Rana
perezi.
Ra verde.
(Rana verde).
Ra verde. Ra de charco.
É a gran animadora dos nosos ríos.
É
a típica ra de Galicia, dos nosos ríos e charcas. É a máis cantora das ras e a máis acuática.
A súa canción é,
sen dúbida, a nº 1 do Hit parade da natureza. Normalmente en coros.
Vive en grandes colonias.
Está presente en toda Galicia,
pero desgraciadamente cada vez menos...
Características.
Saír
Ra verde: Características
Nome
científico |
Nome científico
Rana perezi. (Seoane, 1885)
Reino:
Animalia
Clase:
Anfibios
Orden:
Anuros (anfibios sin cola)
Familia:
Ranidae
Género:
Rana
Especie:
Rana perezi
(Seoane, 1885)
|
|
Volver a características |
Nome
galego |
Nome
galego:
Fotografía sensacional de
Javier Fuentes.
Ra verde. Ra verdexada. Ra dos vals. Ra de charco. Ra verdella.
Volver a características |
Nome
castelán |
Nome
castelán:
Rana Verde. Rana común. Rana ridibunda.
Volver a características |
Dimensións |
Dimensións:
Entre 50 e 75 mm. As femias son un pouco máis
grandes, poden chegar a 100 mm. Trátase dunha ra
grande, co lombo apencado de manchas negras ou pardas, cunha fina liña
vertical no lombo. Non ten antifaz despois do ollo (esto é definitivo
para distinguilas das outras ras).
No dibuxo aparece co
saco vocal hinchado como un globo, prodúcese o cantar, cando fan o
cortexo as femias, nese caso cantan desaforadamente. O saco que se ve
hinchado actua de caixa de resonancia, desa forma o canto ou chamada
chega moi lonxe.
Os dedos dos membros posteriores teñen membranas
interdixitais, para nadar mellor. Os dedos dos membros anteriores, soio
catro dedos, deles, o terceiro dedo é moito maior.
A pel é verrugosa e ten plegues dorsolaterais moi patentes, ou sexa que
se ven perfectamente. No dibuxo vense o plegue que vai dende o ano o
ollo, e o plegue central.
Nesta fotografía vense moi ben os pliegues dos
costados, que as veces son de cor dourado.
Volver a
características
|
Identificación: |
Identificación:
Ollos grandes e saíntes. Os tímpanos ben
visibles. Non ten antifaz. É moi verde ( hai exemplares máis pardos,
pero en xeral é verde con algún tono pardo e manchas negras) e por suposto cantarina.
Observar que non ten o típico
antifaz que presentan outras rás.
Ra verdexada. Verde e sin antifaz. Tímpano
grande.
Ra ibérica. Observar o antifaz despois do ollo.
Tímpano pequeno. Tonos de folla seca.
Observar que o fuciño é
redondeado e lixeiramente puntiagudo. Ollos moi saintes e pupila
horizontal. Tímpano grande e moi ben señalado. Extremidades fortes,
membranas interdixitais amplias.
Volver a
características
|
Alimentación: |
Alimentación:
Todo tipo de insectos, tanto larvas acuáticas como
terrestres, ou sexa, dende tricópteros, coleópteros e moluscos, na auga,
ata, dípteros, arácnidos, , etc. Tamén peixes moi pequenos, e outros.
É moi áxil e caza con saltos
todo tipo de insectos e arañas. Pode estar activa todo o día pero
parece preferi-lo serán entre lusco e fusco.
Cando está en plan de caza salta sobre calquera
cousa, un trapiño vermello pequeniño, calquera trapallada, esto
sábeno ben os pescadores de ras.
Volver a
características
|
Depredadores: |
Inimigos:
Ten moitos. Cando se ve ameazada, salta
rápidamente a charca e vai esconderse no fondo.
Posición típica.
A ra está tomando o sol, xeralmente na
orilla do río ou da charca correspondente. Cando se asusta, ¡¡¡chap!!
, lánzase a agua e desaparece.
O cabo dun ratiño aparece na
superficie, momento no que Trago Silva sacou a fotografía anterior.
Aparece para mirar o que pasa, para ver como están as cousas.
Fotografía de Félix Valeiras.
