiro, pandrurio, pedrairo, pendrairo, pladairo, prádano, pradia, pradio e pradurio.

Na zona do Incio chámase Pedraio

Pradairo en Chandrexa de Queixa. Río Navea. Ourense.

Outro pradairo.

Casi nada, como tódalas árbores galegas importantes teñen moitos nomes...a nosa lingua foi e ten que seguir sendo importante, é moi rica en palabras.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

 

Arce, arce blanco, falso plátano. Sicómoro. Platano bastardo.

Pradairo en Chandrexa de Queixa. Río Navea.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Ata 35 metros. Tronco moi recto. Copa globular, compacta e de vigorosas ramas. Moita raíz e moi forte.

Por suposto teñen ese aspecto despois de 25 anos. O normal é que teñan esta presencia:

 

O mesmo pradairo máis de preto. foto do autor da web. Ano  2005.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Dibuxo do libro de Henrique Nino e Calros Silvar." Guía das árbores de Galicia"

Fotografía do autor da www. Xulio do 2002. Muíño de Mercedes e Mourin. Río Sarria. Lugo.

As follas son tan largas como anchas. As follas son caedizas, simples, con cinco lóbulos.

Son moi parecidas a dos plátanos dos xardíns, de ahí lle ven o nome.

Foto de Susana Domínguez do libro Árboles de nuestros bosques.

No outono as follas antes de caer collen unha tonalidade amarela - dourada moi característica.

Outra fotografía.

Nesta fotografía vese perfectamente a forma da folla, con cinco lóbulos. Tres lóbulos principais grandes, e dous laterais máis pequenos.

Por certo polo envés son moi brancas. Son grandes entre 10-12 cms. As follas están en acios pendurados, verde amarelo moi característicos.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habita en solos fértiles e profundos de bosques caducifolios e vales.

Tamén a beira dos ríos galegos. Teño visto pradairos no río Navea, ver esta fotografía, de Chandrexa de Queixa.

Tamén a carón do río Sarria, en Lugo.

Pradairo en Chandrexa de Queixa, a carón do regato que baixa de Taboazas, que desemboca no río de Queixa ou Navea.

O mesmo pradairo anterior máis preto. Observar o tronco e as follas.

 

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

Flores e froito:

 

 

As flores son pequenas, amarelo- verdosas.

O froito é unha dobre sámara de 6 cms. con ás de cor verde tintada de vermello, estreitadas na base e agudas no ápice.

Semellan formar un ángulo de noventa graos.

Frorece a finais da primavera e nácenlle os froitos ó remate do verán.

Flores.

Froito en ángulo entre 45º a 90º.

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Utilízase como ornamental en paseos, estradas , parques e xardíns.

A madeira é moi dura e moi estimada polos ebanistas e carpinteiros.

Fotografía do autor da www. Xulio do 2002. Muíño de Mercedes e Mourin. Río Sarria. Lugo.

Utilízase para facer instrumentos musicais, obxectos decorativos, etc.

A leña é un bon combustible, arde ben.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Non está protexida.

Pradairo no río Navea. Ourense.

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

Tronco e madeira:

O troco (ou sexa a casca que se ve...) é de cor gris mentras non ten por riba de 30 anos, logo xa a casta é doutro xeito e faise escamosa:

Este é o tronco cando o pradairo ten anos:

      

O tronco é dereito, cilíndrico e cheo. A cortiza é lisa e grisácea, que sobre os 30 anos vólvese gretada e despréndese en pequenas placas.

Densidade Moderadamente pesada.
Utilización: Mobiliário: macizo,  contraplacado .
Carpinterias interiores: decoración e revestimentos.
Torneados, escultura, ornatos, etc.; formas para calzado.
Instrumentos musicais.
Artigos deportivos; xoguetes.
Persianas e estores.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pradairo singular:

Pradairo a carón do Monasterio de San Paio. Unha pena de Monasterio, sensacional, pero hoxe roubado e nun estado calamitoso. Fotografía do autor da www do día 28-05-2006. A carón do pradairo figura un carballo por detrás, pero o pradairo é máis grande, aparte de estar diante e verse mellor. O pradairo pasa dos 15 metros e ten moitos, moitísimos anos...

O mismo pradairo anterior, pero na dereita vese de espaldas un home o que queremos dar as gracias,  eu e a miña muller. Chámase Elias, traballou en Correos en Monforte, hoxe está xubilado e ten fincas a carón do Monasterio de San Paio. Por certo fincas sensacionais como todas as que rodeaban os monasterios en Galicia (algunhas deron ata 14º; vaia si sabían os monxes...).

Elias, un home moi amable e con moito coñecemento do lugar, ensinounos o pouco que queda deste monasterio. ¡Moitas gracias Elias!. ¡Gracias polas cereixas!. Unha aperta dende Ourense.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

Non confundir o falso plátano e o plátano de paseo.

Esta é a folla do platano entre 3 a 5 lóbulos ( Platanus hispanica). Un pouco distinta de folla do pradairo, inda que a fotografía pode non apreciarse. Tamén o tronco é moi distinto.

Nesta fotografía vese moito mellor. Hai tres lóbulos.

Follas e tronco do Pradairo. A folla sempre ten 5 lóbulos.

O aspecto tamén é moi distinto. Na fotografía do autor da www vense dous platanos en Ourense.

O plátano pode atoparse tamén a beira dos ríos de Galicia.

 

Volver a características.

Casi toda a información está sacada do libro "Guía das Árbores de Galicia" de Henrique Niño Ricoi e Cadros Silvar. Os dibuxos son deles. As fotografías son de varios autores. Entre eles Susana Domínguez.

Saír.