RAIGADA.

A raigada é o conxunto formado polas raíces dos árbores que descubre a auga do río cando baixa de caudal.

Tamén se chama reigada, raiceira.

Hai ríos cheos de raíces,  ou sexa con moitas raigadas no canle do río.

Na fotografía vense un grupo de raíces saíndo a superficie da auga.

É o que se chama raigada ou reigada.

Son lugares moi bons para vivir as troitas grandes, xusto debaixo, xa que teñen moita defensa.

Si a troita está encamada nas raíces é moi dificil tentala.

....  

Neste río hai moita raigadas nas beiras e tamén no leito do río.

A fotografía está sacada no río Arenteiro no Carballiño en Ourense.

Moitas delas non se ven facilmente e a hora da pesca presupón moitas veces a perda do aparello.

 

 

Río Arenteiro no Carballiño, nesta zona o río ten moitas raigadas ou reigadas.

Raigada o reigada no río Arnego. Agolada.

Esta palabra non ven,  como raíces de árbores nos ríos, no  "Gran dicionario xerais da lingua" dous tomos de  2009, que é o que utilizo normalmente.

De feito pon que raigada é un cravo...

A palabra está sacada dun dicionario publicado en 1974 "Notas etno-lingüisticas en torno a pesca en Galicia (Río Mandeo)", e aparece firmado por  J.L. Couceiro.  Podedes ver este dicionario nesta misma páxina no apartado de "Os ríos son prosas".

salir.jpg (922 bytes) Saír.