CONCA.

         A conca dun río, tamén chamada conca fluvial, é o conxunto dos terreos ou extensión de terreos entre montañas, caracterizada porque as súas augas van a un mesmo río.

As concas levan o nome do río, así en Galicia é famosa a conca do Miño ou a conca do Ulla.

Tamén se chama cunca. Así fálase indistintamente da Conca do Miño ou da cunca do Miño.  Tamén se utiliza a palabra bacía.

No mapa da esquerda a Conca do río Miño en Galicia, sin dudalo a conca máis grande.

No mapa aparececen os ríos, máis importantes,  que son afluentes do río Miño, dende o seu curso alto onde recolle as augas da Terra Cha, pasando por Lugo e Ourense, ata chegar a Tui.

Prácticamente abarca a mitade de Galicia.

O río Miño é a conca maior de Galicia.

   

No dibuxo sacado do libro "Os ríos de Galiza" de Manuel Núñez, Adela Leiro e Mon Daporta vese claramente o que se entende por cunca, conca ou bacía; son os conxuntos de terreos que achegan as augas a un río.

As concas ou bacías sempre levan o nome do principal.

Por certo o conxunto de concas que verten as súas augas a un mesmo mar chámanse vertente hidrográfica.

En Galicia hai dúas a Cantábrica e a Atlántica.

   
Fotografía S. Lorenzo. A conca do río Sil.

 

O río Sil é o afluente máis importante do río Miño, pero por si soio podemos falar da súa conca xa que é impresionante.

Foto do autor da www.

Pero non confundamos a conca é o río principal e tódolos seus afluentes.

 

   
A conca do RÍO EUME parque natural de galicia.

De vergoña, nin leva auga, nin cumple as normas mínimas e inda por riba está en pleno Parque Natural de Galicia. 6 KMS. de río sin auga. Fotografía do autor. Agosto do 2002.

Realmente unha vergoña.

   
A CONCA DO MANDEO.

Unha maravilla de conca.

O canón do Mandeo, hoxe en agosto do 2002 tamén está afectado por unha minicentral, pero inda ten vida.     

Na fotografía vese o río Mandeo pola zona de Chelo. Sensacional.

A conca por excelencia de Galicia é a conca do Miño.

Ver estos dibuxos:

Conca do Miño. Dibuxo

Conca do Miño. Mapa

salir.jpg (922 bytes) Saír.