Nome
científico |
Nome
científico
Triturus helveticus
( Razoumowsky 1789)
Nota: actualmente
seica se chama Lissotriton helveticus según
vexo nos estudios da Lista patrón actualizada da
herpetrofauna española que se pode ver
neste link.
Por suposto tamén no libro citado na bibliografía e
publicado por Moisés Asensi en Baía Edicións.
Taxonomía:
Reino: animalia
Clase:
anfibios Orden: caudata
Familia:
salamandridae Género: Lissotriton
Especie: Lissotriton helveticus
Ir a
características |
Nome
galego |
Nome
galego:
Pintafontes palmado, Limpafontes palmado, Sabanduxa
palmada.
Ir a
características |
Nome
castelán |
Nome
castelán:
Fotografía de P. Dubois.
Tritón palmeado. Lagartija de agua palmada.
Ir a
características
|
Identificación: |
Identificación:
É pequeno , sobre 6 a 8 cms. Castaño coas costas moteadas
de negro.
Fotografía de R. Griffiths.
Son características dos machos unha gran crista, así como o
filamento caudal e dende logo as membranas palmares nos pés traseiros.
Observar na fotografía este detalle dos pés palmados traseiros.
Ver estes dibuxos para distinguir o Triturus
marmoreus e o Trituros helveticus, en realidade a cor tamén é moi
diferente, de tódolos xeitos o feito de ter os pés palmeados é
definitivo:
|
Observar no dibuxo as patas
traseiras non palmeadas. Este é o Triturus marmoreus. |
|
Triton helveticus, tritón
palmeado, observar as patas traseiras que si son palmeadas. |
Ir a
características
|
Alimentación: |
Alimentación:
Todo tipo de insectos. Tamén ovos doutros trituros,
etc.
Ir a
características
|
Habitats: |
Habitats:
Fotografía de C.A. Vaucher.
Prefere charcas grandes dos ríos, brañas e lagoas, evitando
polo xeral pequenas masas de auga.
Seica non require augas
extraordinariamente limpas, admite algunha turbidez.
Ir a
características
|
Reproducción: |
Reproducción:
Fotografía de Marc
Carriére. Na auga.
O macho no momento de aparearse presenta este
aspecto.
A reproducción empeza en febreiro ou
abril. Postos os ovos na auga, as larvas (cágados) rematarán o seu
desenvolvemento polo verán.
Fotografía de Marc
Carriére. Fora da auga.
|
|
Cágado de Ra |
Cágado de salamantiga. |
Os cágados, que é como se chaman as larvas
dos anfibios antes de convertirse en adultos, non son fáciles
de distinguir. O que realmente esté interesado en distinguilos
recomendo o libro de Moisés Asensi "Guía de anfibios e réptiles de
Galicia" publicado por Baia Edicións no 2006, entre outros. (Na
fotografía é un cágado de Rana temporaria a esquerda e un cágado de
salamántiga a dereita). Como norma xeral os cágados (o principio)
que dan lugar os limpafontes e saramagantas teñen patas e os que dan
lugar os sapos e ras non.
Vive entre 10 a 15 anos.
Ir a
características
|
Interés: |
Interés:
Moito como tódolos anfibios. Interés especial.
Por sorte é bastante abondoso en Galicia,
salvo na parte oriental da Provincia de Ourense, pero ollo xa que presenta os riscos típicos da transformación do medio en que
se move: o desecamento de zonas húmidas, a contaminación galopante
que estamos a xenerar en Galicia, os incendios que non teñen pés nin
cabeza e por si fora pouco as especies de fora que tamén afectan moito.
Ir a
características
|
Protección: |
Protección:
A categoría mundial UICN é de non catalogada e a nivel de España a
categoría é de preocupación menor LC.
Ir a
características
|
Distribución
en Galicia: |
Distribución en Galicia
Dende logo non é moi común en Galicia, abunda
na
zona da Coruña e Lugo e tamén pola costa na provincia de Pontevedra. En Ourense
salvo na zona da Cañiza falta.
Ir a
características
|
Curiosidades: |
Curiosidades
Conta a Mitoloxía grega que unha conxura exiliou ó Deus
Tritón a un reino submarino formado por ríos e charcas. Alí se convirtiu neste pequeno
dragón.
Ir a
características
|