Curso. 

O curso dun río é o percorrido dunha corrente de auga, mesmo cando é esporádica, desde que nace ou ten entidade ata que corre ou desaparece. O curso dun río pode discurrir tanto superficialmente como de forma subterránea, ou incluso combinarse ambas modalidades.

 

Na  fotografía, da que descoñezo o autor, vese  un trozo do curso do río Sil, concretamente no canón do Sil que divide, neste caso a provincia de Ourense e a de Lugo. Aquí o río trascurre superficialmente...

 

Nas fotografía dúas partes do curso do río Miño, o pai dos ríos galegos, a primeira a da esquerda o río Miño que trascurre de forma subterranea no Pedregal de Irimia que é onde nace. Na segunda fotografía o río Miño desembocando no mar entre Camiña e a Guarda, neste caso superficialmente. As dúas fotografías pertencen o curso do río Miño.

 

CURSOS DE AUGA MÁIS IMPORTANTES DE GALICIA.

 

 

"Galicia é o país dos dez mil ríos", decía Alvaro Cunqueiro, e dende logo e certo.

Ver estos dous dibuxos para comprender as vertentes de todos os grandes ríos galegos; os dibuxos están sacados do libro "A natureza" publicado pola Editorial Nosa Terra:

Algunhas curiosidades dos ríos galegos en canto a súa lonxitude, ordeados de maior a menor.

Os ríos galegos por orden de lonxitude son :

Nº Orden Río  Lonxitude Nacemento  Desembocadura
1 Miño 310 km. Fonte Miña ( Neira) A Guarda.
2 Sil 225 Km. Cueto Albo ( León) Río Miño. Os Peares.
3 Ulla 135 km. Fonte Ulloa ( Taboada) Ría de Arousa.
4 Tambre 134 km. Montes de Bocelo ( Sobrado) Ponte Nafonso ( Noia).
5 Arnoia 87 km. Serra de San Mamede ( Vilar de Barrio) Río Miño por Arnoia.
6 Eo 79 km. Montes de Cábado ( Baleira) Ría de Ribadeo.
7 Eume 77 km. Montes de Xistral ( Muras) Ría de Ares.
8 Anllóns 70 km. Serra de Montemaior ( Laracha) Ría de Corme ( Ponteceso)
9 Bibei 60 km. Serra de Porto. Río Sil por Montefurado.
10 Lérez 60 km Monte Coco ( Forcarei) Pontevedra
11 Umia 55 km. Fillois ( Forcarei) Cambados.
12 Lor 55 Km Piedrafita do Cebreiro Río Sil.

Nesta lista faltan ríos como o Támega , que nace en Ourense na Alberguería a 900 m., pero que a súa lonxitude de 171 km. trancurre a maior parte en Portugal xa que é un afluente do Duero. En Galicia únicamente ten 44 Km.

Tamén o Limia con 108 km. un río da provincia de Ourense que nace en Paradiña (Sarreaus) e desemboca en Viana do Castelo en Portugal, salindo da Provincia de Ourense por Lobios. En Galicia únicamente ten sobre 50 km.

Tamén o río Navia con 159 km. pero que nace na Serra do Rañadoiro en Pedrafita do Cebreiro pero desemboca na ría de Navia en Asturias. En Galicia ten únicamente 80 Km.

O mismo se pode decir do río Sil, pero pola súa importancia vouno deixar na lista. Ademáis en Galicia ten 106 km.

Outros ríos tamén considerados como principais son:

 

Nº Orden Río  Lonxitude Nacemento  Desembocadura
13 Cabe 55 km Fontes ( O incio) Río Sil. Sober.
14 Sarria 57 km Serra de Oribio ( Samos) Río Neira.
15 Neira 61 km. Montañas de Fontaneira Río Miño. Páramo.
16 Tea 53 km. Nieva ( Avión) Miño en Salvatierra
17 Támoga 54 km. Serra de Carba ( Abadín) Río, por Cospeito.
18 Xallas 50 km. Monte Castelo ( Santa Comba) Ensenada de Ézaro.
19 Deza 47 km. Monte do Testeiro ( Irixo) Río Ulla entre Silleda y Vila de Cruces.
20 Arnego 46 km Poboadura ( Rodeiro) Río Ulla, por Brocos ( A golada)
21 Mandeo 43 km Montes de Bocelo ( Sobrado) Ría de Betanzos.
22 Ouro 46 km. Montes de Xistral ( Muras) Fazouro ( Foz)
23 Verdugo 44 km Serra do Suído ( A Lama) Ría de Vigo.
24 Mero 41 km Montes de A Tieira Ría do Burgo ( Culleredo)
25 Sor 42 km. Montes Caxado Ría do Barqueiro.
26 Navea 37 km. Serra de San Mamede. Río Bibei por Montefurado.

Nesta lista falta (seguramente), o río máis importante: que é o río do teu pobo.

¡¡¡ Coida o río do teu pobo!!!.  ¡¡¡ Manteno limpo e con vida !!! e  ¡ si observas que o tratan mal, escríbeme e cóntamo ( manda foto si podes). Polo menos denunciaremos en Internet...o mellor algún día a Consellería de Medio Ambiente fainos caso.

 

Salir.