Un abeiradoiro é un lugar protexido das inclemencias do tempo. Falando de pesca da troita é un refuxio ou acubillo.

  Moi importante cando se vai de pesca. Nos bons ríos sempre hai un ou varios abeiradoiros, que tamén se chaman refuxios, abrigadoiro, abrigo, abeiro,  acubillo e cobexo  entre outros nomes.

Por suposto hai abeiradoiros naturais ou feitos de outro xeito;  teño visto algúns non moi lonxe da beira do río Navea en Chandrexa de Queixa. Estos abeiradoiros están feitos por pastores e con cachotes, simplemente para protexer da choiva.

 

 

Na fotografía o refuxio do Couto de pesca da Labrada no río Lor. O mellor refuxio que coñezo, opinión que comparten os meus amigos Julio T. Páxaro, e Raúl Jácome D.; ten de todo: cociña, retrete ou váter, comedor,  incluindo unhas vistas ao río marabillosas.

Está moi apartado e por eso está en moi bon estado de conservación o que é unha auténtica sorte, xa que hai moito vándalo solto hoxe en día no noso país...

Unha anécdota que nos pasou neste refuxio o meu compañeiro Julio T. Pájaro e a mín, cando chegamos había un moucho dentro, por certo bastante asustado. Había caído pola chimenea  que se ve e levaba varios días dentro. Pobrete...algún ratón comería, delgado non estaba...Por suposto que o liberamos, e seguro que nos está a dar as grazas...

Ver este video:

 

 

 

 

Este refuxio está preto de Montederramo, no río Mao,  e tennos salvado máis de unha o meu compañeiro de pesca , en tempos, Félix Valeiras e a mín. Moitas veces  caían chuzos e tuvemos que entrar neste abeiradoiro ou refuxio.

Tempos aqueles nos  que ningunha inclemencia do tempo nos tiraba pra casa, hoxe é distinto, aparte de que os ríos non son nin a sombra do que eran, calquera vento pequeno, calquera nubeiro é razón para algúns, como Félix, para quedarse na casa... Temos que cambiar e volver a disfrutar destas cousas...

 

Efectivamente a vista dende estos refuxios é marabillosa:

Dende o primeiro, o refuxio do couto da Labrada,  nada máis cruzar a pasarela e ir río abaixo,  a cen metros,  temos este río Lor que é unha auténtica marabilla.

Río caloteiro, pero río dos poucos que quedan en Galicia con esas augas verdes, transparentes, coas pedras do río limpas e con vida...e poucas troitas pero algunhas hai...

Esperemos que este ano que ven, o 2018, non se vexa afectado pola sequía galopante e ó que inda é peor os incendios que houbo...as cinzas matan por onde pasan e coas chuvias todo vai o río. Cantos tolos temos en Galicia...

No ano 2021 podo decir que ten moita menos troita pero algunha ten; podedes ver un traballo estudio completo do couto da Labrada (volver coa flecha á esquerda) e saber que ó que estou a decir ten fundamento. Dende este dicionario fluvial quero decir que ó que se fixo con este couto debera facerse con todos en Galicia. Enhoraboa ao Club de Pesca Monforte do que me honro en ser socio.

Presa do Cura no río Mao; está situada a cen metros arriba do refuxio. Un río tamén marabilloso en tempos; canta troita autóctona tiña, era incrible e por certo,  sempre  daba troitas e moitas e boas,  non era caloteiro, como o río Lor, ...un gran río.

Hoxe os puríns, e outras delicadezas que baixan polo río abaixo,  teñen a este río desfeito, unha mágoa.

Xa fai anos cheguei o río e estaba morto...soio me faltou chorar. Que había pasado?, pois que se escapara puríns dun lugar onde estaba almacenado, o señor ou a empresa había comprado purín para usar e donar...choveu e unha parte iría o río  e matou todo río abaixo. Seprona ou quen fora estuveron investigados que pasara...ata hoxe. Nunca máis se soupo. Esto estouno escribindo en marzo do ano 2021. Por suposto que os anos seguintes repoboaron...pero non é o mismo...

salir.jpg (922 bytes) Saír.