A Devesa da Rogueira no Courel.
"Xoia botánica de Galicia"

Dibuxo da ruta sacada do libro "Camiños do Courel", da Asociación Rio Lor. Rubian (Bóveda). Lugo. Tfno 982 424141. Un libro de rutas do Courel sensacional.

 

A devesa da Rogueira está situada no Courel, a cinco kms. de Seoane do Courel  e a tres do  pobo de Moreda, que se ve no esquema da ruta.

A  devesa da Rogueria é o bosque mais marabilloso que vín na miña vida. Trátase como todas as devesas galegas, dun bosque de tipo atlántico  orientado o norte, en forma de triángulo e cunha vexetación  única. Normalmente son ladeiras moi inclinadas e moi húmidas. O desnivel da saída ata a chegada é de 800 metros.

A ruta para recorrer esta devesa pode facerse dende abaixo, dende a Aula de Natureza, subindo o regato da Rogueira ata chegar as Fontes do Cervo, que son dúas unha ferruginosa e outra calcárea,  e incluso visitar o mirador de Polín ou a Laguna de Lucenza. Ata as fontes compre ben tres horas (ida e volta) e para facela completa sete ou oito horas.

Eu fixen a ruta dende abaixo ata as fontes; é unha subida moi forte, un pouco mais de dous kms, pero merece a pena. Na misma cima hai unha pista forestal que é a que ven do alto do Couto. Nas fontes din a volta.

Por certo na Aula de Natureza sempre hai xente para explicar todo o que se queira da ruta. O día que eu fun estaba un rapaz, Carlos, todo amabilidade, que nos deu contestación a todas as nosas dudas e nos aconselleu perfectamente...Gracias Carlos, un saúdo dende esta páxina web.

A Devesa, que se ve na fotografía,  é un parque botánico, toda unha clase de Natureza, que sorprende en cada volta do camiño. A grandiosidade, a diversidade, a sorpresa, a espectacularidade e todo o que se queira poñer...é pouco...

En árbores nunca vín tanta variedade xunta na miña vida: castaños, bidueiros, salgueiros, avelairas, carballos, rebolos, aciñeiras, pradairos, capudres, acebos, sanguiños, texos, faias, etc. Incrible variedade. ¡Impresionante!. (Todos eles menos a aciñeira teñen ficha na miña páxina web; a aciñeira non,  xa que non existe prácticamente o pe dos ríos e regatos, salvo casos como este do Courel).

A flora tamén é única, inda que novembro non é precisamente o mellor mes, pero non faltan entre outras: a herba dos mendigos, a rosa brava co seu froito que eu chamo escaramuxo nas miñas fichas, a abrairiña (tamen teño unha ficha aberta), a herba chaveira que descoñecía, a panqueixo, tollemerendas en algúns prados, todo tipo de fentos, entre eles o fento das boticas e moitas outras...

Na fauna hai de todo, pero nesta época soio vimos paxaros entre eles os ferreiriños.

Vín moita vida de invertebrados nos regatos que vaixan a devesa, o regato da Rogueira e o regato de Freixedo, pero moi pouca auga. Sin dúbida o ano 2007 é un ano de sequía xeralizada en Galicia.

¡Volverei na primavera, seguro!

 

Para máis información sobre esta ruta visitar esta páxina "A devesa da Rogueria"

Tamén esta información da Xunta.


   Volver