Triturus 
boscai.   
		
		
		
		Pintafontes común.  (Lagartija de agua) 
		  
		Conta a Mitoloxía grega que unha conxura exiliou ó Deus
    Tritón a un reino submarino formado por ríos e charcas. Alí se convirtiu neste pequeno
    dragón.  
		É o tritón máis acuático de tódolos tritóns galegos. Vive entre 10 e 15 anos.  Prefire os regatos e manantiais limpos con moita vexetación, pero
		atópase en tódolos lugares donde haxa auga, incluso contaminados:
    acequias, charcas, minas de auga, pilóns, cunetas, etc.  
		 É  
		nocturno. Non hiberna. É áxil na auga, pero na terra é moi torpón. 
	 
	Ve-las
      características. 
  
 
    Saír              
  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
	  
Lipafontes común: 
CARACTERÍSTICAS. 
  
  
  
    
      | Nome
        científico | 
      
		 Nome 
		científico: 
		
		  
		Fotografía de P. Dubois. 
		Triturus boscai  
        ( Lataste, 1879) 
			Nota: 
		actualmente seica se chama  Lissotriton boscai 
		según vexo nos estudios da Lista patrón 
		actualizada da herpetrofauna española que se pode ver
			neste link.
			Por suposto tamén no libro citado na bibliografía e 
		publicado por Moisés Asensi en Baía Edicións. 
			Trátase dun 
		anfibio urodelo, con cola coma as salamandras. 
			Taxonomía: Reino: animalia 
			Clase: 
		anfibios Orden: caudata 
			Familia: 
		salamandridae Género: Lissotriton 
			Especie: Lissotriton boscai  
		  
		
		  Volver a 
		características                        | 
     
    
      | Nome
        galego | 
      
		 Nome 
		galego 
		
		  
		Foto de P. Dubois. 
		Limpafontes común. Pintafontes común. Sabanduxa común. Lagartixa de auga. Gardafontes.     
		
		  Volver a 
		características                        | 
     
    
      | Nome
        castelán | 
      
		 Nome 
		castelán: 
		  
		Lagartija de agua.     
		
		  Volver a 
		características                          | 
     
    
      | Identificación: | 
      
        
			Identificación: 
			
			  
			Como moito pode botar unha 
		lonxitude de 10 cms. 
			Moi parecido o triturus helveticus ( limpafontes
        palmados, que son os que hai en Galicia) , pero o seu tamaño é un
        pouco maior. O peito e o ventre son vermellos e non ten antiface,
        tampoco ten crista na parte de atrás, nin filamento caudal nin
        palmaduras nos pés. 
			
			  
			Son un pouco distintos o macho e a
        femia. 
			Ver os dibuxos dos outros trituros que hai en Galicia,
        para distinguilos:  
        	 
				
					
						| 
						 
						   | 
					 
					
						| Observar no dibuxo as patas
                traseiras non palmeadas. 
						 Este é o triturus marmoreus. 
						Non se parece prácticamente en nada,  este é verde e
                ten unha crista, que non ten o Triturus Boscai.  | 
					 
					
						| 
						 
						   | 
					 
					
						| Triton Helveticus, tritón
                palmeado, observar as patas traseiras que si son palmeadas.
						
						 Este é o Triturus helveticus, có que se pode
                confundir. Este, o peito por baixo non é vermello, é palmeado
                nos pés traseiros; ten filamento caudal, cousa que non ten
                o Boscai.  | 
					 
				  
			  
			Ver tamén as imaxes: 
			
		 
       | 
     
    
      | Alimentación: | 
      
		
			Alimentación: 
			
			  
			Na fase acuática consumen larvas de dípteros sobre 
		todo. Logo consumen todo tipo de insectos. Tamén ovos doutros trituros,
        etc.
			   
