As fotografías sensacionais que
siguen están sacadas da seguinte direccións de internet:
Os galegos chamamos Cabaliños
do demo, tanto as grandes libélulas que lle
chamamos Libeliñas
, como as pequenas libélulas que lles chamamos Gaiteiros.
De tódolos xeitos non está demáis
distinguir perfectamente entre unhos e otros xa que non é difícil.
Un esquema pode valer:
LIBELIÑAS
E GAITEIROS.
CABALIÑOS DO DEMO
| Anisópteros
(Odonato)
80 mm. |

|

|
Libeliña ou Libélula.
Quitaollos común. |
| Zigópteros
(Odonato)
40 mm
|

|

|
Gaiteiro.
Gaiteiro alizul.
(Máis pequeno ca libeliña) |
A larva de libeliña, o odonato
(Anisóptero) que tamén chamo besbello, é moito maior que a de
gaiteiro e dende logo con moita máis forza. As dúas teñen
mandíbulas pero mentras o Odonato grande caza por vista, é moi rápido e moi
depredador o outro o do gaiteiro caza por aproximación e en base as
antenas, é, polo tanto, moito máis lento.
|

|

|
| Larva do cabaliño. Esta larva é máis
pequena que a da dereita, que é un besbello ou larva da
libeliña. |
Larva da libeliña o chamado besbello. É
moito maior e máis potente no río e fora do río. |
Fotografías de Gunter Steinbach.
Ver máis diferencias:
|

|

|
Na libeliña a cabeza
é redonda e os ollos case están pegados. As ás
permañecen abertas en reposo e o longo da cola; presentan tres
segmentos tipo como moi característicos.
Teñen un voo moi sofisticado, son capaces de pararse
incluso no aire.
|
No gaiteiro a
cabeza é redonda pero os ollos están máis separados. As ás
permañecen pousadas o longo da cola. Non presentan, por regra xeral, esas tres partes. Son dende logo máis pequenos e
incapaces de pararse en voo.
|
Vexamos a continuación algúns dos Gaiteiros e Libeliñas
máis comúns de Galicia: