Gándaras.

Chámanse gándaras a un terreo chan, moi húmido e pouco productivo dende o punto de vista da agricultura. En realidade son formacións que se orixinan como un primeiro paso de colmatación ( que é un recheo de materiais transportados pola auga dunha fonte ou dun regato ou río) das lagoas, simplemente por acumulación de sedimentos.

 Na fotografía unha gándara típica e famosa. As gándaras de Budiño.

As gándaras é o que queda en terreos chan polo arrastre da auga ou ben pequenas formacións de chairas próximas os ríos por un asolagamento en determinada época.

 

As gándaras de Budiño é un exemplo típico.

Trátase dun lugar básico para moitas das nosas aves.

En realidade teñen unha flora e unha fauna moi peculiar.

Normalmente está cheo de salgueiros e uceiras.

A colmatación dunha gándara da lugar a unha braña.

No dibuxo sacado do libro "A natureza" publicado pola editorial A nosa Terra e de autores Adela Leiro e varios vese a evolución lóxica dende unha lagoa ata unha braña pasando por un proceso de colmatación, que son recheos naturales producidos nas lagoas polos restos que van caíndo e as achegas dos ríos. Pois ben neste proceso hai un paso intermedio que é a gándara.

A braña é o proceso final. A gándara é un paso intermedio entre a lagoa e a braña.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.