Rana
ibérica.
Ra patilonga.
(Rana Patilarga).
Este exemplar é máis pequena que outras
ras, pero as súas extremidades posteriores son moi longas. Distínguese, xa que dende o nariz ó ollo e
detrás deste, hai un típico antifaz negro; tamén polos tonos de
"folla seca".
Aparte si levamos unha das patas
ata o fuciño da ra, a pata sobrepasa este fuciño, ou sexa realmente é
moi longa.
É moito
menos cantarina que a ra verde. A súa vida está moi ligada os regatos e ríos.
É moi áxil e moi boa nadadora. Aliméntase de caracois, escarabellos, e tricópteros.
É de interés especial. No
resto de España casi non existe.
Ver
características.
Saír
RA IBÉRICA-
CARACTERÍSTICAS.
Saír
Nome
científico |
Nome científico
Rana iberica. (
Boulenger, 1879)
Reino:
Animalia
Clase:
Anfibios
Orden: Anuros (anfibios sin cola)
Familia:
Ranidae
Género:
Rana
Especie:
Rana
iberica
Ir a
características |
Nome
galego |
Nome galego
Ra patilonga, Zampexa, Ra dos regos.
Ra dos vals. Ran roxa.
Ir a
características |
Nome
castelán |
Nome
castelán:
Rana patilarga, rana
Ibérica
Ir a
características |
Dimensións |
Dimensións:
Entre 30 e 60 mm. Trátase dunha ra
máis pequena que a normal, e distínguese perfectamente polo antifaz que
ten xunto do ollo, o tímpano máis pequeno que a ra verde e o tono que
é tirando a folla seca. Fuciño puntiagudo e ollos tirando a amarelo.
Tono de folla seca case sempre. As veces máis
oscura.
Outra fotografía similar. Foro de K59. Moitas
gracias.
Poden vivir entre 5 a 6 anos.
Ir a
características
|
Identificación: |
Identificación:
Ollos grandes e saíntes. Ten antifaz. O diseño dorsal
é bastante variable, con manchas claras e máis escuras, difusas, de
función críptica.
As partes inferiores son brancas
sucias, pois están manchadas de cincento. Os tímpanos son pequenos e pouco
definidos.
O antifaz, o tímpano moi
pequeno, o tono de folla seca e unha uve invertida no lombo son
caracteres de identificación bastante claros.
Chámase ra patilonga xa que as súas patas son moi
longas como se pode apreciar na fotografía:
Si a ra ten 7 cms., as patas son moi
longas, esta é a característica principal.
Aparte si levamos unha das patas ata o fuciño da ra, a
pata sobrepasa este fuciño, ou sexa realmente é moi longa.
Esta ra pódese confundir coa ra
temporaria (non coa ra verdexada, que non ten antifaz e ademais é máis
verde).
Ra temporaria.
Ra temporaria.É mais grande. O seu
habitat é distinto. O tímpano é mais grande. As palmeaduras son máis
pequenas, non chegan o final do dedo.
Ver o dibuxo de abaixo.
|
Alimentación: |
Alimentación:
Todo tipo de insectos. É moi áxil e caza con saltos
todo tipo de insectos e arañas. Pode estar activa todo o día pero
parece preferi-lo serán entre lusco e fusco.
Ir a
características
|
Habitats: |
Habitats:
Preto dos ríos, charcas, prados, etc. De marzo a
novembro.
Prefire a auga máis ben rápida, pero cursos fluviais de auga
limpa. É moi áxil tanto no salto como nadando.
Pode vivir en correntes casi torrencial, onde non paran as outras
ras.
Gústanlle os relanzos rodeados de moita vexetación: herba,
silvas, ameneiros, etc, onde se pode camuflar moi ben.
Por eso se chama a ra dos regos, xa que lle gusta
moito vivir neles, en regos de alta montaña e pequenos regatos con moita
vexetación.
En Chandrexa de Queixa, no río Navea teño visto está ra, sobre todo nos regatiños que van o río.
No río Lor en pequenos regatos que
van a este río teño visto esta ra.
Tamén se ten atopado en lagos de alta montaña.
Ir a
características
|
Cando
unha ra se asusta: |
Cando se
asusta:
Posición típica.
A ra está tomando o sol, xeralmente na
orilla do río ou da charca correspondente. Cando se asusta, ¡¡¡chap!!
, lánzase a agua e desaparece.
O cabo dun ratiño aparece na
superficie, momento no que Trago Silva sacou a fotografía anterior.
Aparece para mirar o que pasa, para ver como están as cousas.
Fotografía de K59. Gracias.
Ir a
características
|
Reproducción: |
Reproducción:
A reproducción empeza en marzo. Os
acoplamentos teñen lugar pola noite, nos remansos dos ríos e en
pequenas represas das acequias de regadío, onde logo van a depositar
os ovos.
Cando freza pon entre 192 a 445 ovos, número
moi baixo entre as ras, estos ovos van parar o fondo de regatos, regueiros
e regos en paquetes. As larvas, que teñen o ventre negro con lunares
brancos transparentando o paquete intestinal, rematarán a metamorfose
entre xuño e setembro, despois de aproximadamente tres meses.
