Bufo
bufo.
Sapo común.
(Sapo común)
Dende logo o sapo común non vive nos ríos, pero moitas
veces non está moi lonxe. Predominantemente é nocturno. Non podo olvidar volvendo
algunhas noites de pesca en Santa Cruz, en Chandrexa de Queixa, a estrada chea de
sapos dos leiros.
É
unha bendición para os labradores, este sapo é un limpiador exquisito de moitos bichos.
É moi amigo de abrazarse a todo.
Ve-las
características.
Saír
SAPO
CUNQUEIRO - CARACTERÍSTICAS.
Nome
científico |
Nome
científico:
Fotografía de J. Pellet.
Bufo bufo. (
Linnaeus, 1758)
Clasificación:
Reino : Animalia
Filo: Chordata
Clase: Anfibios
Orden: Anura
Familia: bufonidae
Xénero: Bufo
Especie: bufo
Volver a
características |
Nome
galego |
Nome galego:
Sapo común, Sapo Cunqueiro, Sapo das Veigas. Sapo dos leiros.
Volver a
características |
Nome
castelán |
Nome
castelán:
Sapo común.
Volver a
características |
Dimensións |
Dimensións:
Entre 112 mm. os machos e 180 mm. as femias. Eso
é o normal, pero pode chegar a ter 20 cms (200 mm). A femia é máis grande co
macho, xeralmente é o doble.
Volver a
características
|
Identificación: |
Identificación:
Pode presentar esta coloración, pero é máis
común a de abaixo.
Ollos cobrizos ou bermellos con pupila horizontal.
Animal de patas máis ben pequenas, pel verrugosa,
grandes glándulas auriculares, pupilas horizontais, pouco áxiles para correr
e brincar e, aínda menos nadar.
O dorso é amarelo sucio ou pardo oscuro, a parte
inferior gris con manchas oscuras. Observar as glándulas parótidas,
ben grandes.
Observar que a pel é moi verrugosa.
Ten dous tuberculos subarticulares dobles na palma.
O seu son: un "oac" suave e nada notorio.
Pódese confundir có Bufo calamita ou sapo
corriqueiro pero este é moito máis pequeno, ten o iris amarelo e unha
liña amarela no dorso.
Este é o Bufo calamita, observar o
dito.
Este é o ollo do Bufo bufo.
Volver a
características
|
Alimentación: |
Alimentación:
Todo tipo de insectos. Gústanlle moito as formigas,
pero non desprecia miñocas, caracois, lesmas,etc. Tamén come, si se
poñen a tiro, os ácaros, opalións, etc.
Os sapos moi grandes poden chegar a capturar crías de ratos. Hai varias citas sobre este tema.
Volver a
características
|
Depredadores: |
Inimigos
Frente os depredadores, que ten moitos, como as
cobras, moitas aves e varios mamíferos como a londra, o que fai e
estirar moito as patas, levantar o corpo e agacha la cabeza mostrando as
glándulas parótidas.
Outra forma de actuar é incharse o máximo,
aumentando de forma considerable o seu volumen e desta forma tratar de
non ser tragado, por exemplo polas cobras, que lles gustan moito os
sapos...
Na fotografía de Juan Jesús Alarcón vese un
sapo Bufo e unha cóbrega de río tratando de engullilo, o sapo está
inflado o máximo e dudo moito que a cóbrega conseguira o seu obxectivo.
A fotografía aparece nun traballo publicado pola revista Quercus no mes
de novembro do 2004.
Mal chollo...
Volver a
características |
Habitats: |
Habitats:
Prefere os prados e as hortas para vivir, aínda que
moitas veces pode atoparse nas fragas. Atópase dende o nivel do mar ata
alturas de 2.600 metros.
Pasa o día metido entre as pedras e penedos inda
que cando é o tempo de reprodución, perde o medo, e vese tamén de
día.
Activo entre marzo e octubro.
Hiberna a pouca profundidade entre as follas.
Volver a
características
|
Reproducción: |
Reproducción:
A reproducción comenza en marzo,
pero cando máis se manifesta é no fin da primavera, que é cando se
xuntan os machos
as beiras dos regos, emitindo os típicos sons "afrautados".
Nese momento aparéanse o macho
e a femia. Os ovos van aparecendo en cordóns xelatinosos que semellan un rosario, e as larvas, son negras.
Rematan o proceso no verán. O desenrolo do embrión dura 2-3 semáns e
os recén nacidos miden entre 3-6 mm, e dende logo teñen moitos
depredadores, é o ciclo da vida.
Cágado de Bufo Bufo, entre
outros. Fotografía de C.A. Vaucher.
O proceso dura logo entre 65 a 108 días ata
chegar a alcanzar 32 mm. Abandonan a auga xa cando miden entre 8 a 15
mm. Alcanzan a madurez os tres anos.
