Barranco
Un barranco é unha creba profunda producida na terra por un río ou corrente de auga. En realidade trátase dun terreo profundo e escarpado.
Tamén se chama precipicio, cavorco, cavarco, barronca, fondada, barronqueira, cavanca, cavaixe, groba, gorbia, etc.
Na fotografía de Francisco Diez vese perfectamente, a dereita da foto, unha barranca ou barranco.
Tamén se lle chama precipicio.
Os pescos sabemos que non é doado pescar por esa beira, salvo na estiaxe.
Por outra banda é peligroso.
Na fotografía vese un barranco, neste caso producido pola apropiación indebida dunha canteira, en Ourense. En Xubín.
Trátase do río Fareixa.
O propietario está denunciado pero nin caso; debe ter boas agarradeiras. Por detrás hai unha fervenza marabillosa, cunhos muíños tamén moi bonitos, pero a zona está quedando impresentable.
O lector pode darse idea do que é un barranco ou unha barranca.
Esta é a fervenza que está detrás do barranco da fotografía anterior.
A dereita hai unha canteira que todo o que quita da montaña vai tirando o río, neste caso o río Fareixa.
A canteira produce, polo tanto, o barranco anterior e o destrozo total da zona.