O proceso é similar o das outras ras. (Ver
rana verdexada), refírome a súa metamorfosis ou paso de cágado a ra
adulta.
|
|
Cágado de Ra |
Cágado de salamantiga. |
Os cágados, que é como se chaman as larvas
dos anfibios antes de convertirse en adultos, non son fáciles
de distinguir. O que realmente esté interesado en distinguilos
recomendo o libro de Moisés Asensi "Guía de anfibios e réptiles de
Galicia" publicado por Baia Edicións no 2006, entre outros. (Na
fotografía é un cágado de ra temporaria a esquerda e un de
salamántiga a dereita). Como norma xeral os cágados (o principio)
que dan lugar os limpafontes e saramagantas teñen patas e os que dan
lugar os sapos e ras non.
O proceso de paso de cágado a
ra adulta é moi similar dentro das ras en xeral. Ver o proceso por
exemplo para a ra verdexada, que é o mismo que para esta.
Moi pouco gregaria, non forma grupos nin
siquera cando está en celo.
Curioso: durante o celo o macho presenta unha
callosidade gris ou negruzca no primeiro dedo. O amplexo, sin ningunha
duda. O amplexo permítelle o macho agarrarse a femia para deste modo
fecundar os ovos, que pon a femia, moito millor e de forma doada.
Ir a
características
|
Interés: |
Interés:
Moito, como tódolos anfibios. Esta ra é dende logo
especial e unha boa medidora do estado natural dos regatos en Galicia.
As minicentrais, como o que escribe, non lle gustan nada. Pensa (
eu creo que as ras pensan) que esnafran os ríos galegos, que creen ( eu
creo que teñen creencias) que eran os mellores do mundo, os ríos por
suposto.
Ir a
características
|
Protección: |
Protección:
No está protexida que eu sepa. Sin embargo,
observar o mapa de distribución é unha ra que leva desaparecido de casi
toda a península, cando en tempos remotos demostrouse que si existía.
Efectivamente figura na UICN como
non catalogada. E na categoría España: vulnerable VU A2ce.
Debera estar protexida no resto de España,
xa que prácticamente non existe.
En Galicia é abondosa. Inda que falta no sur de
Pontevedra e suroeste de Ourense.
Ollo coa seca de 2012, según Moisés Asensi,
coordinador do Atlas de Anfibios e Reptiles de Galicia.
Ir a
características
|
Distribución
en Galicia: |
Distribución en Galicia
Dende logo é moi común en toda Galicia, quizais salvo
na terra Cha, onde é menos abondosa. O resto abunda moito. Nas partes
altas esta ra tende a ser sustituida pola ra temporaria.
Non se ve esta ra no sur de Pontevedra e no
suroeste de Ourense.
É unha especie autóctona da zona noroeste da
península. Como xa queda dito polo mapa.
Esta en peligro en abril de 2012
pola seca. Os regatos van sin auga. Ten que chover.
Ir a
características
|
Petición
: |
Petición:
Esta ra pide os grandes nucleos de población de
Galicia, como Celanova, Ribadavia, Carballiño, Verín, Ourense e outros máis
pequenos como Montederramo, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambia e
outros, que depuren as augas, últimamente non poden vivir como antes,
xa que as augas baixan sucias e cada día peor.
¡¡¡ Queda dito !!!
Ir a
características
|
Canto: |
O seu canto:
O canto desta ra e totalmente distinto o da ra
verdexada xa que é un "oak...oak...oak..." rápido.
Canta de noite e únicamente cando se aparea. Non é moi
cantarina.
Distinto o treee...treee...crrao..."
da everdexada
.
Ir a
características
|
Bibliografía
Fontes:
Esos anfibios e reptiles gallegos. Jose Curt y
Pedro Galán. Tamén utizo o Libro Atlas de vertebrados de Galicia, o tomo
I, feito pola Sociedade Galega de Historia natural en 1995, un gran
libro sin dúbida.
Tamén a Guía dos anfibios e réptiles de Galicia
de Moisés Asensi.
Ir a
características
Fotos Invernadeiro 26/10/2012
Fotografía Secundino Lorenzo
Autor de la web
Neste lugar marabilloso atopei unha ra patilarga, pequena pero
moi vistosa...
Río da Ribeira Grande, afluente do
Camba e que forma entre outros o encoro das Portas o segundo maior de
Galicia.
Este é a ra. As fotografías son miñas e sacada no outono de
2012. Día marabilloso...
Fotos de
A Edreira en Chandrexa de Queixa. Río Queixa (Navea)
Ra patilonga. Fotografía sacada o día 24 de
setembro de 2013. Río Queixa (máis abaixo chámase río Navea). É unha ra
pequena pero moi axil, saltadora incrible. Está ra ten unha cor un pouco
oscura, pero o lugar, a Poza Samión é un pouco sombria... Ver na fotografía
seguinte outra máis normal...
Observar o antifaz onde o ollo así como as
patas longas, moito máis que o corpo, é picuda cunha v no lombo e coas
membranas dixitais casi ata o borde... A cor é de folla seca e tamén un
pouco oscura. É de tamaño pequeno e vive en regatos e ríos pequenos de
montaña. Esta fotografía está sacada no río (regato) da Edreira, que
forma na Edreira xunto con outros o río de Queixa, que logo se chamará
río Navea máis abaixo. Estou a falar de ríos do Oriente Ourensán
concretamente en Chandrexa de Queixa.
Ir a
características
Subir
|