Tén moitos depredadores dende as
cóbregas de río, que lle gustan moito as ras, ou sexa é un manxar
exquisito, aves, mamíferos como a londra e outros.
Por suposto ten mecanismos de defensa
como tódolos animais, estos mecanismos son obxecto de estudios, por
exemplo o publicado pola revista Quercus do mes de novembro do 2004, onde
Iñigo Martinez-Solano y Mario Garcia París escriben sobre estos
mecanismos.
De
feito esta fotografía está sacada do seu traballo, (é de Juan Jesús
Alarcón) e vese perfectamente un dos mecanismos que ten para parecer
moito máis grande, así traba as patas posteriores para ser moito máis
grande. Este mecanismo faino en xeral como defensa, por exemplo ante as
cóbregas de río.
Nesta
outra fotografía vese como arquea a columna para producir o mismo efecto.
O final faixe moito máis grande, co que pode salvar a vida en moitos
casos.
Volver a características
|
Habitats: |
Habitats:
Preto dos ríos, charcas, prados, etc. De marzo a
novembro.
Prefire a auga máis lenta e non se adapta moito a ríos de caudal
rápido. Prefire polo tanto os ríos grandes e lagoas de auga morniña.
Este charco, da fotografía de Luis
García Cardenete vaille perfectamente
Os machos poden durar ata 5 anos, as femias
ata 6 anos.
Volver a
características
|
Reproducción: |
Reproducción:
A reproducción empeza en marzo. O canto dos machos acompaña os pescos
da troita nos primeiros días e dura ata xuño. Os machos poden cantar
metidos na auga, nadando, ou ben na beira, formando as veces grandes
concentracións.
Por certo o macho ten os membros anteriores
mais grandes ca femia e na primaveira mostran unhas rugosidades
negruznas na base do primeiro dedo que lle van a servir para agarrarse
as femias no momento das manifestacións nupciais. É o que se chama
amplexus, que son posturas moi peculiares.
Cando freza pon entre 1.000 e 10.000 ovos. O
macho vai fecundando os ovos que pon a femia, con esta postura, que non
é o que se pode pensar. O amplexo é precisamente, esa pretuberancia
para collerse ben a femia e poder desenrolar esa labor, básica para a
vida.
Máis adiante apareceran, a partir dos ovos os
cágados. Os
cágados poden chegar a ser moi grandes. A metamorfose soe durar 2-4
meses, saíndo da auga a meirande parte dos xuvenís ó remate do
verán.
O proceso é moi complicado xa que os
cágados pasan da sustitución de algúns membros a aparición de
outros. Así aparecen as patas e o aparato respiratorio branquial é
sustituido por outro pulmonar.
Ver un pequeno esquema:
|
METAMORFOSIS.
A metamorfosis das ras é incrible, e
aparece nos dibuxos feitos por Felix Rodriguez de la Fuente, nos
seus cadernos de campo.
Na parte de abaixo os ovos, que as ras
poñen baixo a auga formando grandes masas de globos.
Logo pasa a cágado ápodo, é decir sin
patas. Dibuxo 2.
Máis tarde no dibuxo tres aparecen as
patas.
Finalmente nos dibuxos de arriba o cágado
xa se convirte en rá con cola que perde logo no último estadio. |
Este proceso pode verse en dibuxos interactivos neste link amigo.
Volver a
características
|
Interés: |
Interés:
Moito como tódolos anfibios.
En moitos lugares están a desaparecer. Os anfibios
son un bon termómetro para medir a natureza dunha comarca. Son bastante
sensibles a contaminación.
Volver a
características
|
Proteción: |
Proteción:
No está protexida que eu sepa.
En Galicia moita xente considera que esta ra está
ameazada, sobre todo pola introdución de especies exóticas, tanto nos
ríos como en charcas.
Dende logo a carpa non deixa un cágado en pe, eso
seguro...
Pola miña banda e nos ríos que me movo que teñen
charcas e demáis observo dende fai uns anos unha disminución galopante
desta ra, pero non sei as razóns. Penso que os productos fitosanitarios
(os puríns) son un auténtico desastre para esta especie.
Volver a características
|
Distribución
en Galicia: |
Distribución en Galicia:
Dende logo é moi común en toda Galicia, quizais salvo
no norte de Lugo que hai menos. Podemos decir que lle gustan os
ambientes máis cálidos.
