Bufo calamita.
Sapo corriqueiro. (Sapo corredor)
Sapo máis pequeno có Bufo bufo,
a súa característica principal é ter o dorso cor de area apencado
de manchas grandes escuras e unha liña moi clara que vai dende o fuciño
á cloaca, liña de cor amarela. O iris do ollo é amarelo.
É máis rápido que o Bufo común.
Ve-las
características.
Saír
Sapo corriqueiro: características.
Nome
científico |
Nome
científico:
Fotografía de Lars
Bergendorf
Bufo calamita. ( Laurenti
1768)
Taxonomia:
Reino: Animal
Filo: Chordata
Clase: Amphibia.
Orden: Anura
Familia: Bufonidae
Xénero: Bufo
Especie: Bufo calamita
Ir a
características |
Nome
galego |
Nome galego:
Sapo Corriqueiro, rairo.
Nota: o nome de rairo seica é ourensán, según
cita Alberto Rivero no seu sensacional blog sobre a Fauna vertebrada en
Ourense.
Ir a
características |
Nome
castelán |
Nome
castelán:
Sapo corredor.
Ir a
características
|
Dimensións |
Dimensións-Identificación:
Entre 9 cms e 10 cms das femias.
Ir a
características
|
Identificación: |
Sapo máis pequeno có Bufo bufo,
prácticamente a mitade,
a súa característica principal é ter o dorso cor de area
apencado de manchas grandes escuras e unha liña moi clara que vai dende
o fuciño á cloaca, a liña e de cor amarela.
As partes inferiores son
granuladas.
Ten unha especie de verrugas
aplastadas de cor vermello e negras.
O iris do ollo é amarelo con
manchiñas negras. O ollo é horizontal.
Ir a
características
|
Alimentación: |
Alimentación:
Todo tipo de insectos. Gústanlle moito as formigas,
pero non desprecia miñocas, caracois, lesmas, etc. Algunhas presas fai
a súa captura á carreira. Por eso o de sapo corriqueiro (corredor).
Ir a
características
|
Habitats: |
Habitats:
Ten teima polos solos areosos ou de
xabre.
Ir a
características
|
Reproducción: |
Reproducción:
O ciclo de reproducción comenza un pouco máis
adiantado que o sapo Bufo bufo, tamén en marzo,
pero cando máis se manifesta é no fin da primavera, xúntanse os machos
as beiras dos regos e emitindo os típicos sons "afrautados".
Os ovos aparecen en cordóns xelatinosos e as larvas, son negras.
Rematan o proceso no verán.
As larvas, verde-anegrexadas, son os cágados
máis pequenos da nosa fauna e rematan o seu desenvolvemento por
maio-xuño na costa, ou polo verán na montaña.
Este dibuxo mostra a evolución dos cágados do
Bufo calamita.
|
|
Cágado de Ra |
Cágado de salamantiga. |
Os cágados, que é como se chaman as larvas
dos anfibios antes de convertirse en adultos, non son fáciles
de distinguir. O que realmente esté interesado en distinguilos
recomendo o libro de Moisés Asensi "Guía de anfibios e réptiles de
Galicia" publicado por Baia Edicións no 2006, entre outros. (Na
fotografía é un cágado de Rana temporaria a esquerda e un de
salamántiga a dereita). Como norma xeral os cágados (o principio)
que dan lugar os limpafontes e saramagantas teñen patas e os que dan
lugar os sapos e ras non.
Ir a
características
|
Interés: |
Interés:
Moito como tódolos anfibios. Para os labradores é
unha bendición xa que limpa os terrenos de moitas plagas.
Ir a
características
|
Protección: |
Protección:
No está protexida que eu sepa.
Ir a
características
|
Distribución
en Galicia: |
Distribución en Galicia:
Dende logo é moi común en toda Galicia, en algunhos
lugares máis, por soposto. É moi abondoso en Ourense na
zona de Verín e polo Barco e a Veiga. Chega ata os 1900 metros en
Trevinca.
Mais escaso en Lugo e Pontevedra.
Máis abondoso na Coruña.
Ir a
características
|
Curiosidades: |
Curiosidades:
Sapo de hábitos estríctamente nocturnos
que pasa os invernos inactivo, soterrado.
Movementos moito máis áxiles que o Bufo Bufo,
moitas veces corre pero rara vez brinca.
É máis resistente que o Bufo bufo a
deshidratación, feito que se debe a que escava máis, a súa querencia
por solos arenosos ou de xabre, pode explicar o anterior.
Cando o atacan toma este aspecto.
Ir a
características
|
Bibliografía:
Fonte: O libro Anfibios españoles de Alfredo Salvador
y Mario Garcia París. Deste libro saquei a fotografía principal.
Tamén o libro Peixes, Anfibios, réptiles e
Mamíferos da colección patrimonio ecolóxico da Sociedade Galega de
Historia Natural.
Ir a
características
|