Ailanthus altissima (Miller) Swingle.

Ailanto.  (Árbol del cielo).

É moi frecuente, últimamente é unha verdadeira praga. Hai moítisimos sobre todo na provincia de Ourense.

O nome de altíssima está atribuido por conseguir unha gran talla en pouquísimo tempo.

En Ourense cidade hai un milleiro deles. É unha praga, tanto no barrio das Lagoas, como no viaducto e preto a Ponte Nova e noutros lugares. Sin dúbida é unha especie invasora.

Na fotografía no paseo de Quintela, xunto a Chabasqueira, a carón do río MIño en Ourense. 

Orixinaria de China e Xapón. Tolera moi ben a contaminación urbana e industrial.

Ver características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AILANTO: árbore do ceo.

 

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación: as follas. Habitat
     
Flores e froito Tronco Interés
     
Fotografía Bibliografía

Datos do 24/02/2008

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.              

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico:

Ailanthus altissima (Miller) Swingle.

Nota: nome que fai referencia  a que alcanza o ceo. Sin dúbida chega a ter un gran tamaño.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Ailanto. Árbore do ceo. Árbore dos deuses.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Ailanto, árbol del cielo, árbol de los dioses.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

Ata 30 metros. As veces pode alcanzar máis altura.

A súa raíz seica é moi extendida e superficial.

 

Volver a características

 

 

 

Identificación:

Identificación:

Follas de 30 cms. caedizas, alternas. No outono adquiren unha cor vermella viva, que pode observarse na fotografía.

As follas si se frotan producen un olor desagradable e resinoso.

O tronco e dereito e cilíndrico coa cortiza gris clara e lisa.

As follas son as inferiores alternas as superiores opostas, lanceoladas, acumiadas, enteiras, cor verde escura brillante, pálidas por detrás.

Volver a características

 

 

 

 

Habitats:

Habitat:

Común na parte sur das provincias de Pontevedra en Ourense. Fálase desta árbore como unha especie invasora.

Habita os bosques de montaña ata os 600 metros. Últimamente vese en Ourense ciudade en tódolos sitios. Na fotografía a carón do viaducto, onde xa foron cortados xa que medraban demasiado.

Río Miño en Ourense, realmente o ailanto está colonizando toda a zona. Crece moito e rápido. Zona dos caños.

Volver a características

 

 

 

Flores e froito:

Flores e froito:

Flores de dous tipos, en primaveira e a principios do verán. As flores están agrupadas en panículas colgantes de 20-30 cms.

As flores non cheiran ben en xeral.

O froito é coma unha xudia de 3 a 4 cm. retorcida de cor verde-rosada. Ten a semilla no centro.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tronco:

Tronco:

Dereito e cilíndrico, cortiza gris clara nos exemplares novos, nos vellos máis oscura.

Nesta fotografía vese mellor.

Volver a características

 

 

 

Interés:

Interés:

Ourense, Parque Miño.

É orixinario de China e Xapón. Utilízase como ornamental e tolera moitísmo a contaminación urbana e industrial, seguramente por eso se planta tanto.

A cortiza ten propiedades vermífugas e as follas conteñen un xugo tóxico.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

Fotografías:

Ailantos na zona baixa da alameda, a carón do río Barbaña en Ourense e crecendo como lles da a gana.

Volver a características

 

 

 

Bibliografía:

Fontes:

 "Guía das árbores de Galicia". Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar. As fotografías son do autor da www.

Tamén o libro " Guía para una fácil identificación de especies arbóreas e arborescentes" de Concepción Fidalgo e outras.

 

Volver a características

 

 

 

flecha.jpg (1049 bytes) Subir.