Nome
científico |
Nome
científico
Alytes obstetricans. (
Laurenti, 1768)
Taxonomia:
Reino: Animal
Filo: Chordata
Clase: Amphibia.
Orden: Anura
Familia: Discoglosidae
Xénero: Alytes
Especie: Alytes obstetricans
Ir a
características |
Nome
galego |
Nome galego:
Sapiño comadrón. Sapo parteiro. Sapiño troiteiro. Sapeta.
Ir a
características |
Nome
castelán |
Nome
castelán:
Sapo partero común.
Ir a
características |
Dimensións |
Dimensións-Identificación
Entre 4 - 6 cms. Trátase polo tanto dun sapo pequeno.
Ir a
características
|
Identificación: |
Este sapo ten verrugas vermellas no dorso, a menudo
formando unha serie no costado. Este sapiño cincento zarramanchado de
negro e vermello polo dorso, ten as partes inferiores tirando a brancas.
É un sapo máis ben pequeno. As patas son curtas,
a pel verrugenta, non tén glándulas parótidas e tres calos plantares.
Tamén no lombo ten unha especie de V invertida
moi característica
A cabeza é máis ancha que longa.
Ir a
características
|
Alimentación: |
Alimentación:
Todo tipo de insectos. Gústanlle moito as formigas,
os arácnidos, as mariposas, etc.
Ir a
características
|
Habitats: |
Habitats:
Prefere os prados , prados con matorrais
e zonas pedregosas e barrancos próximas a charcas e regatos. É
unha especie pouco vencellada á auga, da que se pode arredar moito.
Ir a
características
|
Reproducción: |
Reproducción:
A reproducción é continua no verán e no outono. Os machos chaman polas femias, que contestan o macho. O seu
canto lembra o tinteneo dunha campaíña.
Despois do coito e da posta de ovos, entre 50
a 150 ovos, o macho
fecunda os ovos e durante uns minutos trata de enrollalos na parte
posterior, como se observa na fotografia, sacada en Orduña, Burgos.
O macho transporta os ovos durante tres
semáns. Transcurrido este tempo o macho métese na auga, normalmente
pozas que non quedaron sin auga no verán, e as larvas
eclosionan.
Hai todos uns estudios sobre o número de
larvas relacionado co tamaño posterior.
En xeral son moteados e poden ter un
gran tamaño. Incluso vivir máis dun ano ata que remata a metamorfosis.
Os cágados alcanzan a madurez o ano e poden
vivir ata 7 anos.
Nas fotografías vense distintos estadios do
cágado deste sapo que o final perderá a cola e se convirtirá no
adulto.
|
|
Cágado de Ra |
Cágado de salamantiga. |
Os cágados, que é como se chaman as larvas
dos anfibios antes de convertirse en adultos, non son fáciles
de distinguir. O que realmente esté interesado en distinguilos
recomendo o libro de Moisés Asensi "Guía de anfibios e réptiles de
Galicia" publicado por Baia Edicións no 2006, entre outros. (Na
fotografía é un cágado de Rana temporaria a esquerda e un de
salamántiga a dereita). Como norma xeral os cágados (o principio)
que dan lugar os limpafontes e saramagantas teñen patas e os que dan
lugar os sapos e ras non.
Ir a
características
|
Interés: |
Interés:
Moito, como tódolos anfibios.
Os sapos fan a súa misión como todos os seres
vivos. Hai que pensar que o sapo aliméntase de insectos, arácnidos, etc.
o cal é un beneficio por exemplo para o agricultor. Sempre se dixo que
ter un sapo nunha finca é un beneficio.
Ir a
características
|
Protección: |
Protección:
Non está protexido que eu sepa.
Non aparece na UICN. Non catalogado.
E case ameazada; NT na Categoría España.
Ir a
características
|
Distribución
en Galicia: |
Distribución en Galicia
Dende logo é moi común en toda Galicia, en algunhos
lugares máis, por soposto. Así é corrente atopalo pola zona do
Támega, xa tocando con Portugal, tamén pola zona da Veiga e o zonas
pretas o río Xares. En Lugo é menos común.
A fotografía está sacada no Monte Aloya en Tuy,
Pontevedra.
Ir a
características
|
Curiosidades: |
Curiosidades:
Como reacción defensiva arquea a
espalda, agachando a cabeza e estirando ó máxima os membros anteriores
hacia diante.
Para oir como
canta
ir a este link.
Deste link saquei algunhas fotografías.
Ir a
características
|