Mostra fidelidade hacia os lugares de
reprodución e chega a recorrer, si fai falta, 3 kms. Influe moito a
temperatura e o aire. As pelexas son frecuentes.
Os machos pequenos son rápidamente
desplazados por outros máis grandes.
Volver a
características
|
Interés: |
Interés:
Moito como tódolos anfibios. Para os labradores é
unha bendición xa que limpa os terrenos de moitas pragas.
Volver a
características |
Protección: |
Protección:
No está protexida que eu sepa.
Volver a
características
|
Distribución
en Galicia: |
Distribución en Galicia
Dende logo é moi común en toda Galicia,
nalgúns
lugares máis, por suposto. Dende logo é moi abondoso en Ourense na
zona de Trives e Manzaneda, tamén na zona de Verín, no val do Tamega
e na zona de Calvos de Randín e Randín no val do Salas.
Lémbrome da súa abundancia en Randín nas Lamas.
Volver a
características
|
Curiosidades: |
Curiosidades
Sapo de hábitos estrictamente nocturnos
que pasa os invernos inactivo, soterrado.
Volver a
características
|
Mortandad: |
Mortandad:
Sempre morreron moitas nas estradas, atropelados
polos coches, pero últimamente están a morrer moitísimos, sobre de
todo os embrións por radiacións ultravioletas, sobre todo no sistema
central.
Este dato está recollido no libro
"Anfibios
españoles" de Alfredo Salvador y Mario García
París.
Volver a
características |
Sonido
dos Bufos: |
Sonidos dos bufos:
Fotografía de C.A. Vaucher.
Pulsar
esta www e ir o apartado de Galería. Na realidade é a páxina do Bufo
bufo na wikipedia. Interesante neste caso.
Volver a
características |
O
sapo mátase por feo: |
O sapo mátase por
feo.
|
Félix Rodriguez de la Fuente,
que para a miña xeneración foi simplemente Félix, tiña uns
cadernos de campo sensacionais, con dibuxos moi ilustrativos.
Sirva como unha pequena consideración da
miña parte o reproducir un anaco do Caderno que trata sobre os
Anfibios, e que encabeza precisamente co sapo Bufo bufo: |
"He tratado de explicarme muchas
veces el concepto de la belleza aplicado al mundo animal. He pretendido,
incluso, demostrarme que lo bello es un ente cósmico y superior, que
traduce siempre la perfección funcional y que los seres humanos, cuando
podemos eludir el condicionamiento de las modas, estamos perfectamente
capacitados para apreciar el impacto de lo bello. Decíamos que la belleza
del leopardo o de la gacela, del halcón o del chorlito, reflejaban de
alguna manera las altas cualidades biológicas de los mejores dotados, de
los carnívoros, de los herbívoros, de los depredadores alados o de sus
presas. Pero esta hipótesis muy bien puede ser falsa. Para el naturalista
objetivo meter el bisturí entre el antropocéntrico y lo natural es una
ocupación tan obligada como difícil. Y digo esto pensando, precisamente,
en el polo opuesto de los bello; en el antípoda del leopardo o del
halcón. Me refiero al poco agraciado escuerzo o sapo común. Si la
naturaleza se hubiera empeñado en "fabricar" una criatura
repulsiva, difícilmente hubiera podido hacerlo mejor que inventando el
sapo barrigudo, de marcha torpe, de ojos saltones sanguinolentos, de piel
verrugosa y repugnante; el infeliz noctámbulo devorador de insectos ha
gozado siempre de la peor reputación entre las sencillas gentes del
campo. Y como ingrata e injusta recompensa de su aparente fealdad, el sapo
ha sido uno de los animales más vapuleados y perseguidos. Donde quiera
que aparece un sapo, si no le ampara la opinión de una persona culta,
será apedreado, empalado, lanzado con tanta ira como temor a la más
profunda de las grietas o al más tenebroso de los pozos. Y aquí nos
tropezamos con el insólito y absurdo final de este breve comentario: el
leopardo y el halcón desaparecen por bellos; porque el hombre apetece su
piel o su presencia. Al pobre sapo se le aniquila por feo."
Volver a
características |
Bibliografía
Fonte:
"Esos anfibios e reptiles gallegos". Jose Curt y
Pedro Galán. Tamén utilizo o libro Atlas de vertebrados de Galicia, o tomo
I, feito pola Sociedade Galega de Historia natural en 1995, un gran
libro sin dúbida.
Tamén utilizo o libro "Anfibios Españoles"
de Alfredo Salvador e Mario García París publicado no 2001 por
Esfagnos.
Tamén utilizo os "Cuadernos de Campo"
del Dr. Félix Rodríguez de la Fuente.
Volver a
características
Saír.
|