Pedro Ricardo Miño
A música que vai soar ou está soando é de Pedro Ricardo Miño e titúlase Río Miño.
Pedro Ricardo Miño é un pianista trianero, ver este link, unha marabilla ao piano. Gústame esta peza que lle chama "Río Miño", e poño esta peza na miña web encantado, esperando que lle guste a montaxe. As fotografías, todas do que escribe Secundino Lorenzo, son unha homenaxe, a esta música, que penso que ben a complementa.
¡Gracias Pedro Ricardo Miño por esta marabilla!.
//
Río Miño no Pedregal de Irimia, no nacemento.
Río Miño en Meira. A catro kms. do seu nacemento no Pedregal de Irimia.
Río Miño, inda xoven, a dez km. do nacemento, por debaixo de Fontemiña.
Río Miño en Belesar, por Chantada.
Río Miño no Cabo do Mundo. Un lugar espectacular...Abaixo a praia de Cova.
Río Miño no cabo do Mundo. Espectacular finca de albariño
Río Miño, nos Peares, aquí o río faixe máis grande. Á esquerda desemboca o río Sil.
Río Miño en Ourense. Paseo do río Miño. Desembocadura do río Loña.
Río Miño en Ourense. Ponte romano-medieval e ao fondo a Ponte do Milenio.
Río Miño en Puga. O Ribeiro. Un viño único.
Río Miño en Castrelo de Miño. O Ribeiro, un dos grandes viños de Galicia.
Río Miño en Ponte Castrelo preto de Ribadavia.
Unha ponte histórica, restaurada fai pouco.
Río Miño por Filgueira e Cortegada. Aquí o río Miño xa non é tan xoven.
O río Miño en Arbo, un río Miño xa ceibe e forte, un río sin cadeas...
Un río que compartimos os galegos con Portugal. Por certo a xente que vai nas lanchas
son do IES As Lagoas de Ourense...¡Xa choveu!...
O río Miño en Vila Nova de Cerveira. Ao fondo a Illa da Boega e a illa Dos Amores,
e máis alá a foz do Miño e o monte Tegra a dereita.
O río Miño en Vilanova de Cerveira. Columpio de Cerveira.
O río Miño na súa desembocadura no mar,
dende a capela de San Antâo (Caminha-Portugal), enfrente ao monte Tegra.
O luscofusco ou posta do sol na desembocadura do río Miño é espectacular.
Ó fondo a Fortaleza e o pobo portugués de Moledo.
Esta fotografía e a anterior están sacadas dende Camposancos, na desembocadura
do río Miño na parte galega. Entre as dúas fotos hai dez minutos de diferencia.
Este é o meu email, por si Pedro Ricardo Miño quere cambiar algunha cousa. Podería facer un video coas fotografías e a súa música, pero eso non é legal sin a súa autorización...Decir que a canción "Río Miño" merqueina en Amazon Music, onde se vende o álbum completo. Sei que elo non me autoriza a publicala, por eso poño o meu email, por si hai algún problema...
¡Enhoraboa pola música!
Volver Ríos-Música
Volver ao río Miño