Baltrón

Un  baltrón é un valado que se fai ó carón dun curso de auga para encaixalo e que non desborde.

Por extensión teño visto a palabra baltrón para designar o canle do río pero sempre que vaia encaixado.

Neste caso vese tanto na esquerda como na dereita un valado que o que facía era que o río fora encaixado e no desbordase.

Trátase do río Miño en Portomarín, hoxe cuberto polo encoro de Belesar.

Baltrón na marxen esquerda do río Arenteiro no Carballiño, por mor de que o río non desborde e asolague o muíño.

Na fotografía vese o río Miño por baixo de Arbo. Nese tramo o río vai encaixado. Trátase de baltróns de auga por onde discurre o río.

salir.jpg (922 bytes) Saír.