Polos ríos e montañas de Ourense.
Fotografía de Xosé Benito Reza Rguez.
Enxeñeiro de Montes e escritor, entre outras moitas profesións, un home moi querido, en particular polos que ó coñecemos e sabemos como ama a natureza e como á ten defendido.
¡Grazas amigo, dende esta páxina web en defensa dos ríos e da nosa natureza!. Seguro que desfrutaremos moito cos teus traballos, marabillosamente documentados coma sempre.
Mapa do recorrido que vai facer pola provincia de Ourense e os seus espacios protexidos. Empezan na Serra Martiña e seguen o sentido contrario as agullas do reló rematando na Serra da Enciña da Lastra, ver o mapa.
Traballos relativos os ríos e montañas de Ourense, escritos feitos por Xosé Benito Reza Rguez. e publicados no diario La Región dende o domingo dia 26 de Abril do ano 2026.
Pulsa na imaxen, ou neste link, para ver e escoitar esta entrevista na que Xosé Benito Reza explica ó que pretende cos seus traballos dedicados a mostrar a paisaxe dos ríos e as montañas de Ourense, neste ano especial 2026, o "Ano Oteriano", dedicado a Otero Pedrayo, xa que estamos no 50 aniversario da súa morte; 1888-1976.
Escóitaa con calma, xa que na miña opinión é unha auténtica marabilla, Xosé Benito é un home que coñece moi ben a nosa terra, quere a nosa terra e defende, sempre ó fixo, a nosa terra, convencido de qué non sabemos ó que temos e que se ó soubésemos trataríamola mellor...
Presentación do traballo
Resumen do seu traballo e entregas na Región.
Traballo do 26/04/2026: Polos ríos e montañas de Ourense.
Fotografías publicadas ese día 26/04/26. Completo con dúas máis.
Andaina polo vellos camiños...Un plan perfecto de J.B. Reza.
Ver e disfrutar os traballos:
Fotografía sacada de La Región.
Xosé Benito Reza Rodríguez.
--o--
Traballo do 03/05/2026: A Serra de Martiñá.
--o--
Traballo do 10/05/2026: Pena Corneira. Monumento natural.
--o--
Traballo do 17/05/2026: Serra do Candán e montes do Testeiro.
--o--
Traballo do 24/05/2026: O río Armoia.
--o--
Traballo do 31/05/2026: O Xurés-Gerês, parque natural.
--o--
Traballo do 07/06/2026: Serras do Leboreiro e Xurés.
--o--
Traballo do 14/06/2026: Baixa Limia vida e natureza.
--o--
Traballo do 21/06/2026: O Limia e a Lagoa de Antela.
--o--
Traballo do 27/06/2026: O río Támega de Verín a Chaves.
--o--
Traballo do 05/07/2026: O Macizo Central. Serra de San Mamede.
--o--
Traballo do 12/07/2026: O Macizo Central. Vida dura.
--o--
Traballo do 19/07/2026: O Macizo Central. Vida silvestre.
--o--
Traballo do 26/07/2026: O Macizo Central. Outros espacios.
--o--
Traballo do 02/08/2026: A Ribeira Sacra, a fenda máis profunda.
--o--
Traballo do 09/08/2026: A Ribeira Sacra.Flora e fauna.
--o--
Traballo do 16/08/2026: Pena Trevinca, aproximación a alta montaña.
--o--
Traballo do 23/08/2026: Pena Trevinca, o teito de Galicia
--o--
Traballo do 30/08/2026: O Teixadal e Pena Maseira.
--o--
Traballo do 06/09/2026: A Serra de Encina da Lastra.
--o--
Pozas de Mallón, no río Castroleboreiro.
Dicir que por debaixo desta fotografía pesquei moitas veces este río que eu chamaba río Olelas. Tiña unhas troitas moi boas; hoxe a cola do encoro de Lindoso chega casi o pé destas fervenzas,
Río Queixa.
Que vou a dicir desta fotografía, o río Queixa, mais arriba río da Edreira e mais abaixo río Navea, foi o meu río durante mais de 20 anos, 1970-1990. Outra marabilla de río. Nestas posturas de troitas, que eran todas, pasei momentos da pesca da troita moi agradables. Río plumeiro por excelencia.
Hoxe, abril de 2026, os incendios teñen este río na UVI.