O MUIÑO DO MOURÍN e a MERCEDES.

Visita do día 10-07-2002.

Na fotografía do medio o exterior do muiño de José Antonio Mourín e Mercedes Macía un lugar marabilloso no río Sarria (Lugo).

Molino antiguo. Molino actual.

 

No que sigue poño unhas fotografías: pido paciencia para que baixen, son moitas. Merece a pena.

Este traballo pretende ser, un pequeno detalle pola miña parte a amabilidade e agarimo que sentín nesta visita. A verdade é que hai cousas e detalles que quedan para sempre no corazón das personas. O que sentín ese día é unha delas.

Outras fotografías dun lugar marabilloso:

 

 

Vista xeral do muíño "Acea de abaixo", no río Sarria (Lugo). As árbores que se ven (no centro) son amieiros, xa de moitos anos. Da gusto cando se atopa xente que fai reconstruccións respetando escrupulosamente o entorno. A miña enhoraboa e a disfrutalo...

Sorprende, o chegar o muíño, que teña un pequeno souto por diante.

Nada menos que tres castaños de moitos anos. Dicen os donos que as castañas son moi sabrosas. Seguro que é o castaño lucense..., que da moi boas castañas.

Vista dun castaño. Hai tres na entrada.

Outros castaños e ó fondo o muiño. Por certo, estes castaños teñen unhas feituras moi singulares...según o dono...

Monumento a enchenta do 2000. Todo un símbolo. Outra vista do entorno da entrada o muíño. ¡Sorprende...gratamente !.

O muíño pola parte da presa. Un prado que está situado  a carón da baira que hai no lugar e que forma a presa. A baira ten uns 500 metros.

A presa ou cachón do muíño. Unha presa con todas as da lei. Marabillosa. E inda por riba, a baira ten troitas. Penso que o demostrei, ¡matemáticamente!.

   

Vista do muíño. Parte esquerda da presa e pesqueira, esto da pesqueira non o vira na miña vida tan ben feito...

Canle que conduce a auga da presa o muíño. Por certo na cabeceira pódese conducir a auga o muíño, ou ben a pesqueira. Marabilloso o proceso. Por certo totalmente automatizado por Mercemouri S.L.

O dono do muíño ensinando a pesqueira e moitas máis cousas.

A dona tamén ensinando moitas cousas, e disfrutando. Non é para menos, a verdade e que o lugar é marabilloso.

Pesqueira traballando. Por certo o sistema é moi orixinal, pero, neste intre diría que o explique o dono.

Interior do muíño. "Acea de abaixo". Non falta un detalle. No fondo un forno con todo tipo de automatismos. Incluso, por decir un detalle, ten un recolle grasas de asados automático...Realmente ¡nunca vin outra!. Fora coñas...

Vista o norte, onde están os castaños e a entrada. Un lugar ideal para leer calquera cousa.

 Ideal para leer "Terra Brava" de Fole ou calquera outro. O lugar anima.

Dende a cociña, unha ventana permite vixiar a auga que chega o muíño. O mesmo tempo da luz. Por certo o muíño ten detalles que se deberan patentar: pode dar luz, e pode tapala o mesmo tempo. E ten mosquiteros na entrada...e sistema de alarmas que valen para intrusos e o mesmo tempo para outros seres vivos...

   

Outro detalle do interior, permite ver como xira o rodicio. O muíño ten hoxe unha moa en estado operativo. E outra que foi sustituida polo que ven na fotografía.

Outra ventana, das moitas que ten o muíño.

Realmente dentro ten moita luz.

Precioso.

A flora da zona é incrible: por suposto os castaños, pero hai tamén moitos amieiros, por certo de gran altura. Había chopos que foron cortados e replantados, con bon criterio, podían caer por riba do muíño.

Hai tamén pradairos. A verdade é que son marabillosos. Na zona hai tamén moitas avelairas, chopos crecendo e algún carballo. Pareceume ver tamén unha figueira. Tamén vín varios serbais dos cazadores ou capudres (cancereixos). En fin amigos: ¡Un xardín botánico!.

O laurel está na entrada con varias matas. Marabillosas. Hai varias no regato da Fefa, un regatiño que está na entrada.

Unha especie incrible, que demostra un gran detalle dos donos do muíño: o bambú. Non é normal atopar este pequeno arbusto. Todo un detalle...

   
Parte de abaixo do muíño, o río Sarria sigue... A Ponte. O río é bucólico, por non decir outra palabra. Marabilloso. Ademais vese limpo e ten vida...

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dentro do muíño tamén había xente.