En Galicia vive dende o nivel do mar ata 1.800
metros, na Serra Segundeira e incluso en lagos de orixen glaciar.
Volver a
características
|
Curiosidades: |
Curiosidades:
Fotografía de K59
En Ourense foi moi perseguida na Lagoa de Antela.
"As ancas
de ra" son un bocado exquisito. Hoxe a maioría son de viveiro, e
con perdón, non se tragan...
En Ourense tiña a especialidade o Bar "O
catador" , na zona dos viños, tempos aqueles ...
Hoxe a Lagoa de Antela xa foi historia, non existe
lamentablemente, está
asolagada por unha desecación salvaxe, unha mágoa. Quedan algunhas
rás, quedan algúns cantos, pero o coro que se oía polos anos 50 pasou
a historia...
Imaxen da Lagoa de Antela nos anos 1950, e
imaxen hoxe. Unha Lagoa chea de todo por suposto de rás. Unha
Lagoa hoxe que é un patatal. Para chorar. Hai cousas que se fan
cós pés...
Hoxe dos poucos charcos que quedan están extraendo
area a tope...lamentable. Esta debe ser a recuperación da que
falaba o Delegado de Medio Ambiente de Ourense, polo ano 2000, o
Sr. Verdeal...
|
O
canto da ra: |
O canto da
ra:
Pulsando
este
link podedes oir o canto da ra, nº 1 no hit-parade da natureza.
Trátase dun
"trree...trree...tree...crrao ...crrao...". Canta
tanto pola noite como polo día.
Volver a características |
Os
ollos dos anfibios: |
Os
ollos dos anfibios:
Poño estos dibuxos de Felix Rodriguez de la Fuente,
por curiosos. Trátase das pupilas de algúns anfibios. Por exemplo a ra
tena que parece unha faba, mentras que o sapo común o Bufo bufo tena como
un rombo .
Volver a características
|
Problemas
das ras en Galicia: |
Problemas das ras en Galicia:
A ra está desaparecendo de moitos lugares de
Galicia, algo pasa, por exemplo en Xinzo de Limia (Ourense), en
Leboreiro e o máis grave no Courel.
¿Que pasa cós anfibios?. A verdade é que non
se sabe, pero máis dun fala da contaminación e por suposto da
desaparición das charcas onde vivian.
O de Xinzo está claro, a desecación da Lagoa, a
extracción salvaxe de area do pouco que queda, extracción que se está
a producir neste momento, novembro do 2004, fan que os anfibios o estén
pasando mal.
En Leboreiro (Ourense) descoñezo o que pasa
pero últimamente as rás xa non cantan con fai 20 anos. Prácticamente
desapareceron de moitas charcos. Eu, que non teño nin idea, penso nos
puríns das fincas, que van o río e quedan en algunhas charcas. Os
puríns matan todo canto hai. Pero non teño probas...
Outros dicen que o sol, debido a capa de ozono,
queima moito e os anfibios en determinados lugares non aguantan.
No Courel é inda máis complexo, falase dunha
nube de NO2 que hai sobre o parque e que lles pode afectar, o
feito contrastado é que cada día hai menos.
Volver a características
|
Bibliografía da ficha:
Fonte: Esos anfibios e reptiles gallegos. Jose Curt y
Pedro Galán.
Tamén utilizo o libro Atlas de vertebrados de Galicia, o tomo
I, feito pola Sociedade Galega de Historia natural en 1995, un gran
libro sin dúbida.
Tamén o libro Anfibios Españoles de Alfredo Salvador y
Mario García París.
Tamén utilizo os dibuxos de Felix
Rodriguez de la Fuente.
|
Estos Cuadernos de Campo resultan sumamente
curiosos. Son anotacións feitas por Felix R. de la Fuente nos anos
1970-1980.
Maravillosos.
¡¡Gracias Felix!!. |
Volver a características
Fotografía do autor da www.
Leboreiro 16/05/2006.
Esta ra tuvo sorte, fora destos
momentos. Seguro que non estaba a gusto; logo da foto, foi liberada e menudos saltos...
Sensacional fotografía do meu amigo e compañeiro de
pesca Félix Valeiras. Ourense. 2008.
Outra fotografía da misma ra.
|