Pelobates
cultripes.
Sapo de esporóns. (Sapo
de espuelas)
Dende logo non é un sapo común en
Galicia, pero según os autores do libro citado na bibliografía,
pode atoparse no interior da Provincia de Ourense, ou no sur de Lugo e nas
rías baixas.
É un sapo de tamaño medio sobre 10 cms.
moteado de negro. De algunha forma aparece asociados os viñedos en
Galicia.
Ve-las
características.
Saír
SAPO
ESPORÓNS - CARACTERÍSTICAS.
Nome
científico
Pelobates cultripes (Cuvier 1829).
Taxonomia:
Reino: Animal
Filo: Chordata
Clase: Amphibia.
Orden: Anura
Familia: Pelobatidae
Xénero: Pelobates
Especie: Pelobates cultripes
Ir a
características
|
Nome galego:
Sapo de esporóns. Sapo de esporas.
Nesta fotografía vense os esporóns.
Ir a
características
|
Nome
castelán:
Sapo de espuelas.
Sapo cavador.
Ir a
características
|
Dimensións-Identificación
Entre 101 mm y 113 mm as femias.
|
Este sapo chámase de esporóns xa
que presenta precisamente un esporón negro no pé posterior, que lle
serve para escavar galerías e logo enterrarse.
Nesta fotografía pódense ver os esporóns.
Sapo sin glándulas parotídeas nin plegues
dorsolaterais. A pupila é vertical. Manchas obscuras
características pero poden faltar completamente. O craneo rodea
completamente as órbitas dos ollos. Ollos moi grandes.
O dorso é pardo oliváceo, inda que as veces é
blancuzco amarelo.
A fotografía anterior está sacada nas Chozas de
Arriba en León e aparece no libro citado.
Ir a
características
|
Alimentación:
Todo tipo de insectos. Pero gusta tamén de
hemípteros, coleópteros, dipteros, lepidópteros, ortópteros e
arácnidos.
Ir a
características
|
Habitats:
Prefere os areais, dunas, sedimentos
fluviais, etc.
É un sapo crepuscular ou nocturno, como a
maioría.
Fai pequenos tobos coas características unllas dos
talóns (os esporóns) para se encovar.
Ir a
características
|
Reproducción:
A reproducción comenza entre febreiro e finais
de maio. Fano nas charcas onde se atopan as veces unha proporción de
machos de 10 a 1. Os machos as veces permanecen na charca ata 20 días,
mentras que a femia soio unha ou dúas noites.
A posta dos ovos, entre 1.300 e 6.000 é
abandonada en zonas abertas pouco profundas. O desenrolo do embrión
dura 12 días e os recén nacidos miden 4-5 mm.
Os cágados son os máis grandes da nosa
fauna.
Cágado de Pelobates.
Cágado de Pelobates.
|
|
Cágado de Ra |
Cágado de salamantiga. |
Os cágados, que é como se chaman as larvas
dos anfibios antes de convertirse en adultos, non son fáciles
de distinguir. O que realmente esté interesado en distinguilos
recomendo o libro de Moisés Asensi "Guía de anfibios e réptiles de
Galicia" publicado por Baia Edicións no 2006, entre outros. (Na
fotografía é un cágado de Rana temporaria a esquerda e un de
salamántiga a dereita). Como norma xeral os cágados (o principio)
que dan lugar os limpafontes e saramagantas teñen patas e os que dan
lugar os sapos e ras non.
Ir a
características
|
Interés:
Moito como tódolos anfibios.
Ir a
características
|
Protección:
No catálogo de fauna galega ameazada figura coa
categoria de vulnerable.
Categoría mundial UICN: non catalogada.
Categoría española: case ameazada NT.
Ir a
características
|
Distribución en Galicia
Raro en Galicia, de feito os autores
situan este sapo únicamente na provincia de Ourense, no sur de Lugo e
nas rías baixas ata Carnota. A verdade é que curiosamente a súa
presencia en Galicia está asociada a certas bisbarras secas e cálidas
do interior como Verin, Monforte, A Limia, as Rías baixas, cunha
coincidencia desta especie con zonas de viñedos.
Mapa de distribución actual. 2012.
Hoxe é o anfibio máis ameazado en
Galicia, seica as comunidades que existen deste sapo están ailladas
entre sí e logo ameazadas por urbanizacións, construcións de pistas e
introdución de especies foráneas. Toda unha ameaza.
Seica desapareceu no Barco de Valdeorras por mor
de facer un polígono industrial en tres fases. Seica o facer a
terceira fase desapareceu un lugar onde vivian estos sapos. Por
suposto os nosos gobernantes miraron para outra lado, como fan con
casi todos os temas de natureza.
No 2012 están moi mal as poboacións do sapo de
esporóns. Unha magoa.
Ir a
características
|
Curiosidades:
Fotografía Franck Deschandol.
Sapo que cando se ve amenazado ínchase
e ponse como unha pelota emitidindo uns gritos similares a
maullidos.
Ir a
características
|
Bibliografía:
Fontes:
Esos Anfibios Españoles de Alfredo Salvador y
Mario Garcia Paris. Editorial Esfagnos. Mayo del 2001 .
Guía de anfibios e réptiles de Galicia. Moisés
Asensi. Baia edicións.
Ir a
características
Fotografía de Alberto Rivero.
Dice Alberto Rivero no seu blog sobre os invertebrados
de Ourense: Unha das localidades habitadas pola especie dentro da comarca da
Limia é A Veiga de Ponteliñares, no concello de Rairiz de Veiga, de donde
proveñen estas fotografías, realizadas o día 4 de outubro de 2009 na compaña
de Martiño, Anxos e Rafa Vázquez. Pois así queda dito.
A fotografía é moi boa.
Ver o seu
link
Ir a
características
SOS EN OURENSE
Recentemente o blog da asociación ecoloxista Saramaganta informounos da
destruccións do derradeiro núcleo de reproducción do Sapo de Esporóns (Pelobates
cultripes) no Barco de Valdeorras.
O sapo de esporóns é unha especie de anfibio ameazada en galicia, e
calificada coa categoría de Vulnerable, no
Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Na provincia de Ourense, a
especie está presente nas bisbarras de A Limia, Monterrei e Valdeorras,
sendo esta última a poboación máis escasa e ameazada.
Coa recente ampliación do polígono empresarial do Barco de Valdeorras,
destruíronse os derradeiros puntos de reproducción da especie na bisbarra de
Valdeorras.
Dende
Fauna
Vertebrada de Ourense queremos facer un chamamento á participación
cidadá dos habitantes do Barco de Valdeorras para paliar na medida do
posible este desastre, e tratar de evitar a extinción definitiva desta
peculiar poboación de sapo de esporóns ourensá mediante o seguinte proxecto
de ecovixía.
Varias asociación ecoloxistas e particulares sensibles co medio ambiente
estamos tratando de buscar un terreo para a construcción de novos puntos de
reproducción para a especie na zona afectada. A tal efecto construirase unha
charca, ou varias se se consigue a participación de varios propietarios,
aptas para a reproducción da especie.
Para tal fin buscamos a algún propietario ou entidade pública ou privada que
posúa un terreo na zona afectada, e nos permita a construcción desa charca,
a construcción da charca correrá íntegramente pola nosa conta.
Agradeceremos para tal fin a difusión desta mensaxe noutros foros, co fin de
acadar un resultado positivo antes da primavera, época de reproducción do
sapo de esporóns en Galicia.
Ir a
características
|