			  Volver a 
		características                        
		 | 
     
    
      | Habitats: | 
      
        
			Habitats: 
			
			  
			Foto R. Griffiths. 
			Prefere pequenas masas dos ríos, fontes, pozas nas
        beiras dos ríos, pilóns, etc. 
			Hai quen dice que é moi sensible a 
		contaminacións e que nas fontes onde vive este trituro pode beberse sin 
		problemas. Por eso se chaman gardafontes. 
			Tamén se dice o contrario, ou sexa que se 
		atopan tamén nas fontes contaminadas. 
			O que está claro é que limpan as 
		fontes xa que a súa alimentación está clara. 
			  
			  
			
			  Volver a 
		características   
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
		 
       | 
     
    
      | Reproducción: | 
      
		
			Reproducción: 
			
			  
			A reproducción comenza en febreiro 
		ou
        abril. Pon os  ovos na auga, as larvas (cágados) rematarán o seu
        desenvolvemento polo verán.  
			  
			
				
					
						| 
						 
						   | 
						
						 
						   | 
					 
					
						| Cágado de Ra | 
						Cágado de salamantiga. | 
					 
				  
			Os cágados, que é como se chaman as larvas 
			dos anfibios antes de convertirse en adultos,  non son fáciles 
			de distinguir. O que realmente esté interesado en distinguilos 
			recomendo o libro de Moisés Asensi "Guía de anfibios e réptiles de 
			Galicia" publicado por Baia Edicións no 2006, entre outros. (Na 
			fotografía é un cágado de Ra temporaria a esquerda e un cágado de 
			salamántiga a dereita). Como norma xeral os cágados (o principio) 
			que dan lugar os limpafontes e saramagantas teñen patas e os que dan 
			lugar os sapos e ras non. 
			  
			Vive entre 10 a 15 anos. 
			  
			
			  Volver a 
		características   
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
		 
       | 
     
    
      | Interés: | 
      
		
			Interés: 
			
			  
			Moito como tódolos anfibios. Interés especial. 
			  
			  
			
			  Volver a 
		características   
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			   
		 | 
     
    
      | Protección: | 
      
		
			Protección: 
			
			  
			No está protexida que eu sepa. 
			De feito na UICN non está catalogada. 
			En España é unha especie que está catalogada como 
		de preocupación menor  LC. 
			Dende logo é o urodelo máis abundante en Galicia, 
		pero ollo que é moi sensible a calidade das augas. 
			  
			  
			
			  Volver a 
		características   
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			   
		 | 
     
    
      | Distribución
        en Galicia: | 
      
        
			
			Distribución en Galicia: 
			
			  
			Foto F.P. Glez. de la Vega. 
			Dende logo é moi común en toda Galicia, en algunhos
        lugares máis, por soposto. É común en toda a Provincia de Pontevedra
        e a Coruña, en Ourense e Lugo menos. Está máis limitada pola altitude
        que os outros limpafontes; chega os 1.600 en Trevinca , 1.200 nos Ancares
        e Courel e 700 no Xistral. 
			
			  
			En Ourense seica se ten localizado na Limia, nos 
		montes de Vilar das Tres e Cudeiro; tamén na baixa Limia e na Ribeira 
		Sacra. 
			  
			  
			
			  Volver a 
		características   
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
		 
       | 
     
    
      | Curiosidades: | 
      
        
			Curiosidades: 
			
			  
			Conta a Mitoloxía grega que unha conxura exiliou ó Deus
    Tritón a un reino submarino formado por ríos e charcas. Alí se convirtiu neste pequeno
    dragón. 
			  
			  
			
			  Volver a 
		características   
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
			  
		 
       | 
     
   
  
 
  
    
      
	Bibliografía 
	
		  
     
   
	Fonte: Esos anfibios e reptiles gallegos. Jose Curt y
    Pedro Galán. Tamén utizo o libro Atlas de vertebrados de Galicia, o tomo
    I,  feito pola Sociedade Galega de Historia natural en 1995, un gran
    libro sin dúbida. 
	
		Hai un traballo sensacional en internet
		neste link. É de Carmen Díaz-Paniagua. 
	 
	
    
	
	  Volver a 
	características   
     
   
 
  
  
	  
     |