Adiviña, en Galicia, é un enigma ou pregunta engañosa para entreterse en acerta-la resposta.
Tamén se chama adiviñanza.
Adiviña quen pescou a troita da fotografía. Trátase dunha adiviña moi doada.
Vexamos outras máis difíciles.
(Si non tés idea pulsa na fotografía da esquerda).
? É longo coma un camiño
é vai fozando como un cochiño......
(Si non tés idea pulsa no interrogante da esquerda).
..........
? Atrás dun penedo
pariuno súa nai
correu pola terra
e casou no mar.
(Si non tés idea pulsa no interrogante da esquerda).
O río.
Dende logo naceu atrás dun penedo, no Pedregal de Irimia, neste caso, trátase do río Miño. Paríuna a súa nai: a terra.
Correu pola terra, dende Lugo ata Tui en Pontevedra, nada menos.
É casou no mar, neste caso en Camiña, xunto a Tui, un bonito lugar para casar.
O río.
Dende logo é coma un camiño e tamén vai fozando pouco a pouco o leito como se fora un cochiño.
Neste caso é o río Navea, un río especial da Provincia de Ourense.
Trátase dun camiño marabilloso e dende logo o cochiño traballa moito, sin lugar a dúbidas.