Ullán.

Por Ullán entendemos o que vive nas ribeiras do río Ulla, en Galicia. Tamén por suposto todo o relativo ou pertencente ó río Ulla, ás comarcas da súa conca ou ós seus habitantes.

Deste xeito cubro no dicionario a letra U que estaba orfa de palabras relativas os ríos; por certo,  si sabes dalgunha mándame un email.

 

O río Ulla é un río galego do noroeste da península Ibérica, que desemboca no océano Atlántico. O río Ulla nace en Olveda, unha pequena parroquia do municipio de Antas de Ulla, provincia de Lugo. Posúe dous afluentes pola esquerda, o Arnego e o Deza e o seu curso limita as provincias da Coruña e Pontevedra desembocando na Ría de Arosa a altura de Catoira tras percorrer 132 km.

As súas augas son retidas polo encoro de Portodemouros.

O río Ulla ten troitas, salmóns, anguías e lampreas entre outros peixes.

A xente que vive nas ribeiras deste gran río chámanse ulláns.

Río Ulla na Agolada, fotografía de Manuel Busto.

Saír.